LER PARA QUERER BEN: OUTRO 14F

💞💞 S14empre é unha efeméride esvaradía o 14F para o noso centro e tentamos ser intelixentes e orixinais nela. Neste curso, da man do Departamento de Lengua e Literatura Castelá coa providencial coordinación de Ana Belén Durán, decidimos propoñer que botamos a vista ao concepto de amor tóxico a través de diferentes publicacións.

A Bella e a Bestia, Romeo e Xulieta , Calisto e Melibea , Otelo e Desdémona, Tristán e Isolda, Don Quijote e Dulcinea, Heathcliff e Catherine Earnshaw; Scarlett O´Hara e Ashley Wilkes, Mr Darcy e Elizabeth Bennet son exemplos de como o amor vivido como paixón tóxica desencadea a traxedia ou o sufrimento de todos estes seres de ficción.

E non é un patrón superado. Máis ben é o patrón que atopamos unha e outra vez na literatura “romántica”, tamén hoxe e sobre todo, na literatura xuvenil.

Non necesitamos tampouco a un Hache/ Hardin Scott/ Edward Cullen/ Christian Grey/ na nosa vida! Crepúsculo, 50 sombras, After, A tres metros… son exemplos do MALQUERER na actualidade…

Tamén montamos unha colección de referencias para o ben querer. Lecturas que nos parecen interesantes e útiles, mesmo necesarias.

Propuxemos realizar e expoñer “cadeados do bon querer” para que o noso alumnado ofrecera a súa versión do ben querer. Coa escrita e a creación tamén podemos expresar o noso afecto en todas as formas posibles de amor san, libre e cheo de respecto!

CELEBRAMOS A LUZ: Día da Candeloria

“Pola Candeloria casan os paxaros e vaise a galiñola” ou eso dí o noso refraneiro dos primeiros días de febreiro… vaites!!! Era hora xa de rematar con xaneiro,non?
O día da Candeloria celébrase o 2 de febreiro e ten unha orixe pagana vinculada a ritos que teñen que ver cono ciclos naturais. Malia isto, a Candeloria é, por riba, de todo unha festa da Luz que aventa a primaveira. Co Departamento de Bioloxía decidimos desenvolver un ciclo de actividades para recuperar o noso vínculo coa natureza ao longo de distintos momentos do curso. Neste caso, saimos fora para observar aos paxaros casadeiros e de paso aprender algo de ornitoloxía…!

Esta actividade está dentro da PXC en coordinación coa Vicedirección

Amor e literatura

NamoradosImos esquecer ese lado comercial que se se lle ao 14 de febreiro – Día dos Namorados – e imos aportarlle un toque cultural. Unha imaxe do que a profe Ana Belén adoita preparar e lembrar co gallo desta celebración, a que temos que quitarlle ese matiz de “cursi”. Hai moito (e moi bo) amor en multitude de composicións literarias, sobre todo a poesía. Ben o sabían escritores, lectores, tamén Tintin que observa como está decorada a porta da biblio. Podes profundizar e averiguar máis cousas sobre esta data, que non só ten tintes consumistas.

HAI MOITO AMOR NA NOSA BIBLIOTECA……

árboreCo lema  “Palabras que namoran” , dende a Biblioteca  queremos darvos   a coñecer  algúns  dos  poemas  máis  emotivos  e   suxerentes  que  se atopan agochados  nos  libros  de poesía.  Pero  non  só  a  poesía  é  capaz  de   absorvernos,  por  iso  seguimos  coa  nosa  campaña  de  “Namórate  da lectura”,  ofrecendo  diferentes  propostas  que  nos  permitan  amar   tamén  as matemáticas, as  ciencias,  as  linguas…

E aproveitando  o  gancho  mediático  que o  14 de febreiro ten  na  nosa  sociedade de consumo, dende a  biblioteca  queremos   non só  promocionar  a  lectura  de  diversos textos  senón  que  nos  gustaría  propoñémosvos  traballar   a  nosa  intelixencia emocional , tan  fundamental   na  nosa  vida  e  tan   desatendida  no contexto educativo. Estar  ben, sentirse  apreciado, recoñecido  polos  que  nos  arrodean  é   o  que  fai  que  o  día  sexa   fantástico, que aínda  que  non  saia, vexamos  o  sol  e que, cando remata, nos  deitemos  coa  sensación de  que   valeu  a  pena  disfrutar  del.  Daquela,    ao  longo  desta  quincena convidámosvos  a  que     dedes  renda  solta  aos  vosos sentimentos.   e    nos  axudedes  a confeccionar  un  mural  no  que  plasmemos  todo  ese  magma    afectivo que levamos  dentro: unha  poesía , unha postal, unha canción….Todo ten  cabida   sempre  que  teña  que  ver   cunha  vivencia  positiva. Aínda que   ás  calamidades  sempre  estamos  prestos  a  atendelas , compartilas  e  consolalas  , non  hai  necesidade  de   agochar   as  vivencias  satisfactorias  que   renovan  en  cadaquén   a nosa  ilusión pola  vida.

O pase de diapositivas require JavaScript.

DÍA DOS NAMORADOS

Namorados-Xograr-1Para festexar este día tan especial – que por certo ten unha orixe que non é puramente comercial – fixemos unha pequena exposición. Nela podedes atopar dende poemas de amor clásicos, poesías presentadas por alumnas e alumnos de 2º ESO, unha sinxela mostra de películas vencelladas a esta temática, así como libros de divesras literaturas ( española, galega, inglesa, francesa, italiana, etc) que narran historias de amor. Que vos guste!!

RESOLUCIÓN DO CONCURSO “FEBREIRO: MES DO AMOR”

Xa temos gañadora do concurso “FEBREIRO: MES DO AMOR”. Trátase da alumna

Tania Cotardo Valcárcel   de 1º bac. B.

  coas 14 respostas correctas.

NORABOA!!!!!

 Se tedes curiosidade por saber as respostas correctas, aquí tedes as solucións:

Amor sensual

Texto 1: “Canto pra ter favores de Venus”, Muller pra lonxe de Uxío Novoneira.

Texto 2: “Dos cuerpos”, Libertad bajo palabra de Octavio Paz.

Amor á lingua

Texto 3: “Estou contigo”, Made in Galiza de Séchu Sende.

Amor filial

Texto 4: “Damiana de Mercador”, Patria do mar de Darío Xohán Cabana.

Amor verdadeiro

Texto 5: “Para vivir no quiero”, La voz a ti debida de Pedro Salinas.

Texto 6:  “Ameite tanto esta tarde”, Sétima soidade de Pilar Pallarés.

Amor clásico

Texto 7: Don Juan Tenorio (fragmento) de José Zorrilla.

Amor perdido

Texto 8: Rima XXXI de Gustavo Adolfo Bécquer.

Texto 9: “Puedo escribir los versos más tristes esta noche”, Veinte poemas de amor y

                 una canción desesperada de Pablo Neruda.

Declaración de amor

Texto 10: Soneto V de Garcilaso de la Vega

Texto 11: “Uf”, Made in Galiza de Séchu Sende

Amor eterno

Texto 12: “Amor constante más allá de la muerte”, soneto de Quevedo.

Amor romántico

Texto 13: Rima XXI de Gustavo Adolfo Bécquer.

Texto 14: “Unha vez tiven un cravo”, Follas Novas de Rosalía de Castro.

Noraboa!!

3ª SESIÓN DO CINEFÓRUM

O mércores, aínda que sexa día 3 de marzo, rematan as actividades do “mes do amor” coa última  sesión do cinefórum. A peli escollida esta ocasión é a comedia romántica

SABRINA

na versión dirixida no ano 1954 por Billy Wilder, que conta no seu reparto con Humphrey Bogart e Audrey Hepburn.

Tamén aproveitamos para mostrarvos algunhas das fotos doutra das actividades do mes de febreiro: “A COCIÑA DO AMOR”, na que participou o alumnado de 3º de ESO e do ciclo formativo.

 

 

 

 Agradecemos ao DEPARTAMENTO DE INTERVENCIÓN E SERVIZOS Á COMUNIDADE, a súa importante colaboración no desenvolvemento destas actividades .

 

“FEBREIRO, MES DO AMOR”. EXPOSICIÓN DE CARTEIS.

Os alumnos de primeiro de bac  nas materias de Ciencias para o Mundo Contemporáneo e Grego realizaron numerosos carteis que están expostos nos corredores do Instituto, nas inmediacións da Biblioteca. Tratan sobre as curiosas costumes amorosas dalgúns animais, de lendas de amor clásicas ou  da importancia dalgunhas plantas e frores na tradición popular amorosa.

2ª SESIÓN DO CINEFÓRUM

O Mércores, día 24 de Febreiro, as catro da tarde, no Salón de Actos do noso instituto, terá lugar a segunda sesión do Cinefórum adicado ao tema do Amor co gallo da celebración da semana de San Valentín coa proxeción do filme:

“Brokeback Mountain”

  

TÍTULO ORIXINAL :Brokeback Mountain

ANO: 2005.

DURACIÓN: 134 min.

DIRECTOR Ang Lee

GUIÓN Larry McMurtry, Diana Ossana (Historia: E. Annie Proulx)    

MÚSICA Gustavo Santaolalla                    

REPARTO Heath Ledger, Jake Gyllenhaal, Anne Hathaway, Michelle Williams, Randy Quaid, Linda Cardellini, Anna Faris, Scott Michael Campbell, David Harbour

PRODUCTORA Paramount Pictures / Focus Features / Good Machine / Alberta Filmworks 

 

 

Bodas de sangre

 “EL TEATRO ES LA POESÍA QUE  SE LEVANTA DEL LIBRO Y SE HACE HUMANA.  Y AL HACERSE, HABLA Y GRITA, LLORA Y SE DESEPERA”.

Federico García Lorca.

Continuando coas actividades do “mes do amor” o pasado día 5, tivo lugar na biblioteca outra lectura teatralizada. A obra escollida nesta ocasión foi

BODAS DE SANGRE de FEDERICO GARCÍA LORCA.

Nas fotos podedes ver ao grupo de alumnos e alumnas de 4º que participaron na lectura, xunto coa profesora Ana Belén Durán. Tamén podemos ver a Adrián Abella no papel de “LEONARDO”  loitando contra Pablo Amedo que representaba ao “NOVIO”.

Ao fondo, na pantalla, vemos as imaxes da versión cinematográfica da obra de Lorca que realizou CARLOS SAURA coa coreografía de ANTONIO GADES.

http://flash.picturetrail.com/pflicks/3/spflick.swf