Eran as 6 da mañá do día 15 de maio cando un grupo de 23 alumnos do nosos centro, acompañados por Antonio e Jorge, iniciamos unha viaxe que nos levou, en primeiro lugar, a Coímbra para visitar o “Portugal dos Pequeniños”. O certo é que quedamos todos abraiados do curioso das construcións cheas de historia do pasado do país veciño. Tras comer alí , visitar a sede da que foi a mellor Universidade de Portugal e andar polas rúas empinadas e estreitas, emprendimos viaxe a Salamanca. Aproveitamos para disfrutar da “movida” nocturna de Salamanca e a verdade é que todo invitaba a pensar que tamén paga a pena dedicarse a esto do estudio. Pasamos a noite na Residencia Universitarioa dos Pais Reparadores para xa durante a mañá facer un percorrido pola cidade. Estivemos na Praza Maior, na Catedral, na Pontificia, e atopamos a famosa “ra”. Comimos en ruta, e tras parar un momento en Ponferrada, chegamos a Sarria sobre as 9 da noite. Cansos, pero satisfeitos.
Categoría: VISITAS DIDÁCTICAS
VISITA DO ALUMNADO DO IES VILAR PONTE DE VIVEIRO
Un grupo de alumnos e alumnas do IES VILAR PONTE de Viveiro, viñeron a Sarria para coñecer a aqueles alumnos do noso centro cos que se viñan carteando dende o mes de decembro. Na seguinte, a nosa colaboradora Esther, cóntanos a súa experiencia: O intercambio
Aquí tedes algunhas fotos da excursión que fixeron a Samos:
[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/intercambio/59ddabbe.pbw" width="480" height="360"/]
RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO DE LUGO
Os alumnos de 2º de ESO fomos o pasado xoves, 24 de abril, ao Museo de Lugo para participar nas Rutas Literarias polo Museo.
Unha rapaza moi amable explicounos en que consistía a actividade: repartímonos en catro grupos, e tiñamos que ir buscando a resposta á 20 preguntas que viñan nun caderniño que nos deu a cada un de nós. Todas as solucións atopábanse ou ben nas diferentes salas do museo ou ben nun libro que nos deran días antes e que case todos léramos. O grupo que menos erros cometeu (só dous) recibiu un pequeño agasallo, aínda que esto non foi o importante, senón o ben que o pasamos seguindo as pistas e actuando como detectives.
Aquí podedes ver algunha foto de grupo porque non se podían facer dentro das salas do museo.
[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/926983a9.pbw" width="400" height="300"/]
E xa que estamos no Museo podemos aproveitar para visitar as salas 29, 30, 31 e 32 onde están expostas as obras do Proxecto Abertal: 99 artistas lucenses do século XXI, entre os que se atopa a profesora do noso centro Mª José Santiso.
VIAXE DE FIN DA ESO A PARÍS
XA ESTADES DE VOLTA E POLA EXPRESIÓN DA VOSA CARA, MERECEU A PENA!
ANIMÁDEVOS A COMPARTIR ALGUNHA DA VOSAS EXPERIENCIAS, CONTÁNDONOS OS LUGARES QUE VISITASTES, O QUE MÁIS VOS IMPRESIONOU…
[kml_flashembed movie="http://w259.photobucket.com/pbwidget.swf?pbwurl=http://w259.photobucket.com/albums/hh281/biblioxograr/c9cca6ab.pbw" width="400" height="360"/]
Esther cóntanos…
VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA
Os alumnos de 3º de ESO estiveron o pasado 31 de marzo en Santiago de Compostela. Asistiron a un Concerto Didáctico de Mercedes Peón no Auditorio de Galicia, e realizaron unha visita guiada á Catedral. Por certo!, o Pórtico da Gloria está a ser restaurado. Pronto poderémolo ver coas cores orixinais que accidentalmente se perderon cando os británicos lle fixeron un molde para reproducilo.
VISITA Ó PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO
O alumnado de 4º de ESO que ten “Medioambientais”, vén de realizar unha visita ó Parque Eólico Experimental de Sotavento. Tres alumnas nos contan a súa experiencia.