Co gallo do Día das Bibliotecas – 24 de outubro – xa está en marcha un novo concurso organizado pola nosa “biblio”e dirixido a todos os alumnos e alumnas de ESO. As bases colgan do soporte que ten Tintin, están aquí neste blog e as teñen igualmente os vosos profesores de galego e castelán.
Arquivo da categoría: CONCURSO
Terceiro premio de pancartas no Correlingua 2015
A decimoquinta edición do Correlingua celebrouse o pasado 6 de maio en Lugo cun grande éxito de participación. Máis de 1.300 estudantes da zona centro da provincia e da Montaña, e mesmo de Vila de Cruces e Melide se xuntaron na cidade amurallada para defender a lingua galega. Ademais da tradicional carreira, posteriormente, nun acto celebrado na Praza de Santa María, desenvolvéronse varias actividades como a entrega de premios do Concurso de Pancartas e Animación.
Foron premiados co terceiro premio neste certame de pancartas, os alumnos e alumnas do noso centro, cunha fermosísma pancarta elaborada polo alumnado de 4º de PDC, dirixidos pola súa profesora Lola Chaos.
PARABÉNS!!
Arquivado en ACTIVIDADES 14-15, CONCURSO, CONCURSOS
ACHÉGASE O NADAL…
BASES DO CONCURSO:
- Poderán participar 6 alumnos matriculados en relixión, por curso e grupo.
- Non se poderán empregar área, terra. herba, pedras…
- Valorarase o uso de materiais reciclados, o sentido crítico, a imaxinación e a orixinalidade.
- Os beléns faranse no comedor a partir do martes, día 16, sempre e cando os profesores den permiso para baixar.
- PREMIOS. Haberá dúas categorías:
- PRIMEIRA CATEGORÍA: 1º, 2 e 3º da ESO (2 PREMIOS)
- SEGUNDA CATEGORÍA: 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato (2 PREMIOS)
- O resultado do concurso farase público o día 19 de decenbro ás 14 horas.
¡GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!
OS PAIS QUE O DESEXEN PODEN ACHEGARSE O VENRES AO CENTRO, PARA VISITAR OS BELÉNS.
Arquivado en ACTIVIDADES 14-15, CONCURSO, CONMEMORACIÓNS
CONCURSO DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 OUTUBRO
Co gallo do Día das Bibliotecas (o vindeiro 24 de outubro, aínda que o prolonguemos toda a semana) continuamos unha pequena actividade concurso, xa feita en cursos precedentes.
- ¿Que é para ti a biblioteca? (dar unha definición da mesma a través dun texto en galego ou castelán)
- Crear un lema para a biblioteca ( en galego ou castelán, com imaxe ou soamente texto)
Os traballos pódense presentar a man, ordenador, cor, blanco e negro, en soportes variados, etc. Damos unha certa flexibilidade, pero o ideal sería que fosen entregados entre o 21 e o 28 de outubro, aos profesores de garda de biblioteca nos recreos.
Os mellores traballos terán recompensa en forma de premios.
Arquivado en ACTIVIDADES 14-15, CONCURSO, CONMEMORACIÓNS
PARABÉNS ÁS GAÑADORAS!
Parabéns as alumnas de 3º de ESO Alba García Rodríguez, Nerea Sobrado Folgueiras, Olga Roda Sangil, e Anloiry Pérez Brito que foron as gañadoras do segundo premio no V CERTAME ESCOLAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, convocado polo Concello de Sarria. A obra presentada levaba por título STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO. Na fotografía collida da web do Concello, podemos velas no momento da entrega do premio.
Arquivado en ACTIVIDADES 13-14, CONCURSO, CONCURSOS, CONMEMORACIÓNS
CONCURSO DE CARTEIS SOBRE O CINE EN FRANCÉS
Neste último trimestre do curso mezcla de idioma e “séptimo arte” para o alumnado de Francés. Foi co gallo do concurso de “Affiches” que a Asociación de Profesores de Francés de Galicia organiza anualmente. No 2012 foi coa música como temática, desta volta co cine como eixo. Diversos alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO, así como de 1º e 2º de Bacharelato tomaron parte nel, resultando seleccionados tres ( como marcaban as normas do concurso), correspondentes a Susana Fernández García (3º ESO A), Melina Iglesias Valcárcel (1º Bacharelato A) e Antía López Pérez (2º Bacharelato A). Ditos traballos foron enviados a Santiago para fomar parte dunha exposición no marco dunhas xornadas formativas de profesores.
Arquivado en ACTIVIDADES 2012-2013, CONCURSO, CONCURSOS
V CONCURSO ESCOLAR DE FOTOGRAFÍA DIXITAL E CURTOMETRAXES
Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebra o vindeiro 8 de marzo, informámosvos dun concurso organizado polo Centro de Atención á Muller do Concello de Sarria. Atoparedes neste blog a ficha de inscripción e as bases do concurso.
Anímate e participa. Lembra que na edición do 2011 resultou gañadora unha alumna que actualmente cursa estudos de 2º de bacharelato no noso instituto.2013
GAÑADORAS DO CONCURSO DO DÍA DA BIBLIOTECA
Botou o xurado e xa temos gañadores do noso concurso co gallo do día da Biblioteca, celebrado o pasado 24 de outubro. Lucía Pombo obtivo un total de 38 puntos, resultando gañadora. A segunda clasificada, con 31 puntos, foi Ana Pérez, correspondéndolle a Leticia López, con 18, o terceiro posto.
Noraboa as gañadoras e grazas a todos pola participación. Podedes ver aquí oas tres primeiros traballos e unha foto das tres estudiantes, as tres por certo de 2º ESO B.
EU SON A BIBLIOTECA
Agardo en silencio a túa visita, nos meus andeis
reposan centos de libros, cada un deles alberga gran
sabedoría. Mergúllate neles.
Son como unha gran fiestra cos ollos abertos ao
mundo, no meu interior agóchanse grandes segredos.
Vén descubrilos.
Son como unha árbore chea de pólas, cargadiña de
froitas capaces de nutrir o teu maxín e transportarte
a lugares tan remotos ós que xamais imaxinaches
chegar.
Polas miñas veas corre sangue con sabor a historia, a
arte, a literatura, a ciencia, a música… Son a cultura
feita papeis.
Necesítote preto de min, sen ti son coma unha planta
sen luz, coma unha orquestra sen son.
Tal vez nun futuro non moi lexano, sexa o teu nome o
que apareza escrito nun dos meus libros.
Lucía Pombo 2º B

Arquivado en ACTIVIDADES 2012-2013, CONCURSO, CONCURSOS, CONMEMORACIÓNS
CONCURSO DÍA DAS BIBLIOTECAS
Co gallo do Día das Bibliotecas ( o vindeiro 24 de outubro) convocamos un concurso dirixido a alumnos e alumas de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, PGS e PCPI.
Podedes participar en calquera das tres actividades de propoñemos:
- QUE É PARA TI A BIBLIOTECA?
Trátase de dar unha definición da mesma a través dun texto escrito en galego ou castelán.
- LEMA DA BIBLIOTECA.
Tedes que crear un lema para a nosa biblioteca. Podedes facelo en galego ou castelán, con imaxe ou soamente texto.
- LOGO DA BIBLIOTECA.
Propoñede un logo para a biblioteca do Xograr.
Os traballos pódense presesntar a man, ordenador, cor, branco e negro, en soportes variados… Damos unha certa flexibilidade pero o ideal sería que fosen entregados na semana que vai do 22 ao 26 de outubro…
Os participantes entregarán as súas propostas aos profesores de garda de biblioteca nos recreos.
Os mellores tendrán recompensa en forma de premios!
Grazas pola vosa colaboración.
Arquivado en ACTIVIDADES 2012-2013, CONCURSO, CONCURSOS