Novidades!!!

Grazas aos fondos do PLAMBE, estes días están a chegarnos unha chea de libros: son lecturas que suxiren os distintos Departamentos Didácticos do centro. Temos novelas, cómics, ensaios,… Para achegar estes fondos a toda a comunidade educativa, estamos a deixalos expostos nos corredores, así podedes botarlles unha ollada,  e se vos interesan, pedilos en préstamo na biblioteca. Unha boa forma de gozar destas vacacións de entroido!!

 

Feliz Nadal e feliz lectura!

CARTEL

Os departamentos de Lingua Castelá, Galega, Inglés e Francés recoméndannos algunhas lecturas para gozar durante estes días de descanso. Para que vos resulte máis cómodo botarlles unha ollada e seleccionar cal queredes, están expostos nun andel no corredor que leva á biblioteca.
Estas son as súas suxestións:

Lecturas Nadal Lingua CasteláDSCF2437

Lecturas Nadal Francés

lecturas-Nadal-galego

Lecturas Nadal -Inglés

SUXERENCIAS DE LECTURAS PARA ADULTOS

Atención pais , nais, profesores, persoal non docente:
Acabades de terminar a lectura dun libro e non sabedes que ler? Desde o club de lectura on-line, deixámosvos algunhas suxestións: autores moi recoñecidos como Murakami, autores galegos como Xabier Quiroga ou Pedro Feijoo, grandes éxitos de vendas como La chica del tren e libros para compartir cos vosos fillos.
Animádevos a contarnos a experiencia da súa lectura, deixando o teu comentario no blog, 

Títulos propostos

Un mes, un libro, un fragmento

Como noutros cursos, iniciamos a recomendación dunha lectura mensual. Este curso, os/as encargados/as de propor un libro que vos parezca interesante seredes os propios alumnos e alumnas. Aquí vai a primeira recomendación, proposta por Eva Souto:

Bajo la misma estrella

Como xa é costume, atoparedes a suxerencia mensual exposta no taboleiro do corredor da biblioteca.

Anímate e compate con todos nós o teu libro favorito!

UN MES (ABRIL) E UN LIBRO DE…

CIENCIAS

En formato de banda deseñada , propoñemos  unha emocionante historia de aventuras artellada por diversas tribos , na que o seu autor, con certo rigor científico, fantasea sobre como debeu ser a existencia   na  Europa da Era Glacial.

 

O libro de física recomendado o  mes pasado, como seguro que xa moitos e moitas sabedes, é xa un clásico da divulgación científica:

 

historia del tiempo

Un mes (Marzo) e un libro de….

FÍSICA

Como sempre vos damos unha pista sobre o libro do mes….

“… De onde vén o universo? Como é, por que empezou? Terá un final, e, en caso afirmativo, como será? Estas son cuestións de interese para todos os homes.

Pero a ciencia moderna fíxose tan técnica que só un pequeno número de especialistas son capaces de dominar as matemáticas utilizadas na súa descrición. A pesar diso, as ideas básicas sobre a orixe e o destino do universo poden ser enunciadas sen matemáticas, de tal maneira que as persoas sen unha educación científica póidanas entender.”

O mes pasado foi o momento de seguir os bos consellos para estar en forma. A través dun texto sinxelo podíamos ter claro por que facer deporte é tan necesario. Agora, xa en marzo, invítamoste a que pases pola zona onde está o libro do mes e que leas o seu resumo. Por que? Sinxelamente porque ten que ver cun fenónemo relacionado co astro sol e que terá lugar o vindeiro 20 de marzo
correr para vivir

 

Moitas novidades para levar para casa!!!!

Estamos a recibir, catalogar e ofrecer moitas novidades que en materia de libros, atlas, cómics, Dvds, etc, están a ser adquiridas polos diversos departamentos do noso centro. Lembra que podes levalas para casa. Para iso mira os dous andeis que temos con ese material, unha deles enfronte do despacho de vice-dirección e a outra xunto á porta que da ao patio do edificio vello. Tan só tes que mirar todo o alí exposto e pasar pola biblioteca nos recreos.

Anímatee!!!

UN MES (NOVEMBRO)… UN FRAGMENTO… UN LIBRO…

Como cada mes, no corredor que nos leva á biblioteca atoparedes unha nova proposta de lectura. Deixámosvos unha pista sobre o protagonista:

“…Recordó las noches de trabajo, ocupadas en mediciones, en observaciones de estrellas y planetas, en el cálculo de los ángulos, noches de geometría insomne en las que, a veces, se producían hallazgos, atisbos de secretos revelados al pensamiento, a su propio pensamiento, al pensamiento de los hombres.”

E aquí tedes  a portada da lectura que vos propuxemos para o mes de outubro.

El mundo de Sofía

Se aínda non a lestes, non vola perdades!!