Este ano o Día do Libro ven cargado de homenaxes e recoñecementos. Hai 400 anos morrían dous dos máis grandes autores de todos os tempos: Cervantes e Shakespeare . A súa non foi unha morte común porque a súa pegada continúa estando hoxe presente. De aí que cando nos refiramos a eles lles concedamos a categoría de “clásicos”. Ser un clásico significa non pasar de moda , significa non acabar de dicir o que se tén que dicir , significa captar os sentimentos universais e os comportamentos cotiáns, significa conectar cos homes de todas as épocas demostrando unha e outra vez que o que nos distingue e define non son os tempos nen as formas senón a materia sensible da que estamos feitos.
As conmemoracións inclúen ademáis o 40 aniversario do Premio Cervantes que pasa por ser o galardón máis importante que se concede nas letras españolas e que este ano volve viaxar a Hispanoamérica ao serlle concedido ao escritor mexicano Fernando del Paso, poeta e crítico ademáis de novelista . Noticias del imperio, José Trigo o Palinuro de México son algúns dos títulos máis coñecidos.
Como xa ven sendo unha tradición , a Biblioteca do centro e o Departamento de Língua Castelá convocaron de novo ao alumnado para a elaboración de diferentes traballos que estes días serán expostos no corredor da Biblioteca . Este ano e por mor do éxito que veu de acadar o libro de Tania Balló Las sinsombrero , aproveitamos para reivindicar o papel da muller na historia da literatura, unha reivindicación que xa empezara o insigne Cervantes hai 400 anos.