SUXERENCIAS DE LECTURAS PARA ADULTOS

Atención pais , nais, profesores, persoal non docente:
Acabades de terminar a lectura dun libro e non sabedes que ler? Desde o club de lectura on-line, deixámosvos algunhas suxestións: autores moi recoñecidos como Murakami, autores galegos como Xabier Quiroga ou Pedro Feijoo, grandes éxitos de vendas como La chica del tren e libros para compartir cos vosos fillos.
Animádevos a contarnos a experiencia da súa lectura, deixando o teu comentario no blog, 

Títulos propostos

Club Lector Adultos – On Line

Como ven sabedes dispoñemos dunha variante do Club Lector, pensado para adultos e en versión non presencial, é dicir “On-Line”. Estamos traballando para que participen canto máis membros da comunidade escolar que reunan ditos requisitos, é dicir profesores e profesoras, persoal non docente, pais e nais.

Para iso elaboramos unha completa lista de títulos, en galego e castelán, que xa están á disposición dos interesados, tanto na zona adicada aos libros do Club Lector na biblioteca, como nun segundo espazo adaptado “ad hoc” na propia sala de profesores.

Cómo participar? Sinxelamente escollendo un título da citada lista e disfrutando coa súa lectura. Unha vez rematada a mesma, estaría ben animarse a escribir un pequeno comentario sobre dito libro no blog da biblioteca (https://biblioxograr.wordpress.com/). É moi sinxelo, como ben se mostra na imaxe que xuntamos. Anímate!!! Grazas por participar!!!

Podedes ver as suxerencias do club de lectura o -line na nova pestana.

 

A NETA DO SEÑOR LINH

CLUB ADULTOS

Para deixar un comentario sobre a obra neste blog só tes que premer ao fondo deste artigo en

Deixar un comentario.

Abrirase unha fiestra para que escribas o que nos queiras contar no cadrado que aparece baixo o epígrafe

Deixar unha resposta.

É necesario ter unha dirección de correo electrónico que non será publicada. Cando o teñas rematado, só tes que premer en

Enviar o  comentario.