TERCEIRA REUNIÓN DO CLUB LECTOR

REUNIÓN DO XOGRAR LECTORXa coas cabezas pensando nos exames de xuño, os habituais do Club Lector do IES Xograr Afonso Gómez reuníronse por terceira vez no curso actual, desta volta á correspondente ao derradeiro trimestre do ano.

A obra escollida foi “Muerte a los coches” do escritor Blake Nelson. Para reflexionar sobre esta novela reuníronse un total de doce alumnos e seis docentes, que aproveitaron igualmente para aportar suxerencias lectoras ben dirixidas a este Club Lector como a versión “ON-LIne-Adultos”.

Desta volta, a reunión tivo lugar no patio do instituto, convertido para a ocasión nun pequeno foro de discusión. E para ser consecuente co título do relato nos coches dos profesores colocáronse sendas esquelas funerarias indicado o R.I.P. do modelo ( Golf, 306, Altea, Xsara..)

 

Un comentario en “TERCEIRA REUNIÓN DO CLUB LECTOR”

  1. A tarde soleada invitaba a trasladar a reunión do Clube Lector a un espazo aberto. Así que, cambiamos a habitual biblioteca polo noso patio. Fructífero encontró de alumnos e profes arredor dunha obra tan singular como “Muerte a los coches”, que permitiunos tamén coñecer moitas suxestións literarias dos participantes. Grazas a todos por participar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: