O xoves 30 de abril , como estaba anunciado, o XOGRAR celebrou o “Día do Libro”. A proxección dos traballos audiovisuais realizados polos alumnos foi seguido do II RECITAL POÉTICO-VISUAL que un ano máis, e a pesar dalgunhas dificuldades técnicas, permitiron saborear o bo facer dos alumnos do centro que mostraron como a poesía pode servir para estimular a creatividade e permitir un disfrute multisensorial da mesma. Vellos textos revitalizados por bandas sonoras actuais e coreografías atrevidas ilustraron o recital. As cualidades artísticas do alumnado quedaron patentes e despertaron o aplauso de toda a comunidade. Na actuación tamén houbo espacio para a sorpresa coa que algún profesor quixo animar ao alumnado para futuras colaboracións.
Dende a Biblioteca queremos dar as gracias a todos os alumnos que participaron e a todos os profesores que convertiron a celebración nunha actividade multidisciplinar, posible gracias a colaboración de diferentes departamentos.
Podedes ver algúns dos traballos audiovisuais realizados polo alumnado:
AVENTURA DE LOS MOLINOS DE VIENTO
(Pablo Cachafeiro, Joel Cortado, Iñaki Fernández)
VIVAMOS COMO LECTORES
(LAURA LÓPEZ PEREIRO)
TIPOS DE LECTORES
(EVA MELLE)
DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO 2015
(Fernando Flores, Imanol Corredoira)