Versos escollidos polos alumnos de 1º ESO enchen os taboleiros do IES de rechamantes cores para lembranos ao poeta chairego neste mes de maio. Primavera de papel, palabras que agroman e fan rexurdir a voz de Manuel María polos corredores do Xograr, ledicia dunha primavera que anuncia días radiantes, que conmemora non so un Día das Letras Galegas, senon un post-it para todo o 2016.
Etiqueta: Letras Galegas
Multidisciplina nas letras galegas
UN NADAL PARA LER
Por fin chegou o último día de clase do ano!! Temos por diante un montón de días para recuperarnos do esforzo realizado durante este trimestre. É o momento de festas e celebracións familiares. Pero sempre quedará un rato para adicarlle á lectura. Por se non sabedes que ler, os Departamentos de Francés, Lingua Galega e Lingua Castelá fanvos as seguintes recomendacións:
Lecturas Nadal Castelá – Galego
APADRIÑANDO PALABRAS
O alumnado de primeiro de bacharelato, dirixidos por Ramón Noche, con motivo das letras galegas, veñen de realizar unha activiade de apadriñar palabras.Para iso, escolleron palabras en galego, e con elas fixeron unha nube e aquí vos queda. Ao facer click na imaxe aparecerá a actividade.Os puntos azuis son enlaces ás entradas dos rapaces co seu traballo.
MOITAS GRACIAS A RAMÓN NOCHE E AO ALUMNADO DE TIC POLA SÚA COLABORACIÓN!!!
TRABALLO DE ALUMNOS E DOCENTES DE GUITIRIZ…
…Mostrando o que se pode facer dende o ensino público, ao tempo que propoñendo que as Letras Galegas do 2014 sexan dedicadas ao poeta lucense Díaz Castro.
Parabéns dende a biblioteca do Xograr para os compañeiros e alumnos do IES de Guitiriz.
COUSAS DE FINAIS DE MAIO
Nesta recta final do curso algunhas cousas que tíñamos pendente de subir ao noso blog. Dunha banda a celebración das letras galegas, que levamos a cabo mezclando materiais varios e que levou a diversos alumnos polos pasillos da biblioteca respondendo a un cuestionario preparado polos docentes de galego.
Doutra, a final do torneo de xadrez, proposto por alumnado de 4º da eso, organizado en colaboración con vicedirección e que tivo como gañador a Miguel Ángel Díaz Franco, de 4º de ESO B, que superou na final a César Vila. Noraboa!!!
ACTIVIDADES SEMANA LETRAS GALEGAS
Diversas actividades desenvolvéronse no noso instituto co gallo das Letras Galegas 2012. Dunha banda a exposición sobre Paz Andrade, que amosaba información interesante sobre a súa vida e obra. Doutra, a conferencia do escritor lucense Xesús Manuel Marcos, autor de diversas obras en lingua galega. A maiores a saída do número 12 da revista “Aquí e Agora” e unha actividade de dinamización arredor da figura este ano homenaxeada, dirixida a alumnado de 1º e 2º da ESO.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
A BIBLIOTECA OFRÉCEVOS ( GRAZAS ANA BELÉN!!!) ESTE COMPLETO POWER POINT SOBRE A VIDA E OBRA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE, A QUEN SE LLE ADICAN AS LETRAS GALEGAS DO 2012.