Arquivos diarios: 7 Novembro 2020

Semana da Tradición Oral

Que segundo os calendario de actividades vencelladas á biblioteca ten lugar entre os días 2 e 8 de novembro. Coa colaboración dos departamentos de Castelá, Galego, Francés, Inglés e Latín propuxemos dar a coñecer Refráns, Proverbes, Aforismos, Proverbs… Aquí tedes o resultado.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

O refrán do mes

Proseguimos esa actividade mensual que xa ven de cursos atrás e que coordina o Departamento de Normalización Lingüística e a profesora María Xosé López Castro. Desta volta pola circunstancias, menos achegas pero sempre interesantes. Arrincamos con outubro, agardando poder seguir mes a mes.

 

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Nova sección

Nova sección

Cada curso buscamos dende a biblioteca do Xograr facer algún tipo de sección que sexa de interese para toda a nosa comunidade escolar. E buscamos tamén a variedade, para escapar da monotonía. Sección que coordina a docente de Ciencias Naturais, Sol Rodríguez. Antano foi “ o libro ou a película do mes” e desta volta a nosa intención era introducir a música, cunha achega mensual aproveitando as instalacións de Radio Xograr. Pero as especiais circunstancias do curso actual fixéronos cambiar de opinión e virar cara a arte. Así que, “ Algo máis ca un cadro” e a nova sección, que arrinca coa aportación doutro docente de Bioloxía e Xeoloxía, Xosé María Castro. Preme no documento e saberás moito máis da primeira obra pictórica do 2020-2021.

Algo máis que un cadro – Outubro 2020

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021

Reordenando Historia

 

Unha das tarefas que está a facer a profesora Paula González Pavón, do equipo de biblioteca. Son moitos os fondos que tíñamos de Ciencias Sociais e cumpría reordenar, clasificar, catalogar, etc. Quedou listo o apartado que atinxe a Arte e agora estase co eido da Historia propiamente dita. Un dos cambios aplicados é a colocación de certas revistas vencelladas a esta disciplina no corredor exterior, na zona onde xa había revistas, como podedes apreciar na fotografía.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2020-2021