Poemas

Os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, baixo a dirección da profesora Ana Belén Durán, puxeron música e imaxes  a algúns poemas dos  grandes autores da literatura castelá.

Queren compartir con nós a súa experiecia. Na pestana Poemas podemos ver  animacións como esta:

UN CROQUE MONSIEUR PARA REMATAR O CURSO


Os alumnos de 1º Bacharelato puxéronse o delantal para, na clase de Francés-2, elaborar un sinxelo “Croque Monsieur”, emparedado típico da cociña gala. Vémolos aquí co producto elaborado. Aproveitamos para deixarvos a receita por se queredes practicar neste tempo de lecer.
 
Ingredientes (para 4 persoas)
* 300 gramos de xamón cocido
* 1 paquete de pan de molde, mellor sen corteza
* 100 gramos de queixo raiado gruyère
* 1/4 de litro de nata
* 3 xemas de ovo
* Sal
* Pementa
Preparación:
1)Nunha cacerola misturar a nata, as xemas e o queixo raiado. Quentar ata que o queixo funda. Botar sal e pementa.
2) Poñer a pasta sobre unha rebanada de pan, logo outra de xamón e cubrir cunha rebanada igualmente coa pasta. Presionar lixeiramente. Poñer pasta por enriba e engadir un pouco de queixo raiado.
3) Facer deste xeito tantas como chegue coa pasta disponible.
4) Poñer no forno a gratinar.
5) Comer mentras esté quente.
Dous pequenos consellos
– Empregar leite semidesnatada se se considera que a nata é moi forte
– Pódense por taquiños de xamón serrano no interior do emparedado.

BON APPÉTIT

NORABOA…!!!!

….as nosas alumnas Lucía Pombo Capón e Carla López López, gañadoras do prestixioso concurso literario IES Gregorio Fernández, na súa novena edición. Lucía, cun relato titulado“Ollos de luz”  venceu na categoría de 1º Ciclo de Ensino Secundario, mentras que Carla fíxoo na modalidade de Bacharelato e Ciclos cunha obra titulada “O Reencontro”.

Dende a biblioteca queremos felicitarvos e animarvos a seguir así.

O pase de diapositivas require JavaScript.

TERCEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

O pase de diapositivas require JavaScript.

 Os integrantes do Xograr Lector, en número de catorce, entre profesorado e alumnado, reuníronse na terceira e derradeira sesión do curso 2011-2012. O traballo xirou arredor da obra da escritora rusa Irene Némirowsk “El baile”, ambientada na Francia de finais dos anos 20. Esta sesión serviu igualmente para agradecer a enorme disposición de todos os partecipantes, nesta época onde os exames chaman á porta, e sobre todo de María Melle Goyanes e Sandra López Pereiro, que rematan o seu periplo estudiantil no noso IES e que contribuiron enormemente ó nacemento e consolidamemento deste club lector (dende a Biblioteca moita sorte ás dúas nos seus posteriores estudos e proxectos!!!)

 

 

 

ACTIVIDADES SEMANA LETRAS GALEGAS

Diversas actividades desenvolvéronse no noso instituto co gallo das Letras Galegas 2012. Dunha banda a exposición sobre Paz Andrade, que amosaba información interesante sobre a súa vida e obra. Doutra, a conferencia do escritor lucense Xesús Manuel Marcos, autor de diversas obras en lingua galega. A maiores a saída do número 12 da revista “Aquí e Agora” e unha actividade de dinamización arredor da figura este ano homenaxeada, dirixida a alumnado de 1º e 2º da ESO.

O pase de diapositivas require JavaScript.


TINTIN NA NOSA BIBLIOTECA

O coñecido personaxe de tebeo xa “forma parte” da nosa biblioteca. O gran traballo feito polo alumnado de Ciclos Formativos e PDC, coordinados por profesorado de ambos niveis, permitiu dispor dun moneco do popular xornalista a quen o dibuxante belga Hergé fixo protagonizar numerosas aventuras e que acaba de ter tamén a súa versión cinematográfica. Xa está a carón da porta da nosa biblio. Da súa man (nela leva unha carpetiña de plástico) iremos coñecendo novas diversas, como, neste caso, todas actividades que xiran arredor das Letras Galegas. E se as cousas van como pensamos, en breve estará acompañado do seu coñecido can, Milou.