Un mes…. e un libro de Xeografía

No corredor da biblioteca xa está exposta a suxerencia de lectura para este mes de decembro. Para darvos unha pista entresacamos un parágrafo do comentario de profesor Ramón Noche:

“Antonio Tabucchi di no seu libro Viajes y otros viajes que garda o primeiro atlas que tivo coma un tesouro,  para que os seus netos vexan que o mundo non será sempre o mundo que eles coñecen. Quizais iso sexa o máis fascinante dos mapas, que en certo modo conxelan o tempo a base de nomear lugares que en calquera momento poden cambiar de nome, de país, ou mesmo de lugar polo movemento das placas tectónicas do planeta.”

 E descubrimos o libro suxerido no mes de novembro:foto

Cun áxil ritmo narrativo, Juan Carlos Arce describe as intrigas políticas, a corrupción económica do poder e o importante papel da diplomacia vaticana nunha época marcada polo renacer científico.

UN MES (NOVEMBRO)… UN FRAGMENTO… UN LIBRO…

Como cada mes, no corredor que nos leva á biblioteca atoparedes unha nova proposta de lectura. Deixámosvos unha pista sobre o protagonista:

“…Recordó las noches de trabajo, ocupadas en mediciones, en observaciones de estrellas y planetas, en el cálculo de los ángulos, noches de geometría insomne en las que, a veces, se producían hallazgos, atisbos de secretos revelados al pensamiento, a su propio pensamiento, al pensamiento de los hombres.”

E aquí tedes  a portada da lectura que vos propuxemos para o mes de outubro.

El mundo de Sofía

Se aínda non a lestes, non vola perdades!!

MÁIS COUSAS NESTE MES DE OUTUBRO

Dunha banda unha mini exposición para lembrar a Patrick Modiano, o novelista francés, que ven ser galardoado co Nobel de Literatura 2014. E tamén a Antonio Hernández, outro escritor laureado, desta volta a nivel estatal, co premio Nacional de Poesía 2014.

Proseguimos coa actividade iniciada o curso pasado en torno a un libro cada mes. Neste curso 2014-2015 imos centrala en disciplinas que non sexan lingüísticas e imos implicar nelas a diversos profes (lembramos que ano pasado foi persoal docente e non docente quen aportou a valoración mensual dun libro que lle gustou en concreto). A carón de portería xa hai un taboleiro de cortiza onde está exposto o comentario sobre un particular libro de filosofía. Desta volta ” 1 mes, outubro, ….1 libro de….filosofía”. ¿Será algo de Platón, de Sócrates, de Nietzsche, de Sartre?

Un libro, un fragmento, un mes…..

1290963457_0Está exposto no taboleiro  do corredor próximo á biblioteca a lectura recomendada para o mes de febreiro. Trátase dunha das obras máis importantes da historia da literatura universal,  traducida a máis de douscentos idiomas e con máis de 140 millóns de exemplares vendidos no mundo. Xa a liches?

Un libro, un fragmento, un mes

No novo ano continuamos coa iniciativa “Un libro, un fragmento, un mes”, dirixida a todos os membros da El invierno del mundocomunidade educativa. A recomendación para o mes de xaneiro é  “El invierno del mundo” de Ken Follet.

En palabras do lect@r que nola  recomenda: “…la obra resultó un auténtico regalo para este período vacacional que acabamos de disfrutar. Leyendo a Follet somos conscientes de la complejidad del oficio del escritor que además de inventar vidas semejantes a las nuestras es capaz de trasladarnos y movernos por realidades muy distantes y no tan distintas.”…