Papel e lapis

Dende a biblioteca do Xograr, a vosa “biblio” non queremos estar alleos a este tempo no que o teletraballo permítenos non perder o contacto coa aprendizaxe e seguir avanzando na nosa formación. Por iso o equipo que forma BiblioXograr considerou achegar aos poucos accións que, unha vez rematados os deberes que tedes que ir facendo de cada unha das vosas respectivas materias, ocupen o voso tempo en cousas consideradas produtivas e interesantes.

Imos empezar pola escritura. É un bo momento para darlle forma a esas ideas que pasan pola túa cabeza e darlle forma de poesía, relato, artigo, ensaio, etc. Ten en conta estes sinxelos consellos de matices que debes evitar a toda costa:

  • Impoñerse a un mesmo o deber de ser xenial
  • Querer demostrar a túa valía e ambición dicindo demasiadas cousas
  • Non caer na conta de que nun relato o que non suma, resta
  • Non terminar de aceptar que eliminar é tan importante que engadir
  • Iniciar un texto sen saber moi ben o que se quere narrar e de que forma
  • Desprezar a importancia dun desenlace que bote luz sobre o narrado e xustifíqueo
  • Esquecer a funcionalidade de cada palabra e cada frase en relación co que desexamos comunicar.
  • Contentarse con contar a historia sen darlle un toque persoal
  • Como ben sabes, poñerse demasiado transcendental non é bo.
  • Considerar que existen fórmulas para facer un bo relato.

Así que, colle papel e lapis ou prende o ordenador e….

Segunda sesión do Clube Lector “O Xograr Lector”

Amena, divertida, productiva, interesante. Arredor de “Long Play”, o singular libro do escritor lucense Lois Pérez, que nos deleitó cos seus poemas cantados e a súa singular guitarra.

Unha serie de fotos  nos permiten lembrar esta enriquecedora segunda reunión.

Biblioteca inclusiva

Ademáis doutras cousas que xa tiñamos e que se adaptan ás directrices de Biblioteca Escolar Inclusiva, quixemos facer algo máis en colaboración directa co Departamento de Orientación. Así, pese a noso espazo limitado, preparamos no interior da bibioteca unha vitrina … Continue reading

Además das cousas que se adaptan ás directrices da Biblioteca Escolar Inclusiva, se trata dunha colaboración directa con Departamento de Orientación. Así, pese a noso espazo limitado, preparamos no interior da biblioteca fondos e materiais diversos para o alumnado con necesidades educativas específicas, alumnado estranxeiro, titores e titoras, etc. Nela, como podedes ver na foto que acompaña este post, hai lecturas adaptadas, libros de intelixencia emocional, material variado para titorías, guías de animación a lectura, material para dinámicas de grupos, etc. O comentamos neste blog e o faremos chegar vía carta personalizada a todos os titores  e profesores de apoio egrupo específico para que fagan uso dil. Grazas polo colaboración.

 

COMPRENSIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA ESTRANXEIRA E….UN POUCO DE COCIÑA

Recta final do curso con actividades variadas, que buscan máis ben o apartado lúdico. Este luns 18 de xuño tocou lectura en lingua francesa….na cociña que hai xunto á cafetería e o almacén. Tratábase de ler e comprender unha sinxela receita da cociña gala e poñerse posteriormente mans…á obra, mellor dito mans…aos fogóns.

Deste xeito os alumnos de 1º de Bacharelato que cursan Francés-2 fixeron os coñecidos Croque-Monsieur, un emparedado con xamón cocido, xamón serrano, nata, ovo e queixo raiado. E ademáis de degustalos eles mesmos invitaron a profesores, persoal non docente do noso instituto e alumnado a que os probaran. Non quedou ni un, co cal podemos entender que estaban bos…ou que se fixeron poucos. Deixamos unha foto dos voluntariosos “cuisiniers et cuisinières”, da bandexa co resultado e, por suposto, da receita.

 

Concurso de Francés

Concurso “Cherche ton français

 

Bases

  • 1) Dirixido a todos os cursos ( dende 1º ESO a 2º de Bac)
  • 2) Prazo de entrega: Do 1 de abril ao 1 de maio ( os traballos entregaranse aos profesores Rosa Mª Porto Paz e Miguel Cumbraos Álvarez)
  • 3) Os traballos presentaranse en un tamaño A4 (papel, cartón, cartolina, outros materiais), en cores ou branco e negro. Admítense presentacións a man, ordenador, collage, etc)
  • 4) Entregarase un premio por curso, é dicir un total de 6 premios se hai alumnos dos seis cursos indicados. En caso de que non houbese o departamento valoraría a posibilidade de dar máis dun por curso. Igualmente o traballo será considerado como traballo voluntario na nota final da materia
  • 5) Realizarase unha exposición con todos os traballos. Igualmente farase unha simbólica entrega de premios e a foto dos gañadores xuntos aos seus traballos saira nos soportes informáticos do centro, en Radio Xograr e na revista Aqui e Agora
  • 6) Cómo facer?
  • Opción a) Fotografiar algo que esté escrito en francés en Sarria, Samos, Triacastela, Lugo, Monforte…Facer un pequeno texto explicativo cos coñecementos de francés que se teñan en función do nivel que se curse.
  • Opción b) Buscar un “document authentique”(publicidade, información sobre un alimento, instrucións dun aparato, dun producto, etc) que veña en francés. Acompañalo dunha pequena explicación co francés que se saiba.

 

Bos números en materia de préstamos….

…consumido máis ou menos a metade do curso escolar 2017-2018, podemos dicir que levamos un total de 668 préstamos, incluíndo libros, cds, dvs, etc. Moi bos números, que agardamos vaian in crescendo como en cursos anteriores. Esforzo lector, cultural, formativo de todos os membros da nosa comunidade escolar. Grazas a todos e todas. A seguir así!!!!

Disponible o libro da segunda sesión do Club Lector 2017-218

Xa tedes exemplares na biblioteca do libro escollido, é dicir ” As meigas de Lupa” de María Solar.

Chegan uns días de vacacións nos que sempre ler é placentero e interesante. Así que, xa sabes

A reunión terá lugar na semana que vai do 9 ao 13 de abril. Se comunicará en breve o día exacto