FIN DE CURSO

Moitas e variadas cousas no festival fin de curso 2014-2015, que pasamos a contarvos.

Dunha banda a presentación da nosa revista “Aquí e Agora”, que chegaba ao número 15. Pechábase un ciclo coa marcha de noso centro escolar de Carmela Cela, Eva Melle e Beatriz López, que formaron parte durante anos da redacción da mesma. O curso que ven a nosa instaurada publicación seguirá coas súas interesantes entrevistas, reportaxes, críticas, co resto do equipo – moi ben coordinado polas profes Lola Chaos e Esperanza Fernández – e seguro que con novas incorporacións.

Doutra coa entrega do premio ao gañador do Concurso Literario, impulsado polo Departamento de Galego. Recaiu no alumno de 4º de ESO, David Vila Lemos, que recibiu uns detalles como ben merecida recompensa.

Igualmente coa visualización dun completo e curioso video elaborado no discurrir da interesante viaxe de fin de estudos de 4º da ESO, que desta volta tivo como epicentro a vila xermana de Berlín.

Pero sen dúbida algunha o prato forte foi a representación da obra de teatro “El universo perverso del teatro en verso”, adaptación libre do actor e dramaturgo Rubén Calvete Sam. Magnífico o traballo de interpretación dun grupo de alumnos de 2º de Bacharelato, moi ben dirixidos pola profesora Ana Belén Durán Pernas. Personaxes de teatro nun so acto, un autor que debe cumplir o tremendo encargo que estremecería a calqueira. Para conseguilo o autor pide axuda ás MUSAS. O resultado é un “pastiche” divertido no que Julieta e Romeo conversan con Cyrano de Bergerac, Lady Macbeth ou Mona Lisa. Moita risa, en fin.

A matinal de este último día do curso escolar completouse con diversos xogos populares, nos que participaron activamente alumnos e profesores.

Neste texto non hai mil palabras, pero invitámovos a ver as diversas fotos que o acompañan nunha completa galería, pois sempre unha imaxe vale máis…. Aproveitamos dende a Biblioteca do Xograr para desexarvos unhas felices vacacións, lembrando que aproveitedes ben o tempo e adiquedes sempre algo dese lecer para o interesante mundo da lectura.

O pase de diapositivas require JavaScript.

ACTIVIDADE MOI DIVERSA NO FIN DE CURSO

Para rematar o curso diversas actividades, moi variadas todas elas, sentindo ben que non poidera ter lugar unha prometedora exhibición de patinaxe.

 Dunha banda alumnos de Francés 1º de Bacharelato prepararon na cociña uns suculentos “croque-monsieur“, emparedados típicos da gastronomía gala.KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Moi divertida estivo a obra de teatro La locura de don Sancho”, interpretada por un grupo de 2º de bacharelato.

 

Asemade a habitual presentación da revista ” Aquí e Agora”, que neste curso 2012-2013 alcanzou o seu número 13 e da que podemos gozar online  AeA 13.

 

Innaugurouse  un mural feito por alumnos de 4º da ESO dirixidos pola profesora María José Santiso,  no edificio 2.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Non faltou a música, moi diversa e de xéneros dispares, interpretada por alumnos de 3º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.