Dende o ano pasado está en marcha unha sección de adultos do club de lectura do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria “O Xograr Lector”. Desta volta queremos ampliar a nosa oferta literaria para abordar máis temas e chegar a máis lectores.
Este ano plantexamos dúas propostas ben distintas;
-Unha lectura pensada para ser compartida entre país/nais/fillos/profesores, con finalidade reflexiva e sensibilizadora sobre temas educacionais e relacionais (en este caso o acoso escolar). O libro escollido foi Sin vuelta atrás do escritor Jordi Sierra i Fabra.
-Unha serie de obras sobre distintas temáticas co único obxectivo de disfrutar do pracer de lectura:
LECTURAS RECOMENDADAS-Club Lector Adultos IES Xograr
A nosa biblioteca conta con varios exemplares que poden ser levados en préstamo polos interesados en participar nesta actividade.
As actividades da sección de adultos non son presenciais e consisten fundamentalmente na lectura individual do libro seleccionado e no posterior intercambio de impresións sobre esa lectura. Para aportar esas reflexións de cada un dos lectores hai tres vías:
- Facer chegar os comentarios á biblioteca do Xograr (portería, buzón de suxerencias da biblioteca, correo postal, etc)
- Vía online no propio blog da biblioteca (https://biblioxograr.wordpress.com/) facendo un comentario ao final deste artigo. (Deixar un comentario)
- Vía escrita, facéndonos chegar os comentarios ou a proposta de novas lecturas.
Dende a biblioteca do Xograr animámosvos a participar. Non é necesario pertencer á comunidade educativa do noso instituto para ler o libro e aportar reflexións. Tamén recibiremos gustosos as propostas de novas actividades literarias. Grazas anticipadas.
Disfruta da lectura dun dos libros propostos e aporta a túa reflexión. Grazas por participar
