Unha fábrica de Conservas, un Barco Museo, o Eucaliptal de Chavin… Dende aqui invítámosvos a todos-as alumnos-as de 3º da eso a que nos contedes todo o que visitachedes o pasado día 25. Tedes que convencernos, ós profesosores, de que merece a pena que invistamos parte do noso tempo libre en acompañarvos de excursión. Vale??
Un comentario en “VIAXE Á MARIÑA LUCENSE”
Os comentarios están pechados.
O obxectivo que ten unha educación non é conseguir que os estudantes aproben, senón que garden nas súas memorias coñecemos de tido tipo que lles vaian ser útiles nun futuro (aínda que a segunda cousa trae consigo a primeira). Unha hora de chape serve para contestar as preguntas do exame do día seguinte, pero non para acordarte do que estudaches pasados uns días. Cando imos de excursión temos a opurtunidade de ver, tocar, ulir… e todas esas cousas que fan que algo nos chame a atención o suficiente como para que o recordemos pasado o tempo. Podo garantizarvos que sempre me quedaron datos útiles de cada saída que fixen na escola e que teño por seguro que non vou esquecelos. Grazas a esta excursión sei como se fai para averiguar os anos dun eucalipto e por fin dei sabido por que o atún en lata do Carrefour é máis barato que o doutras marcas a pesares de fabricarse moitas veces no mesmo sitio. Resulta que o truco está no peso escurrido… vamos, que as latas das marcas dos supermercados teñen máis aceite e menos peixe.
A parte disto teño que dicir que o Eucaliptal de Chavín me impresionou moito e que mereceu a pena ir soamente polo cheiro a follas de eucalipto molladas. As cores do outono estaban alucinantes. Na conserveira resolvéronme esa dúbida que levaba tanto tempo mantendo ocupadas as miñas neuronas e o Barco Museo estivo ben excepto polo cheiro, que non era moi agradable (mestura de salitre, combustible, peixe…).
Está claro que mereceu e merece a pena facer saídas e que para nada son horas perdidas.
Apertas!