MÁIS COUSAS EN FEBREIRO

Avanza o mes máis curto do ano. Nembargantes está sendo un mes moi rendible no que atinxe ás actividades e cousas que viñemos facendo na biblioteca. Xa vos contamos noutra entrada todo o relacionado coa semana da Paz, tanto en texto, como en fotos e vídeos, co cal cumpre agora informar doutras actividades.

Continuamos coa nosa serie de libros por mes, o deste mes un texto de moito “ritmo”, do cal xa tedes o comentario no correspondente taboleiro de cortiza a carón da aula de informática. Falando de libros estamos nunha época do ano onde están chegando boa parte dos fondos que mercamos. Deste xeito novidades moi diversas están sendo colocadas nas diversas estanterías do pasillo, para que as podades consultar e se vos interesa levar en préstamo.

Como acontecerá en cursos precedentes, o tempo do recreo está sendo o momento elexido polos amantes dese deporte de tanta concentración chamado xadrez para desenvolver as súas partidas. Un torneo no que participan fundamentalmente alumnos de 2º e 3º ESO, e que ten reservada as mesas que habitualmente utilízanse para xogos didácticos e lectura de revistas.

Seguindo con feitos nos que a biblioteca está impricada, tivemos a honra de acoller a todo o alumnado de 6º de Primaria pertencente aos colexios de Samos, O Incio e Triacastela, así como o CEIP Frei Luis, da nosa vila de Sarria. Nun par de meses empezan o seu periplo pola ESO e quixeron coñecer o IES Xograr. Un das dependencias nas que estiveron un bo rato e onde escoitaron e preguntaron foi a biblioteca, onde coñeceron con detalle todo o que nela poden atopar como estudantes e membros da comunidade escolar.


Febreiro tamén é un mes onde se celebra unha data moi especial. Falamos do 14 de febreiro, que desta volta cae en sábado, e ainda por riba coincide co Antroido. O día dos Namorados supuxo poder ver o esforzo feito polos alumnos do Departamento de Latín, de 1º de Bacharelato, que realizaron un traballo baseado en citas clásicas relacionadas co amor. E tamén a posibilidade de deterse nunha sinxela exposición con libros en galego e castelán, poesía e prosa, todos eles vencellados directamente con dita celebración, que vai moito máis aló ca a difundida actividade comercial.

HAI MOITO AMOR NA NOSA BIBLIOTECA……

árboreCo lema  “Palabras que namoran” , dende a Biblioteca  queremos darvos   a coñecer  algúns  dos  poemas  máis  emotivos  e   suxerentes  que  se atopan agochados  nos  libros  de poesía.  Pero  non  só  a  poesía  é  capaz  de   absorvernos,  por  iso  seguimos  coa  nosa  campaña  de  “Namórate  da lectura”,  ofrecendo  diferentes  propostas  que  nos  permitan  amar   tamén  as matemáticas, as  ciencias,  as  linguas…

E aproveitando  o  gancho  mediático  que o  14 de febreiro ten  na  nosa  sociedade de consumo, dende a  biblioteca  queremos   non só  promocionar  a  lectura  de  diversos textos  senón  que  nos  gustaría  propoñémosvos  traballar   a  nosa  intelixencia emocional , tan  fundamental   na  nosa  vida  e  tan   desatendida  no contexto educativo. Estar  ben, sentirse  apreciado, recoñecido  polos  que  nos  arrodean  é   o  que  fai  que  o  día  sexa   fantástico, que aínda  que  non  saia, vexamos  o  sol  e que, cando remata, nos  deitemos  coa  sensación de  que   valeu  a  pena  disfrutar  del.  Daquela,    ao  longo  desta  quincena convidámosvos  a  que     dedes  renda  solta  aos  vosos sentimentos.   e    nos  axudedes  a confeccionar  un  mural  no  que  plasmemos  todo  ese  magma    afectivo que levamos  dentro: unha  poesía , unha postal, unha canción….Todo ten  cabida   sempre  que  teña  que  ver   cunha  vivencia  positiva. Aínda que   ás  calamidades  sempre  estamos  prestos  a  atendelas , compartilas  e  consolalas  , non  hai  necesidade  de   agochar   as  vivencias  satisfactorias  que   renovan  en  cadaquén   a nosa  ilusión pola  vida.

O pase de diapositivas require JavaScript.

DÍA DOS NAMORADOS

Namorados-Xograr-1Para festexar este día tan especial – que por certo ten unha orixe que non é puramente comercial – fixemos unha pequena exposición. Nela podedes atopar dende poemas de amor clásicos, poesías presentadas por alumnas e alumnos de 2º ESO, unha sinxela mostra de películas vencelladas a esta temática, así como libros de divesras literaturas ( española, galega, inglesa, francesa, italiana, etc) que narran historias de amor. Que vos guste!!

ACTIVIDADES VARIADAS

Estes días de principios de febreiro dúas actividades variadas ofértanse na biblioteca. Dunha banda un xogo pedagóxico on line co gallo do día do Día Internacional do Cancro, 4 de febreiro, para tomar conciencia da importancia de cuidar a nosa saúde o máximo posible. E doutra, a semana próxima, unha completa exposición de libros e películas con motivo do 14 de febreiro, o día dos namorados.

Anímate e participa!!!

2ª SESIÓN DO CINEFÓRUM

O Mércores, día 24 de Febreiro, as catro da tarde, no Salón de Actos do noso instituto, terá lugar a segunda sesión do Cinefórum adicado ao tema do Amor co gallo da celebración da semana de San Valentín coa proxeción do filme:

“Brokeback Mountain”

  

TÍTULO ORIXINAL :Brokeback Mountain

ANO: 2005.

DURACIÓN: 134 min.

DIRECTOR Ang Lee

GUIÓN Larry McMurtry, Diana Ossana (Historia: E. Annie Proulx)    

MÚSICA Gustavo Santaolalla                    

REPARTO Heath Ledger, Jake Gyllenhaal, Anne Hathaway, Michelle Williams, Randy Quaid, Linda Cardellini, Anna Faris, Scott Michael Campbell, David Harbour

PRODUCTORA Paramount Pictures / Focus Features / Good Machine / Alberta Filmworks 

 

 

Bodas de sangre

 “EL TEATRO ES LA POESÍA QUE  SE LEVANTA DEL LIBRO Y SE HACE HUMANA.  Y AL HACERSE, HABLA Y GRITA, LLORA Y SE DESEPERA”.

Federico García Lorca.

Continuando coas actividades do “mes do amor” o pasado día 5, tivo lugar na biblioteca outra lectura teatralizada. A obra escollida nesta ocasión foi

BODAS DE SANGRE de FEDERICO GARCÍA LORCA.

Nas fotos podedes ver ao grupo de alumnos e alumnas de 4º que participaron na lectura, xunto coa profesora Ana Belén Durán. Tamén podemos ver a Adrián Abella no papel de “LEONARDO”  loitando contra Pablo Amedo que representaba ao “NOVIO”.

Ao fondo, na pantalla, vemos as imaxes da versión cinematográfica da obra de Lorca que realizou CARLOS SAURA coa coreografía de ANTONIO GADES.

http://flash.picturetrail.com/pflicks/3/spflick.swf

CINEFÓRUM

Co Motivo da chegada  do San Valentín ao IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, coa colaboración do  DEPARTAMENTO DE INTERVENCIÓN E SERVIZOS Á COMUNIDADE,  comprácenos invitar a todos os membros da Comunidade Educativa as sesións de proxeción  e debate de  filmes que representan diferentes enfoques do tema  do amor.
 
A primeira sesión terá lugar o Mércores, día 10 de Febreiro, ás catro da tarde, no Salón de Actos do noso instituto,coa proxeción do filme:

  

inspirada na lenda medieval que relata a historia de amor entre unha princesa e un guerreiro, romance que porá en perigo a fráxil paz entre Inglaterra e Irlanda.

 [kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/k7tFfFQbL8w" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Febreiro: mes do amor

Photobucket

Un dos grandes temas que impulsaron aos  escritores de todos os tempos é o amor. Ao longo deste mes de febreiro, dende a biblioteca, e coa colaboración dos distintos Departamentos imos propoñer actividades relacionadas co tema do amor.Para comezar presentámosvos o concurso: 

FEBREIRO: MES DO AMOR 

No corredor do edificio principal están expostos fragmentos de textos relacionados co amor de importantes autores moi coñecidos por todos vós. Trátase de identificar a que  obra pertencen e quen é o autor ou autora.

Anímate a participar!!!!