Unha vez máis os alumnos que cursan francés no noso IES apuntáronse a participar nun concurso promovido pola Asociación de Profesores de Galicia. Desta volta a creación do poster, algo habitual, tiña que xirar arredor dunha obra ou autor literario encadrado na civilización francófona, baixo o habitual lema de “Affiche ton français”.
Desta volta dende o propio Departamento decidironse dúas cousas inéditas. Dunha banda dar un pequeno premio aos tres traballos seleccionados, independentemente de que fosen ou no premiados posteriormente en Santiago de Compostela, en competencia co resto de centros galegos. E por outra banda facer unha exposición no noso instituto con todos os que foron presentados por parte de alumnos de 3º e 4º de ESO, así como de 2º de Bacharelato.
Finalmente, entre os traballos presentados, foron seleccionados os correspondentes a Laura López Tallos ( 3º ESO C ), Laura López Pereiro (4º ESO B ) e Miriam Balboa Arias (2º Bacharelato A), adicados respectivamente a “Jules Verne”, “Le Petit Prince” et “Les trois mousquetaires” Noraboa a eles tres polo traballo feito e a todos os restantes pola participación nesta actividade lingüística.