COMEDIA DE MOLIÈRE E SIMULACIÓN

UNHA ADAPTACIÓN DA COÑECIDA COMEDIA DO DRAMATURGO JEAN BAPTISTE POQUELIN ,, “ LE MALADE IMAGINAIRE”, FOI O EPICENTRO DUNHA ACTIVIDADE Á QUE ACUDIRON UN TOTAL DE 31 ALUMNOS DE FRANCÉS PERTENCENTES A 3º E 4º DA ESO, ASÍ COMO 1º E 2º DE BACHARALETO. PREPARADA PARA ADOLESCENTES, A REPRESENTACIÓN PERMITIULLES REFLEXIONAR SOBRE O TEATRO COMO FERRAMENTA DE APRENDIZAXE LINGÜÍSTICA, FACILITADA POLA PREPARACIÓN ANTERIOR QUE SOBRE A MESMA LEVARON A CABO NAS RESPECTIVAS CLASES. OS ALUMNOS E ALUMNAS COMPLETARON A SÚA XORNADA MATINAL EN LUGO CUNHA ACTIVIDADE DE SIMULACIÓN, BASEADA NA LOCALIZACIÓN, A PARTIRES DUNHA SERIE DE PREGUNTAS EN LINGUA FRANCESA, DE DIVERSOS ASPECTOS RELACIONADOS CO PASADO E PRESENTE DA CIDADE BIMILENARIA.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CHARLA CON NATIVA FRANCESA

Os alumnos e alumnas de Francés corrspondentes ós cursos 1º e 2º de Bacharelato participaron

nunha actividade linguïstica que desta volta baseouse en temas de civilización. Para ilo contaron coa colaboración de Danielle Baot, profesora de idiomas francesa e vencellada por diversas razóns

 con Sarria. Os estudantes do noso instituto tiveron a ocasión de preguntar sobre temas tan variados

como a gastronomía, a familia, o ensino, o deporte, a crise, a moda, o turismo. Danielle Baot,

boa coñecedora da cultura gala, aportou de forma moi pedagóxica coñecementos moi interesasntes

para os alumnos antes citados.

CARNETS DA BIBLIOTECA, PEDÍMOSVOS…

…a todos os alumnos novos, fundamentalmente de 1º ESO, 1º Bacharelato e 1º de Atención Sociosanitaria, un pouquiño de paciencia. Estamos xa nelo, pero é un proceso que ten que ser ben feito, asigando a través do programa informático Meiga un número a cada novo membro da nosa comunidade educativa, e que nos pode levar un certo tempo. En canto estén disponibles se vos farán chegar convenientemente. Igualmente lembrar a outros alumnos que poden ser novos no centro ( 2º,3º ou 4º ES0, 2º de Bacharelato ou 2º de Ciclo Sociosanitaria) que o comuniquen na biblioteca, indicando o seu DNI e curso para incluilo nos grupos antes citados. Gracias pola vosa comprensión, e sobre todo, pola vosa paciencia.

NOS RECREOS

COMO SE VEU FACENDO EN CURSOS ANTERIORES E COMO SE VOS INFORMA NAS NORMAS DA BIBLIOTECA, O PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓNS DOS LIBROS FARASE EXCLUSIVAMENTE NOS RECREOS, ENTRE LUNS E VENRES, É DICIR DE 11H15 A 11H45. NESA HORA HAI UN/UNHA PROFESOR/A NA BIBLIOTECA QUE SE ENCARGARÁ DILO. GRAZAS A TOD@S POR RESPETAR ESTES HORARIOS, QUE PERMITEN UNHA MAIOR FLUIDEZ E CONTROL DOS FONDOS DA BIBLIOTECA

DEVOLUCIÓNS E PRÉSTAMOS

OS INICIOS DE CURSO SON SEMPRE COMPLICADOS E LENTOS, POLO QUE NON SE PODE IR COA RAPIDEZ QUE SE DESEXA. NESTES INTRES ESTAMOS TRABALLANDO XA CON LIBROS NOVOS E COUSAS XA FICHADAS. AGRADECEMOS A TODOS E TODAS ( ALUMN@S, PROFESOR@S, PERSOAL DOCENTE, ETC) QUE DEVOLVAN LIBROS QUE POIDAN TER ( VACACIÓNS, ALGUNHA COUSA QUE QUEDOU ESQUECIDA, ETC) PARA DESTE XEITO PODER TER Ó DÍA OS NOSOS FONDOS. GRAZAS POLA COLABORACIÓN

EN MARCHA

DESPOIS DUN CERTO TEMPO DE ARRANXOS, RETOQUES, CAMBIOS, QUE RETRASARON UN POUCO O FUNCIONAMENTO, ETC, XA TEMOS A BIBLIOTECA EN MARCHA PARA ESTE CURSO 2011-2012. ATOPAREDES MODIFICACIÓNS NA DISTRIBUCIÓN DE MESAS, ESTANTERÍAS, XOGOS, ETC. MÁIS COUSAS IRÁN APARECENDO Ó LONGO DO CURSO. AGRADECEMOS LEADES CON DETENIMENTO AS NORMAS QUE ATINXEN Ó EMPREGO DE XOGOS ( NOVA ZONA NA BIBLIOTECA) E PARA O USO DOS ORDENADORES, BUSCANDO DESTE XEITO O MELLOR PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO NOSO INSTITUTO. TODAS AS SUXERENCIAS SON BENVIDAS. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

HORARIO DE ATENCIÓN NA BIBLIOTECA

NO ACTUAL CURSO 2011-2012 A BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO ESTARÁ ATENDIDA POR UN EQUIPO FORMADO POR OITO PROFESOR@S DE MATERIAS DIVERSAS. NO DOCUMENTO ADXUNTO INDÍCASE O HORARIO DE ATENCIÓN Ó ALUMNADO, PROFESORADO E PERSOAL NON DOCENTE. LEMBRADE QUE O PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓN DE LIBROS FAISE NO RECREO, ENTRE 11H15 E 11H45. GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

UN CROQUE-MONSIEUR PARA REMATAR O CURSO

Do aprendido na aula ós fogones poderíamos dicir. Os alumnos de 1º de Bacharelato puxeron en práctica unha receta aprendida na clase de Francés-2. Cousa sinxela de elaborar, craro estaba, por razóns de tempo e loxística. Así, con moitas gañas, vontade e savoir faire, fóronse á cociña que está a carón da cafetería e onde outros alumnos do centro, os de ciclos de atención socio-sanitaria, tamén fan os seus pinitos culinarios.

Recurriron a algo típico da cocina francesa, le croque-monsieur, unha especie de emparedado con xamón cocido e unha pasta feita con queixo raiado, ovo e nata. E aproveitaron os últimos momentos do curso 2010-2011 para facer un pouco de “chefs” e, por suposto, comerse o elaborado por eles mesmos.

Bon appétit…e boas vacacións de vran!!!!