Versos escollidos polos alumnos de 1º ESO enchen os taboleiros do IES de rechamantes cores para lembranos ao poeta chairego neste mes de maio. Primavera de papel, palabras que agroman e fan rexurdir a voz de Manuel María polos corredores do Xograr, ledicia dunha primavera que anuncia días radiantes, que conmemora non so un Día das Letras Galegas, senon un post-it para todo o 2016.