Premios da Cultura Galega 2015

O pasado día 22 de setembro a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia daba a coñecer a resolución dos Premios da Cultura Galega 2015 que, na súa modalidade de lingua, recaeu na Coordinadora Galega de ENDL..  A Directiva da CGENDL amosálle ao xurado a súa inmensa gratitude por valorar o labor que leva feito en defensa da lingua desde 2009. Con todo,  acordou rexeitar este premio polas razóns que se explican no comunicado que anexamos.

Comunicado da CGENDL a respecto da concesión do Premio da Cultura Galega 2015

Luis Alberto de Cuenca gana el Premio Nacional de Poesía 2015

luis-alberto-cuenca-cuaderno-vacacionesEl Ministerio de Educación y Cultura ha galardonado al poeta Luis Alberto de Cuenca con el Premio Nacional de Literatura, dotado con 20.000 euros, en la modalidad de Poesía por la obra ‘Cuaderno de vacaciones’. El jurado ha considerado que “constituye una de las aportaciones poéticas de  mayor motivación existencial y simbólica en la historia de la lírica reciente en España”.

En materia poética, el autor en sus comienzos fue incluido dentro del ámbito de influencia de la escuela de los novísimos, pero poco a poco fue evolucionando hacia posturas más realistas caracterizadas por la expresión de los sentimientos y la incursión de un refinado sentido del humor.

 

mortales

 

IGNACIO MARTÍNEZ DE PISÓN

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA  por su novela LA BUENA REPUTACIÓN

Martínez de Pisón

“Un  premio significa que  te  toman  en  serio”

Ignacio Martínez de Pisón nació en Zaragoza en 1960 y reside en Barcelona desde 1982. Es autor de una docena de libros, entre los que destacan la colección de cuentos El fin de los buenos tiempos (1994), las novelas Carreteras secundarias (1996), María bonita(2001) y El tiempo de las mujeres (2003), y el ensayo Enterrar a los muertos (Seix Barral, 2005), que obtuvo los premios Rodolfo Walsh y Dulce Chacón y fue unánimemente elogiado por la crítica en varios países europeos.

La buena reputación aborda la huida de los judíos en la España franquista, un éxodo de miles de personas —fueron unos 25.000— que, aunque con otros protagonistas, es completamente vigente: “Está claro que en la historia se repiten parecidos errores. Ahora es el drama de los refugiados de Siria, en la misma Melilla hay una valla levantada inimaginable en la época que refleja la novela premiada— y eso demuestra que en el sueño de la Europa hay muchas cosas que corregir. Deberíamos recuperar los principios por los que se creó la Unión Europea”.

(Información extraída  del diario  El País, 22 de septiembre)

 

 

FIN DE CURSO

Moitas e variadas cousas no festival fin de curso 2014-2015, que pasamos a contarvos.

Dunha banda a presentación da nosa revista “Aquí e Agora”, que chegaba ao número 15. Pechábase un ciclo coa marcha de noso centro escolar de Carmela Cela, Eva Melle e Beatriz López, que formaron parte durante anos da redacción da mesma. O curso que ven a nosa instaurada publicación seguirá coas súas interesantes entrevistas, reportaxes, críticas, co resto do equipo – moi ben coordinado polas profes Lola Chaos e Esperanza Fernández – e seguro que con novas incorporacións.

Doutra coa entrega do premio ao gañador do Concurso Literario, impulsado polo Departamento de Galego. Recaiu no alumno de 4º de ESO, David Vila Lemos, que recibiu uns detalles como ben merecida recompensa.

Igualmente coa visualización dun completo e curioso video elaborado no discurrir da interesante viaxe de fin de estudos de 4º da ESO, que desta volta tivo como epicentro a vila xermana de Berlín.

Pero sen dúbida algunha o prato forte foi a representación da obra de teatro “El universo perverso del teatro en verso”, adaptación libre do actor e dramaturgo Rubén Calvete Sam. Magnífico o traballo de interpretación dun grupo de alumnos de 2º de Bacharelato, moi ben dirixidos pola profesora Ana Belén Durán Pernas. Personaxes de teatro nun so acto, un autor que debe cumplir o tremendo encargo que estremecería a calqueira. Para conseguilo o autor pide axuda ás MUSAS. O resultado é un “pastiche” divertido no que Julieta e Romeo conversan con Cyrano de Bergerac, Lady Macbeth ou Mona Lisa. Moita risa, en fin.

A matinal de este último día do curso escolar completouse con diversos xogos populares, nos que participaron activamente alumnos e profesores.

Neste texto non hai mil palabras, pero invitámovos a ver as diversas fotos que o acompañan nunha completa galería, pois sempre unha imaxe vale máis…. Aproveitamos dende a Biblioteca do Xograr para desexarvos unhas felices vacacións, lembrando que aproveitedes ben o tempo e adiquedes sempre algo dese lecer para o interesante mundo da lectura.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Recoñecemento aos máis lectores

No presente curso escolar, 2014-2015, que está a piques de rematar, na biblioteca do Xograr consideramos que os alumnos máis lectores, os que máis libros levaron en préstamo, merecían un pequeno agasallo en forma de recoñecemento. Un detalle para recoñecer o seu esforzo, as súas ganas por aprender máis lendo, por ser habituais da biblio, por levar parte dos seus fondos para disfrutar tranquilamente deles.

Así, un total de oito nenos e nenas, pertencentes a cursos diversos pasaron pola nosa biblioteca para recoller un sinxelo regaliño, cousas útiles e vencelladas directamente con ler e escribir. Aproveitamos por facerlles unha foto de conxunto a todos eles, así como unha individual nun rincón preciso deste espazo que frecuentan…e moito. Deste xeito recoñécese o tempo adicado a ler por parte de Christina Shan, Xu Qun, Damián Comesaña Fernández e Laura González Lemos ( os catro de 1º ESO). Igualmente Laura López Pereiro e Uxía González Gallego, de 3º ESO, e María González Jaramillo, de 4º ESO. Tamén tivo a súa recompensa Sandra García Rivera, de 2º de Bacharelato, que remata agora o seu periplo no noso centro escolar.

A todos e todas eles e elas noraboa e a seguir así, lendo….e moito.

MÁIS COUSAS NESTE MES DE OUTUBRO

Dunha banda unha mini exposición para lembrar a Patrick Modiano, o novelista francés, que ven ser galardoado co Nobel de Literatura 2014. E tamén a Antonio Hernández, outro escritor laureado, desta volta a nivel estatal, co premio Nacional de Poesía 2014.

Proseguimos coa actividade iniciada o curso pasado en torno a un libro cada mes. Neste curso 2014-2015 imos centrala en disciplinas que non sexan lingüísticas e imos implicar nelas a diversos profes (lembramos que ano pasado foi persoal docente e non docente quen aportou a valoración mensual dun libro que lle gustou en concreto). A carón de portería xa hai un taboleiro de cortiza onde está exposto o comentario sobre un particular libro de filosofía. Desta volta ” 1 mes, outubro, ….1 libro de….filosofía”. ¿Será algo de Platón, de Sócrates, de Nietzsche, de Sartre?

PARABÉNS ÁS GAÑADORAS!

Parabéns as alumnas de 3º de ESO Alba García Rodríguez, Nerea Sobrado Folgueiras, Olga Roda Sangil, e Anloiry Pérez Brito  que foron as gañadoras do segundo premio no V CERTAME ESCOLAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, convocado polo Concello de Sarria. A obra presentada levaba por título STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO.  Na fotografía collida da web do Concello, podemos velas no momento da entrega do premio.IMG_3395