Novembro, mes da ciencia en galego

 

Remata o penúltimo mes do ano, neste curso tan singular. E atopamos un pouco de tempo e imaxinación para amosar fondos da nosa biblioteca e proporlle ao noso alumnado coñecer máis cousas. Para elo dispoñemos dun andel no corredor exterior da biblioteca, a carón da porta de saída da mesma. Alí atoparedes libros e, sobre todo, moito material multimedia, algo que nos tempos que corren son dun uso moi recomendable.

Agradecer ao departamento de Ciencias, e en especial a súa profesora Mª del Rocío Serrano Garrido, a colaboración prestada para a realización desta actividade.

Bo novembro, mellor ciencia

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.