Raiogramas, Cámara escura e Cianotipia en 4º ESO

No terceiro trimestre os alumnos e alumnas de Plástica fabricaron unha cámara escura. Utilizárona para fabricar imaxes negativas que positivaron no laboratorio. O primeiro contacto co papel fotográfico tivérono coa creación de raiogramas na ampliadora.

Dende o departamento de Plástica danse as grazas ao profesor de Ciencias Sociais, Xosé Lois Gutiérrez Faílde, polo seu obradoiro de Cianotipía, unha técnica fotográfica-artística coa que obtivemos estas imaxes azuis a partir dun negativo impreso na fotocopiadora.

 

Comprender unha receta en francés e poñela en práctica na cociña

Recta final do curso con actividades variadas, que buscan máis ben o apartado lúdico. Este martes 18 de xuño tocou lectura en lingua francesa e posterior actividade culinaria. Tratábase de ler e comprender unha receita da cociña gala e poñerse despois mans á obra, mellor dito mans…aos fogóns.

 

Deste xeito o alumnos de 2º de Bacharelato que cursaron Francés-2, unha vez concluídos os exames de acceso á Universidade,  voltaron ao Xograr e fixeron os coñecidos Croque-Monsieur, un emparedado con xamón cocido, xamón serrano, nata, ovo e queixo raiado. E ademais de degustalos eles mesmos invitaron ao profesorado, persoal de servizos e ao alumnado a que os probaran. Non quedou ni un, co cal podemos entender que estaban bos.

Bon appétit!

Recompensa

Como viñemos facendo todos os cursos, o alumnado que máis préstamos realizou levou un pequeno agasallo da biblioteca. Desta volta, no curso que agora remata foron Uxía López Fernández, Yago Rodríguez López, Aitana Valcárcel López e Carlos Vilariño Romero (1º ESO); Gwen Castaño Pérez (2º ESO); Érika Pérez Tallón e Beatriz López Souto (3º ESO), Tomás Cumbraos Díaz, Damián Comesaña Fernandez, Diego López López e Judith Villasol Teijeira (4º ESO), así como Oriol Segalá Farrés e Yago Fernández Teijeiro (1º de Bacharelato). Parabéns a todos e todas…e a seguir lendo.

I Concurso de Fotografía Matemática

Parabéns a todo o alumnado participante, en xeral aos gañadores e ás gañadoras. Os traballos presentados, moitos por certo, están expostos no vestíbulo do edificio 1
1ª Categoría (1º ESO e 2º ESO)
1º Premio – Mauro López López de 2º ESO C
2º Premio – Patricia García García de 2º ESO C

2ª Categoría (3º ESO e 4º ESO)
1º Premio – Samuel García Díaz de 3º ESO B
2º Premio – Ainhoa Rodríguez Pérez de 4º ESO B

3ª Categoría (1º BAC de 2º BAC e CICLOS)
1º Premio – Valeria Viñas Salgado de 2º BAC A
2º Premio – Mar Castro Díaz de 1º BAC C

O escritor do mes…

…o derradeiro deste curso, correspondente ao mes de xuño. Grazas desta volta á profesora Felisa, do departamento de Lingua Galega. E, por suposto, á profesora Sol, que se encargou, entre outras cousas da biblioteca, de coordinar mensualmente aos docentes para levar a cabo esta sección. Desta volta foron os de linguas, o vindeiro curso máis…e cecais mellor

Que guste a suxestión proposta

ESCRITOR XUÑO

Tres alumnas de 1º ESO gañan o concurso “Cherche ton…et son français”.

Concurso proposto polo departamento de Francés e dirixido a todos os niveis de ESO e Bacharelato. Consistía en presentar unha fotografía de algo que estivera escrito en francés en Sarria, Samos, Triacastela, etc. e explicar cos coñecementos que cada alumno tiña de dita lingua estranxeira o plasmado na imaxe.

Resultaron gañadoras as alumnas Lucía Vilar López (1º ESO A), Estefanía López Valladares e Alba Moral Bustelo (1º ESO B), ás que vemos na foto cos seus respectivos traballos. Parabéns ás tres!!!