Unha vez rematados os exames, podemos aproveitar o noso tempo lendo esta obra que nos recomenda Yasmina Vázquez, alumna de 2º de ESO A.
Categoría: UN FRAGMENTO
Un mes, un libro…
Un mes (decembro), e un libro…
Este mes é a alumna de segundo de bacharelato, Lucía Méndez, a encargada de recomendarnos unha lectura:
Un mes (Maio) e un libro de…
UN MES (ABRIL) E UN LIBRO DE…
CIENCIAS
En formato de banda deseñada , propoñemos unha emocionante historia de aventuras artellada por diversas tribos , na que o seu autor, con certo rigor científico, fantasea sobre como debeu ser a existencia na Europa da Era Glacial.
O libro de física recomendado o mes pasado, como seguro que xa moitos e moitas sabedes, é xa un clásico da divulgación científica:
Un mes (Marzo) e un libro de….
FÍSICA
Como sempre vos damos unha pista sobre o libro do mes….
“… De onde vén o universo? Como é, por que empezou? Terá un final, e, en caso afirmativo, como será? Estas son cuestións de interese para todos os homes.
Pero a ciencia moderna fíxose tan técnica que só un pequeno número de especialistas son capaces de dominar as matemáticas utilizadas na súa descrición. A pesar diso, as ideas básicas sobre a orixe e o destino do universo poden ser enunciadas sen matemáticas, de tal maneira que as persoas sen unha educación científica póidanas entender.”
O mes pasado foi o momento de seguir os bos consellos para estar en forma. A través dun texto sinxelo podíamos ter claro por que facer deporte é tan necesario. Agora, xa en marzo, invítamoste a que pases pola zona onde está o libro do mes e que leas o seu resumo. Por que? Sinxelamente porque ten que ver cun fenónemo relacionado co astro sol e que terá lugar o vindeiro 20 de marzo
NOVA PROPOSTA DE LECTURA
A lectura deste libro está recomendada tanto para o alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia como para o alumnado da ESO e Bacharelato.
Un mes…. e un libro de Xeografía
No corredor da biblioteca xa está exposta a suxerencia de lectura para este mes de decembro. Para darvos unha pista entresacamos un parágrafo do comentario de profesor Ramón Noche:
“Antonio Tabucchi di no seu libro Viajes y otros viajes que garda o primeiro atlas que tivo coma un tesouro, para que os seus netos vexan que o mundo non será sempre o mundo que eles coñecen. Quizais iso sexa o máis fascinante dos mapas, que en certo modo conxelan o tempo a base de nomear lugares que en calquera momento poden cambiar de nome, de país, ou mesmo de lugar polo movemento das placas tectónicas do planeta.”
E descubrimos o libro suxerido no mes de novembro:
Cun áxil ritmo narrativo, Juan Carlos Arce describe as intrigas políticas, a corrupción económica do poder e o importante papel da diplomacia vaticana nunha época marcada polo renacer científico.
UN MES (NOVEMBRO)… UN FRAGMENTO… UN LIBRO…
Como cada mes, no corredor que nos leva á biblioteca atoparedes unha nova proposta de lectura. Deixámosvos unha pista sobre o protagonista:
“…Recordó las noches de trabajo, ocupadas en mediciones, en observaciones de estrellas y planetas, en el cálculo de los ángulos, noches de geometría insomne en las que, a veces, se producían hallazgos, atisbos de secretos revelados al pensamiento, a su propio pensamiento, al pensamiento de los hombres.”
E aquí tedes a portada da lectura que vos propuxemos para o mes de outubro.
Se aínda non a lestes, non vola perdades!!
MÁIS COUSAS NESTE MES DE OUTUBRO
Dunha banda unha mini exposición para lembrar a Patrick Modiano, o novelista francés, que ven ser galardoado co Nobel de Literatura 2014. E tamén a Antonio Hernández, outro escritor laureado, desta volta a nivel estatal, co premio Nacional de Poesía 2014.


Proseguimos coa actividade iniciada o curso pasado en torno a un libro cada mes. Neste curso 2014-2015 imos centrala en disciplinas que non sexan lingüísticas e imos implicar nelas a diversos profes (lembramos que ano pasado foi persoal docente e non docente quen aportou a valoración mensual dun libro que lle gustou en concreto). A carón de portería xa hai un taboleiro de cortiza onde está exposto o comentario sobre un particular libro de filosofía. Desta volta ” 1 mes, outubro, ….1 libro de….filosofía”. ¿Será algo de Platón, de Sócrates, de Nietzsche, de Sartre?