ACTIVIDADE MOI DIVERSA NO FIN DE CURSO

Para rematar o curso diversas actividades, moi variadas todas elas, sentindo ben que non poidera ter lugar unha prometedora exhibición de patinaxe.

 Dunha banda alumnos de Francés 1º de Bacharelato prepararon na cociña uns suculentos “croque-monsieur“, emparedados típicos da gastronomía gala.KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Moi divertida estivo a obra de teatro La locura de don Sancho”, interpretada por un grupo de 2º de bacharelato.

 

Asemade a habitual presentación da revista ” Aquí e Agora”, que neste curso 2012-2013 alcanzou o seu número 13 e da que podemos gozar online  AeA 13.

 

Innaugurouse  un mural feito por alumnos de 4º da ESO dirixidos pola profesora María José Santiso,  no edificio 2.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Non faltou a música, moi diversa e de xéneros dispares, interpretada por alumnos de 3º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.

 

BANCO DE LIBROS DE TEXTO

Proxecto de intercambio de libros de texto promovido  polo Consello Escolar do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

O Consello Escolar do noso Centro vén de aprobar un proxecto que chamamos Banco de Libros de Texto.

O proxecto consiste na reutilización dos libros. A idea é sinxela: o alumnado que remata  o seu curso deixa uns libros que xa non lles son necesarios e poden ser utilizados de novo polos  alumnos/as que chegan a ese curso.

Propoñemos  intercambiar e reutilizar os libros de  texto vixentes durante varios anos e pola maior cantidade de alumnado posible, proporcionando  un aforro importante para as familias.  

Na web do noso Centro podedes atopar toda a información relativa ao proxecto.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

RECTA FINAL

En breve chegan as vacacións de verán, tempo para o descanso pero tamén para non esquecer cousas importantes como é a lectura. Nos expositores situados a  carón do curruncho de prensa tedes a vosa disposición uns cantos libros de literaturas moi variadas, temáticas dispares, incluso banda deseñada. Podedes velos tranquilamente e solicitalo seu préstamo na biblioteca. De todolos xeitos xuntamos un listado con autor e obra de todas estas recentes adquisicións, que poden ser interesantes para unha lectura pausada no tempo de estío.


CARTEL LECTURAS 2013

Suxerencias lectoras verán 2013

Animádevos pois a pedir algún destes libros ou, por suposto, calquera outro que forme parte dos fondos da biblio do xograr

 

BO VERÁN……E BOA LECTURA

stop motion

O alumnado de TIC, dirixido polo profesor Ramón Noche, ven de facer unhas pequenas animacións coa técnica stop motion, que como seguro que xa sabedes, consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.
Comparten con nós algunhas delas. Desexamos que vos gusten.

Xadrez máxico

Amor con un par de huevos

Rally stop motion

Salvar al soldado Iván

Aproveitamos para suxerir que visitede o Blog

ticXograr

COUSAS DE FINAIS DE MAIO

Nesta recta final do curso algunhas cousas que tíñamos pendente de subir ao noso blog. Dunha banda a celebración das letras galegas, que levamos a cabo mezclando materiais varios e que levou a diversos alumnos polos pasillos da biblioteca respondendo a un cuestionario preparado polos docentes de galego.

 

Doutra, a final do torneo de xadrez, proposto por alumnado de 4º da eso, organizado en colaboración con vicedirección e que tivo como gañador a Miguel Ángel Díaz Franco, de 4º de ESO B, que superou na final a César Vila.  Noraboa!!!

Gañadores xadrez

NOVIDADES E XADREZ

…..na biblioteca, neste tempo primaveral que parece resistirse. Dunha banda decirvos que tedes unha morea de novidades, DSCF1391de xéneros dispares e materias diversas, nas estanterías que están ao lado do curruncho de prensa. Son libros adquiridos polos departamentos e tamén pola biblioteca, cos fondos do plan de mellora. Podedes pedilos para levar a casa e ler tranquilamente. Outro tanto coas novidades en formato multimedia que están nas estanterías de portas de cristal no pasillo que vai cara á sala de profes.

Lembrade igualmente que nos recreos durante boa parte deste mes de maio ten lugar nunha zona da biblioteca preparada para ilo un torneo de xadrez, impulsado por alumnos de 4º da ESO. Un deporte de moito pensar e de tomar decisións acertadas que, por certo, foi epicentro de non poucas novelas e películas.

Actividades para traballar a comprensión lectora

Comprensión lectoraO Departamento de Lengua y Literatura española, ven de realizar unha excelente  recopilación de distintos materiais para traballar a comprensión lectora do alumnado nas horas de titoría, nas gardas, ou nos ratos libres… E Ramón Noche anotou os links nesta imaxe.

Premendo sobre os círculos vermellos e os i accedemos a xogos e a un montón de actividades entretidas  e moi interesantes.

Non tedes curiosidade?

Actividade lingüística en francés no Camiño de Santiago

Un total de 27 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez, pertencentes a 3º e 4º da ESO, así como a 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade lingüística no Camiño de Santiago proposta polo departamento de Francés.

A primeira parte da actividade consistía en entrevistarse con sarrianos e sarrianas que por razóns de índole diversa – familiar, traballo, emigración, sociais, culturais, etc. –aprenderan francés no seu momento e o empregan con asiduidade nas súas ocupacións laborais de tódolos días.  Para ilo contouse coa colaboración de persoas de Cafetería Xuxú, Bar Camiño Francés, Hotel Alfonso IX CH, Hotel Vila de Sarria- OCA, Café Travesía dos Soños, e Oficina de Turismo de Sarria, que prestáronse a colaborar nesta tarefa de índole pedagóxico.

A segunda parte desta actividade lingüística consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da senda xacobea ó seu paso por Sarria, dende Vigo de Sarria ata a Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polos que fan este itinerario como son as estacións de bus e tren, os supermercados, o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo era falar con eles en francés, preguntándolle por aspectos da súa viaxe, vivencias que se podían recoller en papel e lápis ou ben recurrir ás novas tecnoloxías, é dicir cámaras dixitais de imaxe ou vídeo, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, etc.

Un cuestionario gramatical, baseado en diversos monumentos de Sarria, foi a terceira parte desta actividade realizada nunha época do ano na que os peregrinos empezan a encher o camiño, sendo estranxeiros boa parte deles.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

DÍA DO LIBRO

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Como  vén  sendo  tradición , o  IES XOGRAR  AFONSO GÓMEZ  de  Sarria  celebra  o   Día    do  Libro  (23  de  abril)  coa  inauguración  da      exposición  de   carteis  e  manualidades  e  a  proxección  de   dúas  cortometraxe: ”Los  escritores  justicieros”“Adicción fatal” elaborados  polos  alumnos  do  centro.  Esta  exposición  poderá  ser  visitada   ó  longo de  todo  o  mes  de  abril   no  horario  de  recreo  do  centro (11:15  a 11:45). Na  entrada  do  mesmo   e  coincidindo  coa  “Semana  do Cómic”  o  centro  alberga  unha   mostra  antolóxica    para  todas  as   idades, en linguas tan dispares como galego, castelán, francés e inglés, que   pretende   revitalizar     o  consumo   deste   xénero  clásico  entre  toda  a comunidade  educativa .