Animadevos a ler algún dos títulos que tedes na estantería xunto á sa de profesores e a facer un pequeno comentario neste blog
Grazas!!!
Animadevos a ler algún dos títulos que tedes na estantería xunto á sa de profesores e a facer un pequeno comentario neste blog
Grazas!!!
Aquí tedes un documento en pdf con pequenos comentarios resumo sobre as recentes adquisicións do Club de Lectura Adultos ON – LINe
Títulos CL Adultos – Febreiro 2018
Igualmente dispoñedes dun pequeno bloc con dita guía en papel, que vos permita ao mesmo tempo saber algo máis de cada unha desas obras antes de decantarse por ista ou por aquela
Boa lectura a todos…e a facer moitos comentarios neste blog
Que como sabedes é o outro Club Lector que temos no Xograr. Adicado aos adultos, pensado pois para profesores, persoal non docente, paism, nais, avos. Dispón dunha considerable lista de libros que imos colocando nunha estantería a carón da sala de profes. E igualmente na lapela correspondente que temos neste blog .
( https://biblioxograr.wordpress.com/club-lectura-on-line/
Anímate a participar. Escolle un título que che guste e procede a súa lectura. Despois, anímate a escribir un comentario sobre dito texto e publicalo neste blog….como xa fixeron unhas cantas persoas. Grazas pola colaboración
Atención pais , nais, profesores, persoal non docente:
Acabades de terminar a lectura dun libro e non sabedes que ler? Desde o club de lectura on-line, deixámosvos algunhas suxestións: autores moi recoñecidos como Murakami, autores galegos como Xabier Quiroga ou Pedro Feijoo, grandes éxitos de vendas como La chica del tren e libros para compartir cos vosos fillos.
Animádevos a contarnos a experiencia da súa lectura, deixando o teu comentario no blog,
Dende o ano pasado está en marcha unha sección de adultos do club de lectura do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria “O Xograr Lector”. Desta volta queremos ampliar a nosa oferta literaria para abordar máis temas e chegar a máis lectores.
Este ano plantexamos dúas propostas ben distintas;
-Unha lectura pensada para ser compartida entre país/nais/fillos/profesores, con finalidade reflexiva e sensibilizadora sobre temas educacionais e relacionais (en este caso o acoso escolar). O libro escollido foi Sin vuelta atrás do escritor Jordi Sierra i Fabra.
-Unha serie de obras sobre distintas temáticas co único obxectivo de disfrutar do pracer de lectura:
LECTURAS RECOMENDADAS-Club Lector Adultos IES Xograr
A nosa biblioteca conta con varios exemplares que poden ser levados en préstamo polos interesados en participar nesta actividade.
As actividades da sección de adultos non son presenciais e consisten fundamentalmente na lectura individual do libro seleccionado e no posterior intercambio de impresións sobre esa lectura. Para aportar esas reflexións de cada un dos lectores hai tres vías:
Dende a biblioteca do Xograr animámosvos a participar. Non é necesario pertencer á comunidade educativa do noso instituto para ler o libro e aportar reflexións. Tamén recibiremos gustosos as propostas de novas actividades literarias. Grazas anticipadas.
Disfruta da lectura dun dos libros propostos e aporta a túa reflexión. Grazas por participar