OBRADOIRO DE MANGA CON AARON COEGO

Temos unha cuestión sempre pendente na nosa biblioteca: animarvos a achegarvos ao universo Manga. Unhas veces por preguiza, outras veces por puro descoñecemento; imos deixando que pasen os cursos sen meterlle o dente a este “xénero de xéneros”, a todo ese Universo que o Manga…

Así que este ano decidimos montar un pequeno obradoiro de iniciación ao Manga da man dun mellores especialistas cos que podiamos contar: un alumno do noso propio centro. Que grande fortuna contar con Aaron Coego!! Este rapaz de 2º BAC que nos deixa este ano para comezar os seus estudos universitorios é un auténtico apaixoado do Manga e contaxiounos a súa paixón polos autores e as narrativas do Manga, especialmente por algúns títulos do “seinen”…

Gracias logo a Aaron pola súa proverbial ponencia e tamén polas súas atractivas suxerencias que de ben seguro teremos en conta na formación dos Clubes de Lectura Vindeiros!!

Segunda sesión Club Lector

Peaxes

Para todos os interesados nesta instaurada actividade, lembrade que xa están a vosa disposición os exemplares de “Peaxe”, a novela escollida, correspondente ao escritor Santiago Lopo. De momento non podemos concretar a data de reunión, que vos será comunicada posteriormente en canto sexa decidida. De tódolos xeitos xa podedes ir pasando pola biblioteca para levar o libro e ir lendo.

Xornalismo e literatura na primeira reunión do “Xograr Lector”


DSC_6368Vinte entusiastas da literatura, entre profesores e alumnos, reuníronse hoxe mércores na primeira sesión do club lector “O Xograr Lector”, na biblioteca do instituto sarriano Xograr Afonso Gómez. Desta volta traballábase arredor do texto de Alfredo Gómez Cerdá “Los fantasmas del paraíso”, novela que aborda temas moi presentes na sociedad de hoxe en día.

Tedes toda a información a vosa disposición na páxina do club deste blogue.

Terceira reunión do Club de lectura O Xograr Lector

O martes 19 de maio tivo lugar a terceira reunión do noso Club Lector, a correspondente ao derradeiro trimestre do actual curso 2014-2015. Se na primeira contamos coa escritora coruñesa Andrea Maceiras e na segundao aprendimos rap e poesía a través da asociación ” Vella escola” nesta o protagonismo recaeu nos propios integrantes do “Xograr Lector”, é dicir profesores e alumnos. 

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA
Na cabeceira Carmela Cela e Eva Melle

Tedes a iformación completa e a lista dos libros recomendados na páxina do Club de Lectura.

Moita “marcha” na segunda sesión do Club Lector

Avanza o segundo trimestre e nel desenvolveuse a segunda sesión do Club Lector “O Xograr Lector”. Despois da exitosa primeira, coa presenza da escritora coruñesa Andrea Maceiras, xiro importante de conceptos e enfoque nesta celebrada a finais de febreiro.

Para isto contamos coa axuda da asociación noiesa “ Vella Escola”, que nos presentáron un menú moi interesante. Da mans dos seus monitores Pablo e Esteban “Risk” descubrimos moitas cousas sobre estilos musicais con moita poesía como son o “Hip-Hop” e o “Rap”.

Primeiro foi tempo de descubrir a historia destes movementos, como naceron, en que se fundaron, quenes foron ou son os seus principais músicos. Despois chegou o tempo de “rapear” poemas diversos, algúns tradicionais, outros más innovadores. E finalmente, entre os profesores e alumnos presentes – éstes últimos de ESO e Bacharelato – crear un singular “rap”, cuxa letra xira arredor do noso Club Lector. Tarde pois moi “marchosa” que nos permitiu ver a cara poética dos citados movementos musicais con moito arraigo urbán.

Segunda sesión do Club Lector.

Xa queda un pouco lonxe o mes de novembro, cando da man da escritora coruñesa Andrea Maceiras desenvolvimos a primeira sesión do noso club lector “O Xograr Lector”, do curso actual. Metidos xa no segundo trimestre, chama á porta a segunda, que será moi especial.
¿Por qué? Pois porque imos falar da creación literaria a través de la poesía e o rap. Para ilo contaremos coa axuda da Asociación “Vella Escola”, da coruñesa vila marineira de Noia, no corazón do Barbanza. Seguro que imos aprender moitas e novedosas cousas, por eso queremos que haxa cantos máis participantes mellor.
Lembra entón que a cita é o vindeiro mércores 25 e febreiro, a partires das 15h30, no lugar de costume, é dicir a nosa biblioteca. A actividade promete!!!

ANDREA MACEIRA NA BIBLIOTECA DO XOGRAR

Este mércores 12 tivo lugar a primeira sesión presencial club lector “ O Xograr Lector” no curso actual, unha actividade de difusión da lectura moi instaurada no IES Xograr Afonso Gómez.DSC_0246

Unha veintena de participantes, entre profesores e alumnos de diversos niveis educativos, compartiron a experiencia de falar sobre un libro coa escritora couñesa Andrea Maceiras, autora do libro escollido “Nubes de evolución”.

Podedes ver a galería fotográfica na páxina do Club lector deste blog.

 

 

PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR

A ESCRITORA CORUÑESA ANDREA MACEIRA PARTICIPA NA PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR DO IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA.


ANDREA MACEIRAS

 Este mércores 12 de Novembro, entre as 15h30 e as 17h15  terá lugar a primeira sesión do club de lectura “O Xograr Lector” do Curso 2014-2015, unha actividade de difusión da lectura moi instaurada no IES Xograr Afonso Gómez.

Para saber máis, visita á páxina deste blog  adicada ao Club de Lectura.