Teatro en lingua francesa e actividades complementarias para os alumnos sarrianos

Cincuenta e tres alumnos de Francés segunda lingua estranxeira dos cursos 3º e 4º de ESO do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, acompañados de tres profesores, participaron nunha actividade lingüístico-cultural, proposta polo departamento de Francés. Para iso desplazáronse a Lugo este luns 23 de novembro, onde traballaron e pasaron unha divertida e compreta mañá.

Escomenzaron cunha actividade de simulación, que incluía tres itinerarios diferentes pola vila das murallas. Distribuidos en nove grupos uniformes cun diverso material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia, os estudiantes xograrinos tiñan que descubrir pistas e poder así responder a unha batería de preguntas sobre temáticas dispares de Lugo.

Posteriormente asistiron a representación teatral de “Doit-on le dire?”, adaptación para escolares do vodevil do autor Eugène Labiche, obra escrita en 1872. Unha comedia divertida e diferente cun ritmo escénico que chega fresco e espontáneo ao espectador e que ten no matrimonio por interese o seu tema central.

Para rematar, e como terceira actividade, tras o comentario en grupo da reopresentación teatral, os estudantes sarrianos abordaron unha sinxela lista de preguntas de temática moi variada sobre a provincia de Lugo en lingua francesa que, unha vez traducidas, debían contestar coa axuda de viandantes, peatóns, comerciantes, etc.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Tempo de descubrir a biblioteca

Ao longo desta semana se están a realizar as xa tradicionais visitas guiadas á biblioteca para o novo alumnado dos cursos de 1º de ESO, 1º de BAC e 1º de Ciclo Formativo. Nelas, ademais de dar a coñecer o espazo físico e as súas moitas posibilidades ( zonas de música, informática, lectura e xogos), explícanse o seu funcionamento e o sistema de préstamo dos diversos materiais.

Teatro en francés e actividade de simulación para alumnos sarrianos en Lugo.

Vinte e cinco alumnos de Francés segunda lingua estranxeira, que cursan os seus estudos no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, nos niveis 3º e 4º da ESO, e 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade pedagóxica-cultural proposta polo departamento de Francés. Para iso desprazáronse a Lugo o pasado martes 25 de novembro, onde traballaron e se divertiron durante toda a mañá.

 

Dunha banda asistiron a representación teatral de “Mon isménie”, adaptación do vodevil do autor Eugène Labiche, peza escrita en 1852. Xirou arredor de Vancouver, un pai moi celoso que pon unha morea de inconvenientes a súa filla Isménie para casarse.

 

E doutra banda, os alumnos participaron nunha actividade de simulación. Divididos en seis grupos uniformes, cun diverso material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia, os estudantes xograrinos debían ir descubrindo unha serie de pistas sobre a cidade das murallas, e poder así responder a unha batería de preguntas sobre temáticas dispares.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

TEATRO E ACTIVIDADE DE SIMULACIÓN PARA ALUMNOS DE FRANCÉS EN LUGO

Un total de 31 alumnos de Francés segunda lingua estranxeira, pertencentes a 3º e 4º da ESO, así como a 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade proposta polo departamento de Francés do noso centro. Para iso desprazáronse a Lugo, onde pasaron unha mañá enteira, soleada pero fría.
 
Por unha banda asistiron a representación dunha obra de corte clásico ambientada na Francia do século XVII. Era o caso dunha comedia do coñecido dramaturgo galo Molière, titulada “Tartuffe”, adaptada para un público adolescente, e que trataba temas como a hipocresía, os matrimonios de conveniencia ou os falsos devotos entre outros.
 
E doutra, unha doble actividade de simulación. Traballando en grupos de 4/5 alumnos, cun material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia, os alumnos do Xograr debían ir descubrindo unha serie de pistas e respondendo a unha serie de preguntas, entregando ao final da mañá o resultado por escrito deste traballo colectivo.
 
Podedes ver unha serie de fotos da obra de teatro, da actividade de simulación e do grupo de alumnos participantes.

O pase de diapositivas require JavaScript.

VISITAS DE COÑECEMENTO

Seguindo un procedemento tradicional e habitual, unha das primeiras cousas que facemos na biblioteca do Xograr é enseñala de forma conxunta a todo o alumnado novo, é dicir os que pertencen aos cursos 1º ESO, 1º Bacharelato e 1º Ciclo Formativo. Igualmente DSCF1558a aqueles alumnos doutros niveis que non a coñecen nen saben do seu funcionamento invitámoslos a vir nos recreos e descubrila individualmente

VISITAS DIDÁCTICAS PASADAS POR AUGA: FONTECELTA

OS RAPACES/AS DE 1º DE ESO APRENDERON MOITAS COUSAS SOBRE A AUGA VISITANDO UNHA INDUSTRIA DA ZONA : A PLANTA ENVASADORA DE FONTECELTA EN CÉLTIGOS. VELAHÍ TEDES ALGÚNS DOS MELLORES TRABALLOS.

FONTECELTA

EXCURSIÓN A FONTECELTA

VIAXE A FONTECELTA

VIAXE Á MARIÑA LUCENSE

Unha fábrica de Conservas, un Barco Museo, o Eucaliptal de Chavin… Dende aqui invítámosvos a todos-as alumnos-as de 3º da eso a que nos contedes todo o que visitachedes o pasado día 25. Tedes que convencernos, ós profesosores, de que merece a pena que invistamos parte do noso tempo libre en acompañarvos de excursión. Vale??

PASEO POLA XEOGRAFÍA E A ARTE …

…DAS PROVINCIAS DE LUGO, OURENSE E ZAMORA.

O pasado 20 de outubro, alumnos de Xeografía e Arte de 2º de Bac. viaxaron polas citadas provincias, realizando diversas visitas: Santuario das Ermidas (O Bolo), Morrenas de Chaguazoso (Vilariño de Conso), Parque Natural do Lago de Sanabria (Lago e Centro de Interpretación).

Non cabe dúbida de que debeu ser moi interesante. Xa sabedes: esperamos a vosa opinión sobre a viaxe!

EXPO ZARAGOZA 2008

http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/expozaragoza/5f7921ed.pbw

O pasado 19 de xuño, 17 alumnos e 3 profesores realizamos unha visita intensiva á Expo de Zaragoza, a Expo da Auga, e de volta visitamos o “Monasterio de Piedra”. Difícil saber o que nos agradou máis!

Na Expo é visita obrigada o “Pabellón Puente”, que aporta toda a información sobre os principais problemas da auga no mundo e as súas posibles solucións. Unha decepción: non poidemos firmar ó noso compromiso coa auga, non collían máis firmas. Que queres ver todas as posibilidades artísticas dunha pinga de auga?, visita a “Torre del agua”, 19 alturas- puntos de vista dende as que contemplala.  Por suposto, o Acuario fluvial , ó máis grande de  Europa. Aquí botamos en falta máis información.

Merecen a pena os pabellóns de España, Aragón, Japón, Sudáfrica, Alemania…

Non te perdas o Pabellón de Aguas Extremas, poderás sentir un furacán do Pacífico, unha gota fría mediterránea ou un tsunami.

Os espectáculos  -a Cabalgata “El Despertar de la Serpiente” do  Cirque du Soleil“Iceberg, sinfonía poético visual” do Grupo Focus–  FANTÁSTICOS!

ALGUNHAS CURIOSIDADES:

Os materiais de uso diario escolléronse segundo criterios de sostibilidade: o café e o azucre proceden do Comercio Xusto, as vaixelas son biocompostables, os bolígrafos están feitos de algas ou papel, as bolsas de fécula de pataca.

As bebidas sérvense en vasos de plástico polos que pagarás 1 euro que te devolverán cando o leves a reciclar.

Toda a enerxía consumida na Expo se produce con aeroxeradores, hortas solares, trixeneración e hidróxeno.

Preténdese compensar as 150 mil toneladas de CO2 que se emitirán a atmósfera mentres dure a Expo, plantando 3 millóns de árbores e instalando 700 desaladoras.

Puidemos constatar con gran disgusto que moitos visitantes compórtanse como cidadáns irresponsables e non contribúen a  que a Expo sexa sostible. Sabedes como queda o Chanto logo dun botellón? Pois por un estilo. Temos que dicir que todos nos botamos o lixo no colector correspondente.

http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/expo2/e9a8e4e0.pbw