
Arquivo da categoría: CONCURSOS
MAFALDA E O OUTONO

Arquivado en ACTIVIDADES 13-14, CONCURSOS, CONMEMORACIÓNS
PARABÉNS ÁS GAÑADORAS!
Parabéns as alumnas de 3º de ESO Alba García Rodríguez, Nerea Sobrado Folgueiras, Olga Roda Sangil, e Anloiry Pérez Brito que foron as gañadoras do segundo premio no V CERTAME ESCOLAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, convocado polo Concello de Sarria. A obra presentada levaba por título STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO. Na fotografía collida da web do Concello, podemos velas no momento da entrega do premio.
Arquivado en ACTIVIDADES 13-14, CONCURSO, CONCURSOS, CONMEMORACIÓNS
GANADORES DO CONCURSO DO DÍA DA BIBLIOTECA


Aquí podedes ver os traballos gañadores:
Noraboa aos gañadores e grazas a todos pola participación!
Arquivado en ACTIVIDADES 13-14, CONCURSOS, CONMEMORACIÓNS
COUSAS DE FINAIS DE MAIO
Nesta recta final do curso algunhas cousas que tíñamos pendente de subir ao noso blog. Dunha banda a celebración das letras galegas, que levamos a cabo mezclando materiais varios e que levou a diversos alumnos polos pasillos da biblioteca respondendo a un cuestionario preparado polos docentes de galego.
Doutra, a final do torneo de xadrez, proposto por alumnado de 4º da eso, organizado en colaboración con vicedirección e que tivo como gañador a Miguel Ángel Díaz Franco, de 4º de ESO B, que superou na final a César Vila. Noraboa!!!
Arquivado en ACTIVIDADES 2012-2013, CONCURSOS, CONMEMORACIÓNS
CONCURSO DE CARTEIS SOBRE O CINE EN FRANCÉS
Neste último trimestre do curso mezcla de idioma e “séptimo arte” para o alumnado de Francés. Foi co gallo do concurso de “Affiches” que a Asociación de Profesores de Francés de Galicia organiza anualmente. No 2012 foi coa música como temática, desta volta co cine como eixo. Diversos alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO, así como de 1º e 2º de Bacharelato tomaron parte nel, resultando seleccionados tres ( como marcaban as normas do concurso), correspondentes a Susana Fernández García (3º ESO A), Melina Iglesias Valcárcel (1º Bacharelato A) e Antía López Pérez (2º Bacharelato A). Ditos traballos foron enviados a Santiago para fomar parte dunha exposición no marco dunhas xornadas formativas de profesores.
Arquivado en ACTIVIDADES 2012-2013, CONCURSO, CONCURSOS
V CONCURSO ESCOLAR DE FOTOGRAFÍA DIXITAL E CURTOMETRAXES
Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebra o vindeiro 8 de marzo, informámosvos dun concurso organizado polo Centro de Atención á Muller do Concello de Sarria. Atoparedes neste blog a ficha de inscripción e as bases do concurso.
Anímate e participa. Lembra que na edición do 2011 resultou gañadora unha alumna que actualmente cursa estudos de 2º de bacharelato no noso instituto.2013
Fotos do entroido literario
Arquivado en ACTIVIDADES 2012-2013, CONCURSOS