Un curso máis….grazas a todos

Rematou 2017-2018, un curso máis, outro “exercicio” da nosa biblioteca dentro do Plambe (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), ofrecendo a toda a nosa comunidade educativa ( alumnado, profesorado, persoal non docente, familias) os servizos propios dunha biblio do século XXI. O noso traballo, posible grazas á colaboración de todas as persoas que forman parte do IES Xograr, consideramos que tivo os seus froitos por razóns ben coñecidas e xa explicadas neste blog.

Resumimos agora dous cousas máis que por lóxica fanse nesta parte final.

1) Catalogacións e préstamos. Superando con creces o acadadado no curso precedente, resumidas nestes números 

FONDOS CATALOGADOS DURANTE O CURSO 2017-2018

  • 303 libros

  • 2 documentos sonoros

  • 18 documentos audiovisuais

  • Total: 323

PRÉSTAMOS REALIZADOS DURANTE O CURSO 2017-2018

  • 1022 libros

  • 50 documentos audiovisuais

  • 17  préstamos doutro tipo

  • Total:1089. 

  • 2) Proxecto E-LBE 2. Recibimos unha partida económica para mercar Libros electrónicos, que sumados aos 4 que xa tiñamos, fixeron un total de 17 dispositivos para lectura dixital.

    Despois de todos os pasos que fomos dando ( selección de lectores, comunicación á Bibliotecas escolares dos mesmos cos datos requeridos, recepción de claves para identificación de usuarios, oferta de e-readers, publicitación da oferta, etc), foron sendo prestados os nosos libros electrónicos. Quedamos moi satisfeitos de todo ilo, pois foron levados por profesores, alumnos e persoal non docente. Os 17, 13 da nova xeración (E-LBE 2) e os 4 da primeira (E-LBE 1). Sentimos non poder satisfacer a demanda daquelas persoas que querían levalo…cando xa estaban todos prestados. Outra vez será

    Foi un traballo laborioso, sobre todo con certos atrancos técnicos ( grazas a José Luis Cebey, da Consellería, a Ana Cedrón – quen leva este proxecto no noso centro – e a José Manuel, o noso director, que de informática sabe un mundo ). Pero aos poucos, e cecais tamén ás carreiras, porque non sobraba tempo, deu os seus froitos.

    Pois que todos aqueles que os levaron que disfruten no verán da súa lectura. Agradecer igualmente o laborioso traballo feito polos cinco membros da nosa biblio

  • Ana Cedrón Paz, profesora de Inglés.

  • Ana Belén Durán Pernas, profesora de Lingua Castelá.

  • Esperanza Fernández Camiñas, do departamento de Galego.

  • Jorge Marcos, docente de Relixión.

  • Mª Sol Rodríguez Rodríguez, docente de Ciencias Naturais

  • Un enorme pracer traballar tan ben e a gusto con todos eles. Desexar a Esperanza toda a sorte do mundo no seu novo destino académico. E o curso que ven, intentando incorporar a máis profesores, tanto no equipo de biblioteca, como no equipo de apoio, intentaremos cumplir aquela máxima de ” máis….e mellor!!!!”

      • Miguel Cumbraos Álvarez. Profesor de Francés e Coordinador da Biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez

  • ????????????????????????????????????
    ????????????????????????????????????
    ????????????????????????????????????

Un novo número de Aquí e Agora….

..en concreto o número 18 – maioría de idade, podíamos dicir – dirixido por Laura López Pereiro e Manuel Corujo Muíña, que deixan o seu posto por rematar o seu periplo académico no Xograr. Un número moi completo, no que colaboraron alumnos de cursos variados e diversos profesores. Coordinado polas docentes de lingua galega Esperanza Fernández Camiñas – que tamén deixa o Xograr, para exercer dende o curso próximo a súa docencia nun  instituto de Lugo  – e Lola Chaos Monasterio. A todos eles grazas pola súa dedicación e noraboa polo traballo feito.

Podedes acceder á versión en soporte dixital pinchando no seguinte enlace

Fai clic para acceder a AeA%2018.pdf

COMPRENSIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA ESTRANXEIRA E….UN POUCO DE COCIÑA

Recta final do curso con actividades variadas, que buscan máis ben o apartado lúdico. Este luns 18 de xuño tocou lectura en lingua francesa….na cociña que hai xunto á cafetería e o almacén. Tratábase de ler e comprender unha sinxela receita da cociña gala e poñerse posteriormente mans…á obra, mellor dito mans…aos fogóns.

Deste xeito os alumnos de 1º de Bacharelato que cursan Francés-2 fixeron os coñecidos Croque-Monsieur, un emparedado con xamón cocido, xamón serrano, nata, ovo e queixo raiado. E ademáis de degustalos eles mesmos invitaron a profesores, persoal non docente do noso instituto e alumnado a que os probaran. Non quedou ni un, co cal podemos entender que estaban bos…ou que se fixeron poucos. Deixamos unha foto dos voluntariosos “cuisiniers et cuisinières”, da bandexa co resultado e, por suposto, da receita.

 

Merecidas recompensas

As que obtiveron os alumnos que máis libros levaron en préstamo ( e por consecuencia, leron) da nosa biblio. Un agasallo que se lle fixo, como en anos precedentes, no fondo…outro libro. Iván López Rodríguez (1º ESO), Laura López López, Héctor Corujo Muíña, Xoel Irimia Rodríguez, Janeth Rodríguez Alonso (2º ESO), Damián Comesaña Fernandes, Tomás Cumbraos Díaz (3º ESO), Laura González Lemos, Cristina Shan (4º ESO) e Belén Jiménez Vargas (1º Bacharelato) foron os “máis lectores”.

Noraboa aos 10!!!

Día da Ilustración….

…relacionada co nacemento de Castelao. Ainda que foi no mes de xaneiro, non pudemos ter antes os traballos feitos polo alumnado de 4º da ESO do Departamento de Plástica. Os tedes expostos no pasillo que comunica as aulas de 4º ESO con 1º de Bacharelato. Grazas a todos pola participación nesta interesante e sinxela mostra vencellada ao grande intelectual de Rianxo.

 

Letras Galegas 2018

..cun feixe de cousas:

 
– A exposición que envían dende a Xunta
– Uns cantos libros dos nosos fondos para coñecer máis e mellor a María Vitoria Moreno
– Repartindo libros doados pola Deputación de Lugo entre alumnos, docentes e persoal non docente
– Repartindo marcapáxinas feitos polo equipo de Dinamización Lingüistica entre os lectores
– Expoñendo traballos diversos realizados polos profesores do departamento de Galego en colaboración co departamento de Plástica
– Participando no club de lectura con Ledicia Costas
– Decorando partes do noso centro con traballos realizados polos nosos alumnos e vencellados á escritora extremeña

LEDICIA COSTAS AMENIZOU UNHA INTERESANTE TERCEIRA SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA “O XOGRAR LECTOR”

Unha veintena de persoas,  entre alumnos e profesores, reuníronse na terceira sesión do Club Lector “O Xograr Lector”, que desta volta tivo lugar na Casa da Cultura de Sarria. O cambio de emprazamento foi debida ao aproveitar o desprazamento a Sarria da autora do libro escollido.

 

Ledicia Costas, escritora viguesa moi laureada e con moitos títulos ben coñecidos na literatura infantil e xuvenil galega, era unha das invitadas á Semana das Letras e da Lectura, organizada polo Concello de Sarria dende a súa area de Cultura e Igualdade. Deste xeito, os participantes no club lector do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria aproveitaron a presenza da novelista para artellar deste xeito a súa terceira sesión do curso 2017-2018.

 

Para iso traballouse anteriormente por parte dos estudantes e profesores a novela “Jules Verne e o segredo das mulleres planta”, relato fantasioso baseado nunha viaxe do coñecido escritor francés á cidade de Vigo. Durante hora e media os estudantes sarriaos tiveron ocasión de departir unha amena charla sobre dita obra, así como sobre outros títulos da coñecida novelista viguesa.

Concurso de posters “Cherche ton français”….

…xa ten gañadores, merced aos traballos presentados por alumnos do noso centro. O presentado por Adrián No Pérez ( 1º Bacharelato C) acadou o primeiro premio, sendo segundo Tomás Cumbraos Díaz (3º ESO A). A terceira mención correspondeu a Hugo Pérez García (1º ESO B), obtendo tamén recompensa Beatriz Pérez Souto (2º ESO A). Os catro recibiron un detalle significativo e vencellado á actividade por parte do Departamento de Francés.