INFOBIBLIO

Aquí tedes o Infobiblio número 3 correspondente ao mes de xuño. Nel atoparás as derradeiras informacións que xerou a nosa biblioteca. Podes descargar o exemplar ou recollelo en papel no expositor que está enriba do armario das películas. Grazas  por contribuír coa vosa participación nas actividades propostas que nel se contan.

MANUEL MARÍA EN ANAQUIÑOS DE CORES

Versos escollidos  polos alumnos de 1º ESO enchen os taboleiros do IES de rechamantes cores para lembranos  ao poeta chairego neste mes de maio. Primavera de papel, palabras  que agroman e fan rexurdir a voz de Manuel María polos corredores do Xograr, ledicia dunha primavera que anuncia días radiantes, que conmemora  non so un Día das Letras Galegas, senon un post-it para todo o 2016.

3ª reunión do Xograr Lector

 O vindeiro martes 31 de maio, ás 15h30 celebraremos a terceira reunión do noso club de lectura. Xa sabedes que  falaremos da obra MUERTE A LOS COCHES de Blake Nelson.3ª reunión do Xograr Lector

NON ESQUEZAS TRAER A FOLLA QUE SE VOS FACILITOU NA SEGUNDA REUNIÓN COAS SUXERENCIAS LECTORAS QUE VOS GUSTARÍA APORTAR!!!

 

 

Grazas pola vosa colaboración!

” Jour du Croque-Monsieur. Día do emparedado de xamón e queixo”

10-Invitación croque monsieur

O alumnado de 2º de Bacharelato de Francés rematou a súa estadía no centro escolar elaborando os habituais “Croque-Monsieur”, emparedados moi parisinos, con queixo, xamón e unha pasta feita con masa e ovo. Desta volta, ademáis de ofrecer na sala de profesores como viña sendo habitual, habilitouse un espazo para que quen quixera os probara no tempo de lecer.”
Deixámosvos a receta, así como o cartel que convidaba a probalos.

0-Recette croque.-monsieur1

CORRELINGUA 2016

Coma en anos anteriores, o EDL , en colaboración con distintos departamentos do IES Xograr, acudíu  cos alumnos de 1º e 2º ESO , o día 11 de maio, ao Correlingua 2016 en  Lugo. Nunha mañá espléndida de sol,  participamos nestes actos en prol da lingua galega, que se iniciaron ás 11 da mañá coa saída dende a Praza de Sta María, percorrido pola Muralla, ata a  volta á Praza onde disfrutamos coa actuación de Liviao de Marrao.

XVII EDICIÓN DO DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

No ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das Matemáticas, acordouse  a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM). A data elixida para esta celebración, 12 de maio, coincide coa do nacemento do insigne matemático Pedro Puig Adam, que foi o iniciador da didáctica das matemáticas no noso país, e que naceu o  12 de maio de 1900.

O tema proposto para este ano 2016 é: MATEMÁTICAS NO DEPORTE

Sumámonos a esta celebración cunha pequena exposición sobre a xeometría e medidas das pistas deportivas e curiosidades matemáticas do deporte que se poden atopar nos libros da nosa biblioteca .

ACTIVIDADE LINGÜÍSTICA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Un total de 66 alumnos  do IES Xograr Afonso Gómez, que cursan estudos de 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade con obxetivo lingüístico no Camiño Francés a Compostela, ao seu paso por Sarria,  proposta polo departamento de Francés, e que se desenvolveu o 6 de maio do presente ano.

 A primeira parte da actividade consistía en reunirse con persoas que viven e traballan en Sarria, que por razóns de variada índole – familiar, traballo, emigración, sociais, culturais, etc. –aprenderon a lingua francesa nun momento determinado e a empregan nas súas cotiás ocupacións laborais. Tomar algo con iles ao tempo que falaban nesta lingua estranxeira que os rapaces e rapazas estudan no citado centro escolar. Para ilo contouse coa colaboración de Bar Camiño Francés, Restaurante Mesón Tapas, Hotel Alfonso IX, Albergue Monasterio La Magdalena, Hotel Vila de Sarria, Oficina de Turismo de Sarria, Paul de Samos, Albergue Internacional, J.Delbeau Productos Innovadores, Supermercado O Chanto Covirán e Café Travesía dos Soños, que se prestaron a axudar amablemente nesta tarefa con finalidade pedagóxica.

 A segunda parte desta actividade lingüística consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da ruta xacobea ó seu paso por Sarria, dende a entrada do camiño por Vigo de Sarria ata as proximidades de Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polas persoas que fan este itinerario, como son as estacións de bus e tren, as tendas de alimentacións, os albergues,  o exterior do centro médico, a oficina de turismo, eta. O obxectivo que se pretendía era charlar con eles en francés, saber cousas dos aspectos da súa viaxe, das vivencias no camiño, aspectos que os estudantes  podían recoller en papel e lapis ou ben usando ás novas tecnoloxías, dígase cámaras dixitais de imaxe ou vídeo, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, tabletas, etc.

 Un cuestionario gramatical, baseado en diversos monumentos de Sarria, así como un posterior traballo en casa, baseado no vocabulario da vestimenta do peregrino, compuxeron a terceira parte desta actividade realizada nunhas datas do ano na Sarria énchese de peregrinos que camiñan a Santiago, sendo bo parte deles de nacionalidades foráneas. Un día adverso climatoloxicamente falando non amilanou aos estudantes que fixeron todo o posible por practicar o aprendido nas aulas.

III RECITAL POÉTICO VISUAL “CLÁSICOS DE SEMPRE”

O venres 29 de abril celebramos o Día do Libro cun espectáculo que levaba por título “Clásicos de sempre”.

Aquí vos deixamos o programa, un vídeo no que se recollen os momentos máis significativos e cinco  traballos  audiovisuais que co gallo deste día elaboraron algúns alumnos de 4ESO e 2ºBAC, dos que  debemos salientar a súa orixinalidade .