Por que os legumes?

O alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía INVESTIGA as razón polas que os legumes foron elixidos coma protagonistas deste ano. Expoñen o seu traballo en formato cartel para contribuir aos obxectivos da ONU dándoo a coñecer a toda a comunidade educativa

Seguindo o lema “Sementes nutritivas para un futuro sustentable”, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 2016 Ano Internacional dos Legumes, durante o cal se pretende concienciar acerca dos beneficios destes alimentos para lograr unha produción sustentable e lograr a seguridade alimentaria mundial e a nutrición da poboación.