Premio Cervantes

Información que nos facilita o Departamento de Lingua Castelá sobre a concesión do Premio Cervantes a Eduardo Mendoza

Eduardo Mendoza

     Premio Cervantes 2016

“Cervantes nos enseñó que es posible contar las cosas con sencillez, elegancia y buen rollo”.

El Cervantes, creado en 1975 por el Ministerio de Cultura, reconoce la trayectoria de un escritor que con el conjunto de su obra haya contribuido a enriquecer el legado literario hispano.

Mendoza (Barcelona, 1943) inició su carrera literaria en 1975, con la publicación de La verdad sobre el caso Savolta, que recibió el Premio de la Crítica. Desde entonces ha publicado 15 novelas, dos libros de relatos, dos obras de teatro y cuatro ensayos.

El jurado, según recoge el acta, le ha otorgado el premio “porque, con la publicación en 1975 de La verdad sobre el caso Savolta, inaugura una nueva etapa de la narrativa española en la que se devolvió al lector el goce por el relato y el interés por la historia que se cuenta, que ha mantenido a lo largo de su brillante carrera como novelista“. Eduardo Mendoza, continúa el comunicado, “en la estela de la mejor tradición cervantina, posee una lengua literaria llena de sutilezas e ironía, algo que el gran público y la crítica siempre supieron reconocer, además de su extraordinaria proyección internacional”.

mendoza

CHEGAN AS VACACIÓNS DE VERÁN

Pronto estaremos a gozar das vacacións de verán. Días para relaxarnos despois do estrés dos últimos exames e gozar do bo do tempo, as actividades ao aire libre, a compañía dos nosos amigos e amigas, e como non da, lectura desas obras que deixamos “aparcadas” durante o curso por falta de tempo.
Lembra que podes levar en préstamo o material da biblioteca: libros, cómics, películas, lectores electrónicos, música…

Estas son as nosas recomendacións: LECTURAS DE VERÁN 2016

Hoxe no Xograr: Aquí e Agora 16

PicsArt_06-09-04.55.15 (1)

AeA 16 chegou  impresa en   dúas caixas de cartón, apenas medio metro de espazo e pouco menos de 10 Kg de peso. Que pouquiña cousa!,  pensaredes. Abofé que non!

Tras desa liviandade están trinta alumnos, que acoden  con presteza ás reunións  nos escasos minutos que teñen de lecer, entre clase e clase,  ao longo das semanas de todo o curso.

Tras desa brevidade agóchase unha escolma de intres previos , unha posta en común de ideas, de escollas, de seleccións feitas ao chou, ou  por sortes e resortes. Aí están fins de semana adicadas a adubar as pezas, a arranxar textos e formas;  aí están noites de reflexión e desacougos,  días  de preguiza e xornadas  de divagación ou clarividencia. Corre o tempo, cadaquén cociña o traballo de seu e cando  os desatinos  xa semellan correxidos chega o ensarillado maio, e xorden novos retos de milimetraxe no ordenador, de adaptación para a presentación , de arranxos  de imaxe  …de demoras e  dúbidas , e sobretodo de decisións: cómpre servir o prato.

Resultado final: velaí o tedes.

AeA 16,  produto de consumo rápido, de consumo inmediato endexamais perecedeiro, sen residuos prexudiciais e con nutrintes para todos nós:

Ofértase no noso propio local, o Xograr, e tamén en web http://www.revistaaquieagora.blogspot.com

Adáptase ao horario laboral e ao de lecer

Lese a modiño, a chimpos, ás carreiras, do limiar ao fin , de diante para tras ou de atrás para adiante….

Agasalla un menú equilibrado (ciencias, humanidades, deportes, música, opinión, enquisas,  pasa e repasatempos…..)

Alguén dá máis? Bo proveito !… Nós recuncaremos, seguro!

Equipo redacción AeA

Podedes descargar  a revista en formato pdf:

AeA

PARABÉNS A TODO O EQUIPO DE AQUÍ E AGORA!

 

Non esquezas o teu “Pase ao liberespazo”

A medida que íades vindo pola biblioteca se vos facilitaba un pequeno documento chamado “Pase ao liberespazo”. Tiña oito espazos para opinar sobre os libros que ías lendo. Nese momento lembramos que o trouxeras cuberto á biblioteca…que cecais podería haber algunha sorpresiña en materia de ….De momento xa foi entregado un. Agardamos que traigades máis, pero por suposto cubertos coas lecturas que fixechedes durante o presente curso 2015-2016.Pasaporte lectura

Por que os legumes?

O alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía INVESTIGA as razón polas que os legumes foron elixidos coma protagonistas deste ano. Expoñen o seu traballo en formato cartel para contribuir aos obxectivos da ONU dándoo a coñecer a toda a comunidade educativa

Seguindo o lema “Sementes nutritivas para un futuro sustentable”, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 2016 Ano Internacional dos Legumes, durante o cal se pretende concienciar acerca dos beneficios destes alimentos para lograr unha produción sustentable e lograr a seguridade alimentaria mundial e a nutrición da poboación.

PREMIO AOS MÁIS LECTORES

O ano pasado decidimos dende a biblioteca ter un pequeno agasallo (un libro, unha libreta, unha mochila, un bloc, etc) cos alumnos e alumnas que levaron máis libros. Repetimos esta experiencia no presente curso escolar, incluíndo o  período comprendido entre o primeiro día de clase, é dicir o 15 de setembro, e o derradeiro día do mes de maio, considerando que en xuño hai que concentrarse máis en  estudar para os derradeiros exames ( logo xa chega o verán para seguir lendo).

Desta volta resultaron recompensados un total de nove alumnos, que foron os seguintes (PREMIa orde corresponde ao número de préstamos que levou cada un deles): Cristina Shan (2º ESO B), Tomás Cumbraos Díaz (1º ESO C), Paula Quiñoá Piñeiro (4º ESO B), Oriol Segalá Farrés (2º ESO B), Laura González Lemos (2º ESO A), Manuel Corujo Muíña (4º ESO B), Patricia Rodríguez Díaz (2º ESO A), Qun Xu (1º ESO B) e David Vila Lemos (1º Bacharelato A).Gañadores O máis lector

A todos eles a nosa máis agarimosa noraboa. Parabéns por ese amor pola lectura…que agardamos  se siga mantendo ao longo de toda a súa vida.

 

TERCEIRA REUNIÓN DO CLUB LECTOR

REUNIÓN DO XOGRAR LECTORXa coas cabezas pensando nos exames de xuño, os habituais do Club Lector do IES Xograr Afonso Gómez reuníronse por terceira vez no curso actual, desta volta á correspondente ao derradeiro trimestre do ano.

A obra escollida foi “Muerte a los coches” do escritor Blake Nelson. Para reflexionar sobre esta novela reuníronse un total de doce alumnos e seis docentes, que aproveitaron igualmente para aportar suxerencias lectoras ben dirixidas a este Club Lector como a versión “ON-LIne-Adultos”.

Desta volta, a reunión tivo lugar no patio do instituto, convertido para a ocasión nun pequeno foro de discusión. E para ser consecuente co título do relato nos coches dos profesores colocáronse sendas esquelas funerarias indicado o R.I.P. do modelo ( Golf, 306, Altea, Xsara..)

 

MANUEL MARÍA EN ANAQUIÑOS DE CORES

Versos escollidos  polos alumnos de 1º ESO enchen os taboleiros do IES de rechamantes cores para lembranos  ao poeta chairego neste mes de maio. Primavera de papel, palabras  que agroman e fan rexurdir a voz de Manuel María polos corredores do Xograr, ledicia dunha primavera que anuncia días radiantes, que conmemora  non so un Día das Letras Galegas, senon un post-it para todo o 2016.

3ª reunión do Xograr Lector

 O vindeiro martes 31 de maio, ás 15h30 celebraremos a terceira reunión do noso club de lectura. Xa sabedes que  falaremos da obra MUERTE A LOS COCHES de Blake Nelson.3ª reunión do Xograr Lector

NON ESQUEZAS TRAER A FOLLA QUE SE VOS FACILITOU NA SEGUNDA REUNIÓN COAS SUXERENCIAS LECTORAS QUE VOS GUSTARÍA APORTAR!!!

 

 

Grazas pola vosa colaboración!