Como vén sendo tradición , o IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ de Sarria celebra o Día do Libro (23 de abril) coa inauguración da exposición de carteis e manualidades e a proxección de dúas cortometraxe: ”Los escritores justicieros” e “Adicción fatal” elaborados polos alumnos do centro. Esta exposición poderá ser visitada ó longo de todo o mes de abril no horario de recreo do centro (11:15 a 11:45). Na entrada do mesmo e coincidindo coa “Semana do Cómic” o centro alberga unha mostra antolóxica para todas as idades, en linguas tan dispares como galego, castelán, francés e inglés, que pretende revitalizar o consumo deste xénero clásico entre toda a comunidade educativa .