O pasado día 18 de outubro celebramos o Día das Mulleres Escritoras pero na biblio estivemos a pensar… e por que non toda a semana? (cando non todo o ano…) Vén a solicitar xa o teu préstamo!
Categoría: ACTIVIDADES 14-15
Comeza un novo curso!! Imos aló!
Dende a biblioteca queremos apoiarvos a todxs nesta nova andaina!
Meigas fora!!
Imos aló!!
Gran beleza de fotos…
….todas aquelas que se presentaron ao “II Concurso de Fotografía Matemática” organizado polos departamentos de Matemáticas e Bioloxía-Xeoloxía. Na 1ª categoría os vencedores foron Luis (1º ESO) e Katherine (2º ESO), sendo as fotos de Pablo e Carla (ambolosdous de 3º ESO) as mellores na 2ª categoría. No que atinxe a 3ª categoría os premiados foron David e Pablo, de 2º Bac, tendo premio tamén Uxía, de 4º ESO, autora da mellor imaxe de natureza.
Parabéns a estes grandes fotógrafos e fotógrafas…e a seguir sacando instantáneas.





21 de maio- Día da Diversidade Cultural
Non esqueceuse dende a biblioteca propoñerlle ao departamento de Orientación (Jose e Elena) traballar unha data sinalada como é o 21 de maio, Día da Diversidade Cultural. Puxéronse mans á obra e implicaron ao alumnado de procedencias diversas que estudan no noso centro para conseguir un traballo singular. Así, podedes ver como eles e elas explican diversas festas dos seus respectivos países de orixe.
9 de maio – Día de Europa
Propuxémoslle ao departamento de Ciencias Sociais facer algo co gallo do Día de Europa. Liáronse a manta á cabeza, liaron a alumnos de diversos cursos e fixeron un sinxelo video baseado na frase “ Eu Son Europa”. Grazas a Paula, Diego e Xosé Lois podedes ver a alumnos e alumnas do noso centro escolar traducindo dita frase a linguas tan diversas como o inglés, francés, alemán, italiano, portugués, etc.
Números de abril
Satisfeitos coma sempre dende a biblioteca cos números mensuais, tanto a nivel préstamos como catalogacións de novos fondos ou de fondos anteriores sen catalogar correctamente. A seguir así, pois nas vindeiras estatísticas de maio e xuño. Grazas a todos e todas pola colaboración!!!

Día da Terra – 22 de abril
Co gallo desta celebración, o alumnado de Tic’s de 4º ESO, coordinado polo docente Jesús Mella, realizou un traballo de creatividade usando a ferramenta fotográfica GIMP. Buscábase, igualmente, concienciar da importancia que ten o coidado da nosa natureza. Aquí podedes ver o resultado. Grazas pola colaboración e disposición, tanto do alumnado como do profesor
.
















Día da Lingua Materna, Día de Rosalía de Castro
Día da Lingua Materna e Día de Rosalía de Castro. Laborioso traballo do departamento de Lingua Galega, no que colaboraron un considerable número Con este vídeo, conmemoramos no IES Xograr Afonso Gómez o aniversario da nosa escritora máis internacional. Nós quixemos reivindicar a universalidade da súa palabra, achegándonos a ela en todas linguas que conviven no noso instituto. Preme no enlace e poderás escoitar os versos da poetisa padronesa traducidos a idiomas moi dispares.
21 de maio – Día da Diversidade Cultural
Quizás cociñar foi unha das ferramentas mais recorridas neste tempo de confinamento, que pouco a pouco vaise flexibilizando. O pasado xoves 21 de maio foi o día dedicado á Diversidade Cultural, o Diálogo e o Desenvolvemento. Consideramos que era bo saber doutras gastronomías a través do noso alumnado. Por iso, contando coa colaboración do noso orientador Jose Regueiro e da nosa Profesora de Pedagoxía Terapéutica María Celada, artellamos esta singular acción a través das voces de Angie Karina e Jannatul. Queres coñecer cousas das cociñas de Colombia e Bangladesh? Antes de nada pon o delantal e…logo escoita.
https://drive.google.com/file/d/1MpuLO5A1tr8Q0QU1jK6NUQDdHUeg2Xbn/view?usp=sharing
Semana das Letras Galegas 2020- Ricardo Carballo Calero – Achega 7 – Domingo 17 de maio
É domingo. Remata a semana..e tamén ese percorrido singular que polas Letras Galegas 2020 fixemos neste blog. Desta volta, lembrando de formas moi diversas, a senlleira figura do intelectual ferrolán Ricardo Carballo. Un traballo que foi posible grazas a toda a comunidade educativa do noso centro escolar. Ponlle o epilogo con esta reflexión (e a suxestión de mergullarse no vídeo complementario) a docente Lola Chaos.
Pra vós a verdade,
pra min a beleza;
pra vós o conceito,
e pra min a verba…
Carvalho Calero
VERBAS DE AUTENTICIDADE
(ACOMPAÑADAS DUN BREVE RECORDATORIO EN VÍDEO)
Don Ricardo Carvalho Calero non foi home de falar de si mesmo. Mais as súas verbas ecoan a día de hoxe a través da súa familia, das súas amizades, daqueles que o acompañaron no labor profesional, dos seus discentes e de toda persoa que se achegue dun xeito ou doutro a súa inxente obra.
A súa gramática , a súa historia da literatura son de obrigada consulta para todo o profesorado da materia de lingua galega, referentes que marcaron a historia lingüística e literaria de varias xeracións, pero as súas verbas auténticas atopámolas na mensaxe literaria, tanto nas novelas A xente da Barreira como en Scórpio. A súa autenticidade percorre os versos de Cantigas de amigo e outros poemas até Reticências , onde a tráxica dor de ser un dos “malditos” transloce no eu lírico e desacouga ao lector atento.
No seu epistolario cos de sempre, atopamos as razóns e respostas de moitas preguntas que aínda moitos no presente se formulan. Consérvanse numerosas cartas de Carvalho e os seus contemporáneos na Fundación Penzol e tamén nos arquivos do Parlamento de Galicia. Pouco a pouco van saíndo a luz. Algunhas por fin publicadas neste ano carvalhés.
De xustiza tamén é abeirarse as verbas escritas na prensa por Carvalho Calero ou por calquera dos seus heterónimos. Pode ser que tamén aí descifremos a incógnita do seu pensamento. Convén non esquecer que Carvalho Calero sufríu as intrigas e o isolamento do que el mesmo chamaba humorísticamente “o holding”, o poder académico. E hai raíces tan fondas nese pequeno gran universo que , o seu incondicional amigo Jenaro Marinhas dicía “estou certo que non imos para a mesma romaría”.
Este ano, a trinta anos da súa morte , a conmemoración das Letras galegas na súa honra recae en nós e non hai mellor xeito de honra que LER A CARVALHO CALERO. Non é unha opción, é unha obriga para para os bos e xenerosos que a nosa voz entenden!
Lola Chaos
VISIONAR
https://www.youtube.com/watch?v=4aK5TxaZv14