

Contidos do blog de Biblio Xograr durante o presente curso 2020-2021
O terceiro boletín da nosa biblioteca, o correspondente ao terceiro trimestre. Resumo das principais accións desenvoltas neste tempo. Preme no enlace para velo ou descargalo.
… a que dende a biblioteca estase a aportar ao novidoso programa “ En bici ao Xograr, anímate a pedalear”. Loxística do tipo de libros de ciclismo dos nosos fondo, axuda fotográfica e video, difusión nos nosos espazos web, etc. Pero todo suma para avanzar nun proxecto interesante pilotado pola nosa “vice” Sonia e que está resultando todo un éxito. Co gallo do 3 de xuño, “Día Mundial da bicicleta”, presenza de autoridades locais e provincias, sorteo de diversos regalos, recoñecementos, etc. Unha singular “festa” que ocupou os dous tempos de lecer. Aquí deixamos algunhas fotos, así como os enlaces á repercusión en medios de comunicación.
O Ies Xograr Afonso Gómez pioneiro na provincia no proxecto Stars
Hoxe venres 4 de xuño está tendo lugar a habitual reunión dos coordinadores dos Clubes de Lectura da nosa comunidade autónoma. Entre eles está “O Xograr Lector”, representado polo seu coordinador, o profesor de Ciencias Sociais Xosé Lois Gutiérrez Faílde. Dita actividade formativa, que chega a súa edición número trece, ten lugar no Pazo de Congresos en Santiago de Compostela. Unha interesante forma de compartir e aprender todo aquelo que xira arredor desta forma de lectura en común.
…ou alumnos e alumnas que máis préstamos realizaron na biblioteca no actual curso 2020-2021. Os vedes posando nela, lugar que frecuentan. Foron agasallados cun detalle lector. Son Luis, Manuel, Derek e Otón, de 1º ESO; Mateo, Shaid e Dana, de 2º ESO; Yago, José Manuel, Uxía, Alba, Lucía ,Carlos, Pablo e Kevin (3º ESO); Janeth e Érika, de 1º Bacharelato.
Parabéns e eles e a elas…e a seguir lendo.
…que tivo lugar o pasado 28 de maio dentro das accións vencelladas ao “Club de Letras”. Marcos e Manu, integrantes de Concepto Circo, ensinaron ao alumnado de Plástica de 4º da ESO diversas estratexias de este arte tan vencellado aos espazos urbáns. As paredes do patio cuberto do edificio 1 et dos aparcadoiros de bicicletas do noso centro escolar quedaron decoradas con frases e imaxes relacionadas cos valores, nun traballo conxunto dos dous artistas e dos alumnos e alumnas da materia.
Actividade que puxemos este curso en marcha. E que permitiunos ir descubrindo moitas obras pictóricas que descoñecíamos. Grazas á profesora Sol Rodríguez, que coordinou esta acción, e a todos e todas que colaboraron, persoas da comunidade educativa do noso centro escolar. Preme no documento xunto para ver o resumo de todos os cadros dende outubro ata maio
Non podía ser menos, pola relación que tiña a autora homenaxeada nas Letras Galega 2021 coa nosa vila de Sarria. Así, e dunha forma interdisciplinar, artelláronse no noso centro escolar numerosas actividades.
Meses atrás, Radio Xograr emitiu a lectura duns poemas significativos cando se soubo que sería a homenaxeada. Tamén, o noso IES dedicoulle unha das súas “rúas” no rueiro de mulleres que destacaron en eidos diversos, neste caso o corredor que vai cara á biblioteca, no marco do 8 de marzo. Tamén en marzo participouse no proxecto “ Aquela nena de Sarria” do colectivo “Egena”, no que tomou parte alumnado de ESO e BAC, e artellouse unha exposición de paneis con traballos realizados polo alumnado xograrino.
Xa máis enriba do 17 de maio, tanto antes coma despois, procedeuse a lecturas de poesía súa en diversas clases e niveis. Alumnado de 1º e 4º ESO participaron nunhas lecturas “on line”, xunto a o IES Castelao de Vigo, organizadas dende A Cidade da Cultura. Outras e outras protagonizaron parte do documental “Vencerse é cousa de se tratar” , sobre a vida de Xela que emitiu Televisión de Galicia (TVG).
Organizamos o proxecto colectivo intercentros sarriaos, coa colaboración do Concello de Sarria, “Camiños Literarios de Xela Arias”, finalmente realidade tras un adiamento por culpa de choiva. E xa no noso centro luciron diversos traballos creativos sobre os poemas da escritora sarriá, ampliando nun formato máis grande algúns deles.
E como o exterior do noso centro é un espazo tamén para amosar actividades, baile tradicional e moderno, por parte de alumnos e alumnas de 1º e 3º ESO, así como de 1º de Bacharelato. E non esquecemos a interpretación do poema “Des-concerto” musicado por “Écheoquehai”.
Podedes ver neste post diversas fotografías, así como premer no enlace que vos leva ao documental emitido pola nosa canle autonómica. Grazas a todos e todas pola colaboración nesta completa lista de actividades.
De xeito telemático, alumnado, profesorado e o fotógrafo Paco Gómez déronse cita durante case dúas horas no marco da segunda reunión do presente curso do “Xograr Lector”, o club lector do noso centro escolar.
Aquí tes un vídeo de Paco Gómez invitándonos ao visionado do seu libro
Falouse, comentouse, intercambiáronse opinións sobre o fotolibro “ Wattebled o el rastro de las cosas”, do citado autor madrileño….con avoa por certo galega, de orixe coruñesa. Interesantes e aproveitados minutos de posta en común sobre unha historia singular onde recordos, fotografías e vivencias van xuntas da man. Puidemos tamén profundizar no noso coñecemento o formato do fotolibro, dentro da nosa iniciativa de incluir este formato no conxunto das nosas lecturas
Unha doazón anónima de películas que permite aumentar os nosos fondos multimedia cunha serie de films adaptados a públicos diversos como indica o seu correspondente adhesivo de cor. Títulos moi coñecidos do chamado “sétimo arte” que xa están debidamente catalogados e á vosa disposición para gozar tranquilamente da maxia do cine.