O 21 de marzo, en plenas vacacións de Pascua, esta datada no calendario de lectura 2016 o Día da Poesía. Como “cae” fóra dos días lectivos dende a biblioteca – en colaboración directa con diversos departamentos impricados – decidimos adiantalo…e incluso aumentar a súa duración.
Deste xeito, e contando coa axuda e participación dos departamentos de Galego, Castelá, Francés, Inglés, Debuxo, Música e Orientación, procedeuse a realizar unha actividade multidisciplinar e moi variada, onde se deixaba liberdade ao profesor para traballar a poesía co enfoque que considerara e nas clases/grupos que decidira. Aproveitáronse os derradeiros días do segundo trimestre, no que os programas están xa cumpridos e na que se propón ao alumnado actividades con fins pedagóxicos pero de xeito máis relaxado.
Así a poesía foi traballada de formas moi variadas. Nas clases do Departamento de Clásicas lecturas de…clásicos como Horacio, Catulo, Safo ou Ovidio. En Lingua Castelá, entre outros, léeronse poemas de Garcilaso, García Lorca ou romances anónimos. Na lingua de Shakespeare traballaronse video-poemas, mentras que na de Molière o ritmo o puxeron Prévert, cantautores como Brassens, Brel ou Moustaki, o rap de John de Mado ou cancións populares versionadas para karaoke. Rosalía, Cabanillas, Curros, Manuel María ou incluso Fran Alonso ( poesía e novos medios de comunicación) foron os escollidos nas clases de lingua galega. Non faltaron a esta singular cita coa poesía os nosos alumnos con necesidades educativas especiais, que coñeceron rimas e versos de Bernardino Brañas, Bécquer, Machado ou Antón Tovao.
Grazas a profesor@s, rapaces e rapazas por prestarse a esta singular “aventura poética”, que nos permitiu coñecer e practicar un máis un xénero literario moi en vigor.