GAÑADORAS DO CONCURSO DO DÍA DA BIBLIOTECA

Botou o xurado e xa temos gañadores do noso concurso co gallo do día da Biblioteca, celebrado o pasado 24 de outubro.  Lucía Pombo obtivo un total de 38 puntos, resultando gañadora. A segunda clasificada, con 31 puntos, foi Ana Pérez, correspondéndolle a Leticia López, con 18, o terceiro posto.

Noraboa as gañadoras e grazas a todos pola participación. Podedes ver aquí oas tres primeiros traballos e unha foto das tres estudiantes, as tres por certo de 2º ESO B.


 

EU SON A BIBLIOTECA
 

Agardo en silencio a túa visita, nos meus andeis

reposan centos de libros, cada un deles alberga gran

sabedoría. Mergúllate neles.

Son como unha gran fiestra cos ollos abertos ao

mundo, no meu interior agóchanse grandes segredos.

Vén  descubrilos.

Son como unha árbore chea de pólas, cargadiña de

froitas capaces de nutrir o teu maxín e transportarte

a lugares tan remotos ós que xamais imaxinaches

chegar.

Polas miñas veas corre sangue con sabor a historia, a

arte, a literatura, a ciencia, a música… Son a cultura

feita papeis.

Necesítote preto de min, sen ti son coma unha planta

sen luz, coma unha orquestra sen son.

Tal vez nun futuro non moi lexano, sexa o teu nome o

que apareza escrito nun dos meus libros.

                                                                                      Lucía Pombo 2º B

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 2012-2013, CONCURSO, CONCURSOS, CONMEMORACIÓNS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s