Aquí tedes unha serie de títulos cargados nos nosos libros electrónicos. É so unha pequena lista. Tedes moitos títulos máis. Mergulládevos nos nosos “e-readers” e continuade a ler desta forma. Bo verán…boa lectura
Suxestións lectoras verán 2020
Actividades diversas, organizadas pola biblioteca ou vencelladas a ela, e por suposto, a noso centro escolar
Suxestións lectoras verán 2020
Cada vez que un curso escolar achégase a súa fin, dende a biblioteca do Xograr tentamos de ter un detalle co alumnado que levou máis fondos no período que vai de mediados de setembro a finais de xuño. Un pequeno agasallo en forma de libro por ser “os e as máis lectores e lectoras”.
Claro está que o que tíñamos norma de facer, dígase reunilos nun tempo de lecer na biblioteca, darlles a escoller un fondo e facer unha foto de grupo, non vai ser posible. Pero si que é viable é que eles e elas recollan a súa merecida recompensa na conserxería do Xograr no horario de mañá.
Parabéns, pois a Chaneli Bonilla Alcántara e Patricia Rodríguez Díaz (2º Bacharelato A), Érika Pérez Tallón (4º ESO B), Elma Carvalho Carneiro e David Ismael Fernández Campo (3º ESO A), Estefanía Camila García Pérez (3º ESO B), Carla López Celeiro e Estefanía López Valladares (2ºESO A) , Karla Johana Sosa Sendión (2º ESO B), Yago Rodríguez López (2º ESO C), Nerea López Moreno (1º ESO A), Gabriela María Lupu e Xabier Rodríguez Cabada (1º ESO B) e Myriam Montalbán Riera (1º ESO C). E, como non, que sigan lendo…a ser posible…moito.
A Asesoría de Bibliotecas Escolares ven de facilitarnos máis ferramentas para seguir lendo, desta volta en soporte electrónico. Tedes neste post un total de 13 imaxes que fan referencia a cada un dos carruseis da plataforma “Elbe2”, da que forma parte o noso centro escolar. Cada unha delas contén un código QR que facilita o acceso á páxina web e permite achegarse a numerosas obras dixitais. É un bo momento de dar un paso máis e a través do teu teléfono móbil, libro electrónico, tableta, ordenador e aproveitar o tempo das vacacións que se aveciña. Ler é o que conta, descubrir outras formas de facelo, aínda máis nos tempos que vivimos, un reto no que non tes nada que perder…e quizás moito que gañar.
Acaba de saír do “forno” da túa biblioteca. Explicación de toda a nosa oferta en materia de libros electrónicos, unha ferramenta indispensable nos momentos que nos toca vivir.
Preme na ligazón e accedes directamente a el.
Folleto libros electrónicos 2020-2021
Agardamos que vos guste e vos animedes a descubrir este outro interesante sistema de lectura.
5 de xuño. Día no que se recoñece ao medio ambiente. Nesta celebración fanse moitas cousas. Nos quixemos aportar o granito de area con esta completa achega que fixo o Departamento de Ciencias Naturais. Reflexión, consellos, un texto sobre as Aceas sarriás, e incluso a voz de dous locutores de Radio Xograr invitándonos a gozar de dito espazo. Trátase de facer conciencia para coidar o noso entorno, cousa que non todo o mundo fai.
https://drive.google.com/file/d/1UGeiR49kPUPL4lIyhpktVWq01j5fbafz/view?usp=sharing
Entramos este luns en xuño, o derradeiro mes do presente curso escolar. E no eido cinematográfico, actividade que coordinou a profesora Mª Sol Rodríguez Rodríguez, pechamos o ciclo lembrando todas as suxestións cinematográficas que se fixeron dende o pasado mes de outubro. Grazas a todo o profesorado que a fixo posible.
Quizás cociñar foi unha das ferramentas mais recorridas neste tempo de confinamento, que pouco a pouco vaise flexibilizando. O pasado xoves 21 de maio foi o día dedicado á Diversidade Cultural, o Diálogo e o Desenvolvemento. Consideramos que era bo saber doutras gastronomías a través do noso alumnado. Por iso, contando coa colaboración do noso orientador Jose Regueiro e da nosa Profesora de Pedagoxía Terapéutica María Celada, artellamos esta singular acción a través das voces de Angie Karina e Jannatul. Queres coñecer cousas das cociñas de Colombia e Bangladesh? Antes de nada pon o delantal e…logo escoita.
https://drive.google.com/file/d/1MpuLO5A1tr8Q0QU1jK6NUQDdHUeg2Xbn/view?usp=sharing
É domingo. Remata a semana..e tamén ese percorrido singular que polas Letras Galegas 2020 fixemos neste blog. Desta volta, lembrando de formas moi diversas, a senlleira figura do intelectual ferrolán Ricardo Carballo. Un traballo que foi posible grazas a toda a comunidade educativa do noso centro escolar. Ponlle o epilogo con esta reflexión (e a suxestión de mergullarse no vídeo complementario) a docente Lola Chaos.
Pra vós a verdade,
pra min a beleza;
pra vós o conceito,
e pra min a verba…
Carvalho Calero
VERBAS DE AUTENTICIDADE
(ACOMPAÑADAS DUN BREVE RECORDATORIO EN VÍDEO)
Don Ricardo Carvalho Calero non foi home de falar de si mesmo. Mais as súas verbas ecoan a día de hoxe a través da súa familia, das súas amizades, daqueles que o acompañaron no labor profesional, dos seus discentes e de toda persoa que se achegue dun xeito ou doutro a súa inxente obra.
A súa gramática , a súa historia da literatura son de obrigada consulta para todo o profesorado da materia de lingua galega, referentes que marcaron a historia lingüística e literaria de varias xeracións, pero as súas verbas auténticas atopámolas na mensaxe literaria, tanto nas novelas A xente da Barreira como en Scórpio. A súa autenticidade percorre os versos de Cantigas de amigo e outros poemas até Reticências , onde a tráxica dor de ser un dos “malditos” transloce no eu lírico e desacouga ao lector atento.
No seu epistolario cos de sempre, atopamos as razóns e respostas de moitas preguntas que aínda moitos no presente se formulan. Consérvanse numerosas cartas de Carvalho e os seus contemporáneos na Fundación Penzol e tamén nos arquivos do Parlamento de Galicia. Pouco a pouco van saíndo a luz. Algunhas por fin publicadas neste ano carvalhés.
De xustiza tamén é abeirarse as verbas escritas na prensa por Carvalho Calero ou por calquera dos seus heterónimos. Pode ser que tamén aí descifremos a incógnita do seu pensamento. Convén non esquecer que Carvalho Calero sufríu as intrigas e o isolamento do que el mesmo chamaba humorísticamente “o holding”, o poder académico. E hai raíces tan fondas nese pequeno gran universo que , o seu incondicional amigo Jenaro Marinhas dicía “estou certo que non imos para a mesma romaría”.
Este ano, a trinta anos da súa morte , a conmemoración das Letras galegas na súa honra recae en nós e non hai mellor xeito de honra que LER A CARVALHO CALERO. Non é unha opción, é unha obriga para para os bos e xenerosos que a nosa voz entenden!
Lola Chaos
VISIONAR
https://www.youtube.com/watch?v=4aK5TxaZv14
Seguimos avanzando con achegas diferentes nesta Semana das Letras Galegas. Aínda que é sábado, seguro que terás tempo e tempo para moitas cousas. Mergúllate nesta ligazón e poderás facer interesantes e diversas actividades. Ánimo!!!!