A Terra é o Planeta Auga.
Goza da súa beleza…
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5humo0Xk-V0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
…Pero se non tomamos conciencia e, actuamos en consecuencia, podería ocorrer …
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/T7oNzF5Yzn0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]


Dende 1900 desapareceron no mundo a mitade dos humedais, a nosa principal fonte de auga doce. O Cambio Climático empeorará as cousas. Neste momento xa carecen de auga máis de mil millóns de persoas. Todo augura nun futuro próximo graves conflictos relacionados coa xestión dos recursos hídricos.
O Día Mundial da Auga 2009, auspiciado pola ONU baixo o lema: “Recursos Hídricos Compartidos – Oportunidades Compartidas”, pretende dirixir a mirada cara ós recursos hídricos transfronteirizos e crear oportunidades de cooperación na xestión dos mesmos , entablando vencellamentos que axuden ó entendemento entre países veciños.
PARA SABER MÁIS:
http://www.unwater.org/worldwaterday/index_es.html.watch?v=MasCq7tbGI8
Como cada ano a auga detense no Xograr Afonso Gómez para lembrarnos a súa importancia e a responsabilidade que todos temos na súa conservación:
. Achégate á Exposición de Carteis, realizados polos alumnos de 1º da eso, no corredor do edificio novo.
. Colle emprestadas da Biblioteca “Erin Brokovich” ou “Dune”, películas moi entretidas e interesantes sobre a auga. Se te interesa unha guía para entender e comentar a primeira, pincha AQUÍ.
.Tamén, xa sabes, na Biblioteca hai moita información esperandote!.
. Neste tríptico indicámosche a maneira de aforrar auga cada día. Pincha AQUÍ.
. E, finalmente comproba canto aprendiches…
PARTICIPA NO CONCURSO DETECTIVES DA AUGA!
Consegue o teu carné de “detective da auga 2009” e un pequeno agasallo. So terás que ser dos tres primeiros-as que responda correctamente todas as preguntas. ANÍMATE! PINCHA AQUÍ