Moitos préstamos neste primeiro trimestre…

..que veñen reflectidos nun total de 330 ( entre libros, audios e películas). Esto indica que a nosa humilde “biblio” ten moito movemento, o que supón o froito o esforzo de toda a colectividade escolar do noso IES.

Non esquezas que na biblioteca temos moito para levar. E adaptado ás novas tecnoloxías. como son os libros electrónicos, cargados cun montón de lecturas moi variadas. Non o esquezas

Xoguetes ópticos….

..que podemos coñecer a través dunha actividade da ateria Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Foi feita polos alumnos de 1º ESO e coordinada pola docente Begoña Arias Veiga.

Nesta pequena exposición amósase a realización dun Taumátropo, traballo realizado de forma individual, así como dun Zoótropo, que elaborouse en equipos. Estes dous xoguetes forman parte dun conxunto máis amplo de instrumentos ópticos de principios do século XIX e correspóndense coas orixes da imaxe en movemento.

Podedes ver neste link o video feito sobre esta actividade

Chega o verán….

…e xa sabes. Días longos e moito tempo para facer unha morea de cousas. Así que xa sabes. Unha delas é LER. Por iso dende a biblioteca queremos invitarte a que achégueste ao curruncho de prensa onde están un  montón de novidades mercadas durante o curso actual. Igualmente tedes máis fondos na propia biblio, así como banda deseñada. música, libros electrónicos, etc para levar durante este período vacacional. En nos esquezas que ata setembro non tedes que devolver nada.

Lecturas Verán 2017

Libro do mes…

..de xuño. O que remata esta serie que durou dende o mes de outubro e que desta volta foi cousa do profesorado de linguas do noso centro. Grazas a todos aqueles que colaboraron en recomendar un texto que lles gustou.

Pechamos a serie coa aportación da nosa profesora de PT, María José Rubias, que  nos recomenda… Pois a abrir o pdf.

Grazas tamén á profesora Fe Besteiro, que mes a mes deulle forma a cada comentario, o puxo no máis puro galego e maquetouno como podedes ver no documento adxunto.

O ano que ven máis, aínda que lle corresponderá a outro “colectivo” aportar suxestións. Ata aquí podemos ler

XUÑO

Lectores e lectoras constantes


Como aconteceu nos dous cursos precedentes, dende a Biblioteca quixemos recompensar os alumnos e alumnas que leron máis libros durante o curso actual. Fixémoslles un pequeno detalle, animándoos a que sigan no bonito camiño da lectura. Antía García Fernández (1º ESO C), Laura González Lemos (3º ESO A), Jennifer Eirao Cobas (1º ESO B), Laura López López (1º ESO A), Uxía García Fernández (1º ESO C), Cristina Shan (3º ESO B), Tomás Cumbraos Díaz (2º ESO C), Patricia Rodríguez Díaz (3º ESO B, Janeth Rodríguez Alonso (1º ESO A), Ryann Santos Fernandes da Silva (3º ESO A e Florian Vázquez Hermam (1º ESO C) foron os galardoados. Parabéns a todos eles e ….a continuar lendo.

Sesión do terceiro trimestre no “Xograr Lector”

Derradeira sesión do Club Lector no presente curso

 
O Club Lector “O Xograr Lector” pechou o curso 2016-2017 coa sua derradeira sesión, a correspondente ao terceiro trimestre, celebrada o mércores 31 de maio. Anteriormente traballouse coas novelas ” Todo o tempo do mundo” e “Valkiria Game Over” de David Lozano, decidindo desta volta facer unha sesión diferente. Así, aproveitando a bonanza climatolóxica, os profesores e alumnos participantes reuníronse no patio do instituto para conversar sobre suxestións lectoras que cada un aportou. A variedade de títulos, autores e incluso xéneros literarios, formou parte desta reunión que resultou do agrado de todos os participantes. 

Diversidade cultural…

..que tivo o seu día, o pasado 21 de maio. Así, coordinados pola nosa profesora de Pedagoxía Terapeútica, María José Rubiás, un grupo de alumnos de procedencias e culturas moi diversas fixeron unha actividade directamente vencellada ás súas civilizacións e linguas. O acompañamento musical foi cousa de David Vila, David Álvarez e Lucía Capón, alumnos de 2º Bacharelato.  Algo especial que foi moi do gusto do alumnado e do profesorado presente. Aquí tedes un pequeno resumo fotográfico. Grazas a María José e aos seus alumnos polo esforzo e traballo desenvolto.

Atoparedes igualmente o texto que nos fala deste día tan singular e que resume todo o que se fixo no citado festival.

Día da diversidade cultural

Día de Europa….

..que ainda que foi o pasado 9 de maio, o lembramos agora. Gran traballo o realizado polos docentes Paula González Pavón e Brais Rodríguez Sánchez, que implicaron ao alumnado de 1º e 2º ESO para facer un traballo moi variado sobre moitas cousas do ” vello continente”. O ideal é achegarse ao vestíbulo do edificio vello onde tedes as mostras do presentado polo noso alumnado máis  novo.