Novas da biblioteca

* Carnets

Procedeuse a entregar todos os carnets aos alumnos novos no centro, fundamentalmente dos cursos 1º ESO, 1º Bacharelato, 1º PCPI e 1º Ciclo Medio de Atención Sociosanitaria. É importante verificar que o número do DNI é correcto, de non ser así pasar nos recreos pola biblioteca para correxilo. Igualmente se hai alumnos novos noutros niveis ( 2º,3º,4º ESO, 2º Bacharelato…)  pasar nos recreos para solicitar dito documento.
—————————————————————————————————————————
* Libros lectura obligatoria
Imos poñendo na sección ” lecturas programadas” os libros de lecturas obligatorias das diferentes materias que así o determinaron. Xa tedes os de Lingua Castelá para todo o curso, así como os de Galego do 1º trimestre.  Lembramos que tedes exemplares a vosa disposición na biblioteca, ubicados agora nunha estantería a carón da mesa do profesor.
—————————————————————————————————————————
* Aportar todos e todas

A carón da conserxería existe un taboleiro de cortiza onde podedes aportar novas moi variadas que consideredes de interese para a comunidade escolar. Preténdese que sexan profesores,  alumnos,  persoal non docente,  pais e  nais os
que aporten cousas a este taboleiro e que permítase afondar nelas buscando información na biblioteca. Considerase que a permanencia ideal de cada noticia é unha semana.  Grazas pola colaboración.

VISITAS GUIADAS

Procedeuse a dar a coñecer a biblioteca aos novos alumnos, a través de sinxelas visitas en plan didáctico. Búscase crear hábitos de uso dela nos novos estudantes do Xograr, coñecendo emprazamentos,  prazos,  permisos,  actividades complementarias,  medios ao seu alcance, etc .

 

30 de setembro: Día Internacional da Tradución

Coincide co  día de falecemento de San Jerónimo, considerado como o primeiro tradutor e o patrón de quen se dedica á tradución. San Jerónimo traduciu a Biblia ao latín, por alá no 383 d.C., versión denominada “Vulgata” (probablemente chamada así porque o latín era a lingua do pobo, e até ese entón a Biblia soamente atopábase dispoñible para quen coñecían o grego e o hebreo) e, ademais, fixo toda unha defensa da súa tradución na época, cun documento que se considera como o primeiro tratado de traductología . Para conmemorar o Día Internacional da Tradución, propoñémoste que descubras en que linguas están as  seguintes gregerías de RAMÓN GÓMEZ DE LA SERNA.

¿Xogas?

“Como daba besos lentos, duraban más sus amores”

“Como daba bicos lentos, duraban máis os seus amores.”

如确实慢的吻,持续了对他们的爱。

Musu geldoak ematen zituen, gehiago irauten zituzten haren maitasunak

Como dava beijos lentos, duravam mais seus amores.

 “وكما كان بطيئا القبلات، واستمر حبهم لفترة أطول.”

 

 “Los globos de los niños van por la calle muertos de miedo”

 Os globos dos nenos van pola rúa mortos de medo.

The globes of the boys go by the street died of fear.

 Les globes des enfants vont par la rue morts de peur.

Els globus dels nens van pel carrer morts de por.

Глобусы уличных детей боятся смерти.

  

“El sueño es un depósito de objetos extraviados”

O soño é un depósito de obxectos extraviados

O sonho é um depósito de objectos extraviados.

Loa objektu galduen gordailu bat da

Le rêve est un dépôt d’objets égarés.

Il sonno è un repository per la perdita

 A maiores da información e o xogo que tedes neste blog, a carón da biblioteca atoparedes unha sinxela exposición con frases nun montón de linguas ( galego, castelán, francés, inglés, latín, grego, catalán, vasco, marroquí, etc) froito do traballo realizado por alumnos de diversos niveis coordinados por varios profesores deste centro. 

O pase de diapositivas require JavaScript.

BENVIDOS Á BIBLIO

Un novo curso acaba de arrincar e dende a biblio dámosvos á benvida. Aquí tedes o horario de atención ao alumnado por parte do grupo de profesores que forman parte o equipo
PRÉSTAMOS E DEVOLUCIÓNS
Como sabedes doutros anos os préstamos e devolucións de libros, películas, outros fondos fanse exclusivamente en horario de recreo, é dicir de 11h15 a 11h45 de luns a venres. Grazas por respetalo e facilitar así o traballo dos profesores e profesoras da biblioteca.
 
COLABORACIÓN
Agradécese a todos e todas que cando estedes na biblioteca abrades todas as persianas para que entre luz natural. É unha forma de aforro de enerxía e de evitar un espazo con moita calor pola luz artificial. Igualmente se saides e non queda ninguén apagar as luces si estivesen encendidas. Grazas anticipadas
 
MEDIOS E NORMAS
Na biblioteca tedes a vosa disposición (ordenadores con conexión a internet), xogos de mesa variados e un equipo de música para escoitar baixiño ou con auriculares. Lembramos que para usar os ordenadores ten que ser cando hai profesorado de garda na biblioteca e tedes que cubrir unha folla con certos datos que se piden e que está nunha libreta xunto a eles. O mesmo pasa cos xogos, para xogar con eles ou levalos á clase, hai que cubrir uns datos e tachalos cando se devolve. Para o equipo de música tedes o mesmo sistema e existe un libriño onde indícase o seu funcionamento. GRAZAS POR CUBRIR ESAS FOLLAS E RESPETAR CORRECTAMENTE AS NORMAS
 
VISITAS DE COÑECEMENTO
En breve os alumnos novos no centro  (1º ESO, 1º Bacharelato, 1º PCPI, 1º Ciclo Formativo) serán citados na biblioteca para coñecer as súas instalacións e o funcionamento das mesmas, puidendo posteriormente facer un correcto uso delas.
 
CARNETS
Estase traballando xa na elaboración dos carnets de biblioteca para todo o alumnado, profesorado e persoal non docente novo no centro. En canto estean todos, entregaranse a cada un. Lembrade que o número do carnet ou do DNI é necesario para os préstamos de fondos.
 
CURRUNCHO PRENSA
No vestíbulo do instituto, xunto no curruncho debaixo das escaleiras, está habilitada unha zona para a lectura de xornais, revistas, publicacións cotidiáns. Agradécese que o deixedes ordenado, seguindo as indicacións alí postas.