23 de Abril, día do libro

Este ano o Día do Libro ven cargado  de  homenaxes  e recoñecementos. Hai 400 anos  morrían dous dos máis grandes autores de todos os tempos: Cervantes e Shakespeare . A súa non foi  unha morte común porque  a súa pegada continúa estando hoxe presente. De aí  que   cando nos  refiramos a  eles  lles  concedamos  a categoría de “clásicos”. Ser un clásico   significa non pasar de moda , significa  non  acabar de dicir o que se tén que dicir , significa captar os  sentimentos universais e os  comportamentos   cotiáns, significa  conectar cos homes de todas as épocas   demostrando unha e outra vez que o que nos   distingue e define non son os tempos  nen as formas  senón   a materia sensible da que estamos feitos.  

As conmemoracións  inclúen ademáis  o 40  aniversario do Premio Cervantes que pasa por ser o galardón máis importante que se concede nas letras españolas e que  este ano  volve  viaxar a Hispanoamérica  ao serlle concedido ao escritor mexicano Fernando del Paso,  poeta e crítico ademáis de novelista .  Noticias del imperio, José Trigo o Palinuro de México  son algúns dos títulos  máis coñecidos.

Como  xa ven sendo unha tradición , a Biblioteca do centro e o Departamento de Língua Castelá  convocaron de novo  ao alumnado para   a   elaboración de  diferentes traballos que  estes días   serán expostos  no  corredor  da Biblioteca .  Este ano  e por  mor  do éxito que  veu de acadar o libro de Tania Balló  Las sinsombrero , aproveitamos para reivindicar  o papel da muller  na historia da literatura, unha reivindicación que xa empezara o insigne Cervantes hai  400 anos.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 15-16, CONMEMORACIÓNS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s