III RECITAL POÉTICO VISUAL “CLÁSICOS DE SEMPRE”

O venres 29 de abril celebramos o Día do Libro cun espectáculo que levaba por título “Clásicos de sempre”.

Aquí vos deixamos o programa, un vídeo no que se recollen os momentos máis significativos e cinco  traballos  audiovisuais que co gallo deste día elaboraron algúns alumnos de 4ESO e 2ºBAC, dos que  debemos salientar a súa orixinalidade .

II RECITAL POÉTICO VISUAL

O xoves  30 de abril , como estaba anunciado,  o XOGRAR celebrou o “Día do Libro”. A proxección dos  traballos  audiovisuais realizados polos alumnos  foi  seguido  do II RECITAL POÉTICO-VISUAL que  un ano máis,  e a pesar  dalgunhas dificuldades técnicas,  permitiron saborear  o  bo facer  dos  alumnos  do centro  que  mostraron  como a  poesía  pode  servir  para  estimular  a  creatividade  e   permitir  un  disfrute  multisensorial da  mesma. Vellos textos   revitalizados  por bandas  sonoras actuais e  coreografías   atrevidas  ilustraron  o  recital. As  cualidades  artísticas  do  alumnado quedaron  patentes  e  despertaron  o  aplauso  de  toda a   comunidade. Na actuación  tamén  houbo  espacio para  a  sorpresa coa  que   algún  profesor  quixo  animar  ao alumnado  para  futuras  colaboracións.

Dende   a  Biblioteca  queremos  dar  as  gracias  a  todos  os   alumnos  que  participaron e  a  todos  os  profesores   que  convertiron  a  celebración  nunha  actividade  multidisciplinar, posible  gracias  a  colaboración de  diferentes   departamentos.

Podedes ver algúns dos traballos audiovisuais realizados polo alumnado:

AVENTURA DE LOS MOLINOS DE VIENTO

(Pablo Cachafeiro, Joel Cortado, Iñaki Fernández)

VIVAMOS COMO LECTORES

(LAURA LÓPEZ PEREIRO)

TIPOS DE LECTORES

(EVA MELLE)

 

DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO 2015

(Fernando Flores, Imanol Corredoira)

PROGRAMA DIA DO LIBRO

23 de Abril: Día do libro

“Ler é medrar”

“A RAE recomenda: ler prexudica a iñorancia”

“Entre libros, está ben visto  ser gordos”

Como todos os anos, o corredor da Biblio do Xograr énchese de primavera libresca onde os lemas creados para animar a ler e reivindicar a  importancia do libro, volven  facerse novos pola orixinalidade  coa que se plasman en manualidades,  carteis ,  murais e tamén audiovisuais. Os traballos  presentados  polos alumnos  lémbrannos que  a capacidade creativa coa que traballamos só precisa ser estimulada un chisco para  manifestarse. Cada ano fanse novos vellos lemas que  aínda que xa son coñecidos de todos , permiten  a reflexión sobre a raigame libresca da nosa cultura. Ademáis , neses traballos pódense apreciar as tendencias e preferencias  lectoras do noso alumnado que  está moi enganchado  coas sagas  de ficción máis recentes pero que segue  mostrando unha gran admiración por  aqueles  libros  que   os  conectaron  co  universo da ficción. O material  audiovisual elaborado para a ocasión será  feito público  o vindeiro 30 de abril, data elexida para   conmemorar  o “Día do Libro”. Nesa  celebración  a proxección dos  traballos  elaborados polos alumnos   irá   seguida  do II Recital Poético-Visual que agardamos teña tanto éxito como o  do  ano pasado.

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

O venres 25 de abril, no salón de actos do noso instituto, levouse a cabo a celebración do Día do Libro. Este ano ademais da exposición dos murais, carteis e manualidades realizadas polos alumnos e que xa vén sendo unha tradición do Xograr, proxectáronse tres traballos audiovisuais realizados por diferentes alumnos de bacharelato. Despois asistimos a un Recital Poético Visual no que participaron alumnos de ESO e de Bacharelato e que foi dirixido polos Departamentos de Educación Física, Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá.

Podedes ver o Programa e un vídeo do acto de celebración.

PROGRAMA

 

Moitas grazas a todos pola vosa participación!

EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO DÍA DO LIBRO

Como é tradición,  hoxe 23 de abril conmemoramos o Día do Libro cunha exposición no corredor, dos murais, composicións , carteis, lemas, etc,  realizados polo alumnado do noso centro. Aquí vos deixamos as imaxes dalgúns dos traballos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

DÍA DO LIBRO

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Como  vén  sendo  tradición , o  IES XOGRAR  AFONSO GÓMEZ  de  Sarria  celebra  o   Día    do  Libro  (23  de  abril)  coa  inauguración  da      exposición  de   carteis  e  manualidades  e  a  proxección  de   dúas  cortometraxe: ”Los  escritores  justicieros”“Adicción fatal” elaborados  polos  alumnos  do  centro.  Esta  exposición  poderá  ser  visitada   ó  longo de  todo  o  mes  de  abril   no  horario  de  recreo  do  centro (11:15  a 11:45). Na  entrada  do  mesmo   e  coincidindo  coa  “Semana  do Cómic”  o  centro  alberga  unha   mostra  antolóxica    para  todas  as   idades, en linguas tan dispares como galego, castelán, francés e inglés, que   pretende   revitalizar     o  consumo   deste   xénero  clásico  entre  toda  a comunidade  educativa .

EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO

Co gallo do día do libro, que como todos sabedes, celébrase o 23 de abril, a nosa biblioteca e os seus pasillos colindantes acollen unha magnífica e completísima exposición de traballos relacionados co libro e con esta efeméride. En breve subiremos fotos dalgúns destes traballos ó noso blog, pero de momento invitámosvos a visitala tranquilamente.