ENTROIDANDO DE NOVO NO XOGRAR!!

Menudo festival do demo que se montou neste entroido no Xograr!! Había gañas de leria e notouse ben! Extraordinarias as comparsas: imaxinativas, divertidas, animadas a tope!! Desfrutamos de todos dos números, ata do dxs profesorxs!! Parabens a comparsa gañadora e viva o entroido!!!

Concurso de posters con temática literaria

Unha vez máis os alumnos que cursan francés no noso IES apuntáronse a participar nun concurso promovido pola Asociación de Profesores de Galicia. Desta volta a creación do poster, algo habitual, tiña que xirar arredor dunha obra ou autor literario encadrado na  civilización francófona, baixo o habitual lema de “Affiche ton français”.

Desta volta dende o propio Departamento decidironse dúas cousas inéditas. Dunha banda dar un pequeno premio aos tres traballos seleccionados, independentemente de que fosen ou no premiados posteriormente en Santiago de Compostela, en competencia co resto de centros galegos. E por outra banda facer unha exposición no noso instituto con todos os que foron presentados por parte de alumnos de 3º e 4º de ESO, así como de 2º de Bacharelato.

Finalmente, entre os traballos presentados, foron seleccionados os correspondentes a Laura López Tallos ( 3º ESO C ), Laura López Pereiro (4º ESO B ) e Miriam Balboa Arias (2º Bacharelato A), adicados respectivamente a “Jules Verne”, “Le Petit Prince” et “Les trois mousquetaires” Noraboa a eles tres polo traballo feito e a todos os restantes pola participación nesta actividade lingüística.

Entroido …de futuro

Non quixemos no Xograr darlle unha volta nen adiantarnos no tempo a como será esta festa tan tradicional na cultura galega. O que si fixemos foi escoller como tema o futuro, que daba para moito xogo…e non so falando de ciencia ficción, tecnoloxía, etc.
 
E así nolo quixeron facer ver as comparsas, como foi o caso da formada por alumnos de 2º de Bacharelato, que en pouco tempo enfocarán novas etapas na súa vida. Ou a de 1º de Bacharelato tamén, que parodiaba o que pode ser a realidade política española en pouco tempo.
 
Tampouco os profes quixeron alonxarse da idea, presentándose como docentes de futuro. No fondo, pasalo ben e sanamente…que tamén é necesario de cando en vez.

Chega o Nadal ao Xograr

Hoxe rematamos o timestre cun montón de actividades:

Foron entregadas a Cáritas Sarria as caixas cos alimentos recollidos na actividade Cultura e Alimentos promovida polo departamento de Relixión. En breve vos contaremos as suxestións de lecturas que nos fixeron tódolos participantes.

No salón de actos  proxectouse a curta realizada polo alumnado do Xograr para o Congreso de Enciga que se celebrou no noso centro o pasado mes de novembro. Despois, alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato, dirixidos pola profesora Ana Belén Durán, representaron a obra de teatro Ciencia e Poesía e para rematar, un grupo de profesores e alumnos entoaron unha panxoliña.Panxoliña

Tamén se realizaron actividades deportivas e o clásico concurso de beléns.  Deixamos algunhas fotos do bo facer do noso alumnado. 

A biblioteca do Xograr vos desexa un FELIZ NADAL!!!

Postal de Navidad 2015-Biblioteca

Concurso “Día da Biblioteca”

Co gallo do “Día da Biblioteca”, que tivo lugar o pasado 24 de outubro, a biblioteca do IES Xograr, en colaboración cos departamentos de Lingua Castelá e Galega, organizou o seu habitual concurso entre alumnos de ESO e Bacharelato. Buscábase que os estudiantes presentaran un traballo, en soporte diverso, indicando que é para eles unha biblioteca escolar. Analizados todos os presentados e coas valoracións emitidas polos profesores do equipo de biblioteca do instituto sarriano, resultou gañadora Paula Quiñoá Piñeiro (4º ESO B), que acadou un total de 36 puntos. En segundo lugar quedou Ángela Rincón Rodríguez, tamén do mesmo curso e nivel, con 29, obtendo o terceiro premio Miguel Pérez Ferreira, de 4º ESO, con 22. Os tres recibiron un pequeno agasallo por ter sido os mellores entre os alumnos que se presentaron.”

Parabéns aos tres gañadores!!!!

Terceiro premio de pancartas no Correlingua 2015

Praza de Santa MaríaA decimoquinta edición do Correlingua celebrouse o pasado 6 de maio en Lugo cun grande éxito de participación. Máis de 1.300 estudantes  da zona centro da provincia  e da Montaña, e mesmo de Vila de Cruces e Melide se xuntaron na cidade amurallada para  defender a lingua galega. Ademais da tradicional carreira, posteriormente, nun acto celebrado na Praza de Santa María, desenvolvéronse varias actividades como a entrega de premios do Concurso de Pancartas e Animación.

  Foron  premiados co terceiro premio neste certame de pancartas, os alumnos e alumnas do noso centro, cunha fermosísma pancarta elaborada polo alumnado de 4º de PDC, dirixidos pola súa profesora Lola Chaos.

Pancarta 1

PARABÉNS!!

CONCURSO DA BIBLIOTECA

Concurso Biblio-2Unha vez analizados os traballos presentados e coa puntuación otorgada polos profesores do equipo da biblio, resultou gañadora Noelia Fernández Cabana. A segunda posición correspondeu a Adrián Otero López e a terceira a Yerai López Vázquez, os tres pertencentes a 1º ESO A. Noraboa e grazas ao resto de alumnos pola súa participación.

 

MAFALDA E O OUTONO

Xa avanza a singular “maquinaria” da biblio do Xograr. Quedan atrás as visitas de coñecemento da biblioteca e a entrega de carnets a todos os alumnos de 1º ESO, 1º Bacharaleto e 1º Ciclo Formativo. (Se sodes alumnos novos no centro de cursos diferentes a estes, pasade pola biblio no recreo para recoller o voso carné). E agora xa andamos inmersos en novas actividades.
 
Mafalda Por exemplo lembrándonos de Mafalda e o seu 50 aniversario. Para iso  sacamos do seu singular estoxo os tebeos que temos do simpático  personaxe de Quino.
Ou propoñendo un concurso fotográfico sobre o  outono. Date unha volta polo corredor que vai da biblioteca á sala de  profesores e atoparás moita máis cousas relacionadas con estas dúas  temáticas.

PARABÉNS ÁS GAÑADORAS!

Parabéns as alumnas de 3º de ESO Alba García Rodríguez, Nerea Sobrado Folgueiras, Olga Roda Sangil, e Anloiry Pérez Brito  que foron as gañadoras do segundo premio no V CERTAME ESCOLAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, convocado polo Concello de Sarria. A obra presentada levaba por título STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO.  Na fotografía collida da web do Concello, podemos velas no momento da entrega do premio.IMG_3395