” Jour du Croque-Monsieur. Día do emparedado de xamón e queixo”

10-Invitación croque monsieur

O alumnado de 2º de Bacharelato de Francés rematou a súa estadía no centro escolar elaborando os habituais “Croque-Monsieur”, emparedados moi parisinos, con queixo, xamón e unha pasta feita con masa e ovo. Desta volta, ademáis de ofrecer na sala de profesores como viña sendo habitual, habilitouse un espazo para que quen quixera os probara no tempo de lecer.”
Deixámosvos a receta, así como o cartel que convidaba a probalos.

0-Recette croque.-monsieur1

COMPRENSIÓN LINGÜÍSTICA E COCIÑA

Recta final do curso con actividades variadas, que buscan máis ben o apartado lúdico. Hoxe mércores 17 de xuño tocou lectura en lingua francesa….na cociña do noso centro escolar. Tratábase de ler e comprender unha sinxela receita da cociña gala e poñerse posteriormente mans…á obra, mellor dito mans…aos fogóns. Deste xeito os alumnos de 1º de Bacharelato que cursan Francés-2 fixeron os coñecidos “Croque-Monsieur”, un emparedado con xamón cocido, xamón serrano, nata, ovo e queixo raiado. E ademáis de degustalos eles mesmos invitaron a persoal docente e non docente do noso instituto a que os probaran. Non quedou ni un, co cal podemos entender que estaban bos…ou que se fixeron poucos. Deixamos unha foto e, por suposto, a receita.
Bon appétit!Croque monsieur 2015

ACTIVIDADE LINGÜÍSTICA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Trinta e sete alumnos  do IES Xograr Afonso Gómez  pertencentes a 3º e 4º da ESO, así como a 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade lingüística no Camiño de Santiago, ao seu paso por Sarria,  proposta polo departamento de Francés, e que tivo lugar o pasado 30 de abril.

 A primeira parte da actividade consistía en entrevistarse con persoas habitantes de Sarria,  que por razóns de variada índole – familiar, traballo, emigración, sociais, culturais, etc. –aprenderan francés no seu momento e o empregan con asiduidade nas súas cotiás ocupacións laborais. Para ilo contouse coa colaboración de persoas de Bar Camiño Francés, Restaurante Mesón Tapas, Restaurante Matías Locanda Italiana, Restaurante O Chanto, Hotel Alfonso IX, Hotel Vila de Sarria, Albergue Monasterio La Magdalena e Oficina de Turismo de Sarria, que prestáronse a axudar amablemente nesta tarefa pensada con finalidade pedagóxica.

 A segunda parte desta actividade lingüística consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da senda xacobea ó seu paso por Sarria, dende Vigo de Sarria ata a Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polas persoas que fan este itinerario, como son as estacións de bus e tren, os supermercados, o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo era falar con eles en francés, preguntándolle por aspectos da súa viaxe, vivencias que se podían recoller en papel e lapis ou ben recorrer ás novas tecnoloxías, é dicir cámaras dixitais de imaxe ou vídeo, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, etc.

 Un cuestionario gramatical, baseado en diversos monumentos de Sarria, foi a terceira parte desta actividade realizada nunha época do ano na que os peregrinos empezan a encher o camiño, sendo estranxeiros boa parte deles.

UN NADAL PARA LER

estrella-arbol-navidad-287060_1440x900Por fin chegou o último día de clase do ano!! Temos por diante un montón de días para recuperarnos do esforzo realizado durante este trimestre. É o momento de festas e celebracións familiares. Pero sempre quedará un rato para adicarlle á lectura. Por se non sabedes que ler, os  Departamentos de Francés, Lingua Galega e Lingua Castelá fanvos as seguintes recomendacións:

 Lecturas Nadal 2014-Francés

Lecturas Nadal Castelá – Galego

 

Teatro en francés e actividade de simulación para alumnos sarrianos en Lugo.

Vinte e cinco alumnos de Francés segunda lingua estranxeira, que cursan os seus estudos no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, nos niveis 3º e 4º da ESO, e 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade pedagóxica-cultural proposta polo departamento de Francés. Para iso desprazáronse a Lugo o pasado martes 25 de novembro, onde traballaron e se divertiron durante toda a mañá.

 

Dunha banda asistiron a representación teatral de “Mon isménie”, adaptación do vodevil do autor Eugène Labiche, peza escrita en 1852. Xirou arredor de Vancouver, un pai moi celoso que pon unha morea de inconvenientes a súa filla Isménie para casarse.

 

E doutra banda, os alumnos participaron nunha actividade de simulación. Divididos en seis grupos uniformes, cun diverso material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia, os estudantes xograrinos debían ir descubrindo unha serie de pistas sobre a cidade das murallas, e poder así responder a unha batería de preguntas sobre temáticas dispares.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

TEATRO E ACTIVIDADE DE SIMULACIÓN PARA ALUMNOS DE FRANCÉS EN LUGO

Un total de 31 alumnos de Francés segunda lingua estranxeira, pertencentes a 3º e 4º da ESO, así como a 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade proposta polo departamento de Francés do noso centro. Para iso desprazáronse a Lugo, onde pasaron unha mañá enteira, soleada pero fría.
 
Por unha banda asistiron a representación dunha obra de corte clásico ambientada na Francia do século XVII. Era o caso dunha comedia do coñecido dramaturgo galo Molière, titulada “Tartuffe”, adaptada para un público adolescente, e que trataba temas como a hipocresía, os matrimonios de conveniencia ou os falsos devotos entre outros.
 
E doutra, unha doble actividade de simulación. Traballando en grupos de 4/5 alumnos, cun material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia, os alumnos do Xograr debían ir descubrindo unha serie de pistas e respondendo a unha serie de preguntas, entregando ao final da mañá o resultado por escrito deste traballo colectivo.
 
Podedes ver unha serie de fotos da obra de teatro, da actividade de simulación e do grupo de alumnos participantes.

O pase de diapositivas require JavaScript.