Un mes (xuño) e un libro de… latín

Trátase dunha obra didáctica de Ovidio, poeta romano, na que se facilitan consellos aos mozos e mozas sobre como conquistar e conservar o amor. O autor, con humor e ironía, mestura alusións mitolóxicas  e referencias á vida privada dos romanos, proporcionando un interesante cadro da
dobre moralidade da época..

O libro proposto o mes de maio foi:
11 Proa LA VIDA EN SERIO portada.indd

UN MES (ABRIL) E UN LIBRO DE…

CIENCIAS

En formato de banda deseñada , propoñemos  unha emocionante historia de aventuras artellada por diversas tribos , na que o seu autor, con certo rigor científico, fantasea sobre como debeu ser a existencia   na  Europa da Era Glacial.

 

O libro de física recomendado o  mes pasado, como seguro que xa moitos e moitas sabedes, é xa un clásico da divulgación científica:

 

historia del tiempo

Un mes (Marzo) e un libro de….

FÍSICA

Como sempre vos damos unha pista sobre o libro do mes….

“… De onde vén o universo? Como é, por que empezou? Terá un final, e, en caso afirmativo, como será? Estas son cuestións de interese para todos os homes.

Pero a ciencia moderna fíxose tan técnica que só un pequeno número de especialistas son capaces de dominar as matemáticas utilizadas na súa descrición. A pesar diso, as ideas básicas sobre a orixe e o destino do universo poden ser enunciadas sen matemáticas, de tal maneira que as persoas sen unha educación científica póidanas entender.”

O mes pasado foi o momento de seguir os bos consellos para estar en forma. A través dun texto sinxelo podíamos ter claro por que facer deporte é tan necesario. Agora, xa en marzo, invítamoste a que pases pola zona onde está o libro do mes e que leas o seu resumo. Por que? Sinxelamente porque ten que ver cun fenónemo relacionado co astro sol e que terá lugar o vindeiro 20 de marzo
correr para vivir