MÁIS COUSAS NESTE MES DE OUTUBRO

Dunha banda unha mini exposición para lembrar a Patrick Modiano, o novelista francés, que ven ser galardoado co Nobel de Literatura 2014. E tamén a Antonio Hernández, outro escritor laureado, desta volta a nivel estatal, co premio Nacional de Poesía 2014.

Proseguimos coa actividade iniciada o curso pasado en torno a un libro cada mes. Neste curso 2014-2015 imos centrala en disciplinas que non sexan lingüísticas e imos implicar nelas a diversos profes (lembramos que ano pasado foi persoal docente e non docente quen aportou a valoración mensual dun libro que lle gustou en concreto). A carón de portería xa hai un taboleiro de cortiza onde está exposto o comentario sobre un particular libro de filosofía. Desta volta ” 1 mes, outubro, ….1 libro de….filosofía”. ¿Será algo de Platón, de Sócrates, de Nietzsche, de Sartre?

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

NUBES    O vindeiro mércores 12 de novembro, ás 15.30 h, na biblioteca do Xograr, faremos a primeira reunión do club de lectura.

    O libro escollido  nesta ocasión é Nubes de evolución da escritora coruñesa  Andrea Maceiras.

    PARA SABER MÁIS SOBRE O LIBRO, PODES CONSULTAR A PÁXINA DO CLUB DE LECTURA NESTE BLOG

 

VISITAS GUIADAS

 

Visita-1

Como todos os anos, a principios de curso, estanse realizando visitas guiadas á biblioteca do “Xograr” dirixidas ao alumnado recentemente chegado a 1º de ESO,  de Bacharelato e  do Ciclo Formativo.

Os profesores Sonia Cantalapiedra e Miguel Cumbraos, son os encargados de dar a benvida aos novos usuarios, tamén dan a coñecer a oferta da biblioteca e as normas de funcionamento. Ademais nesta visita, os alumnos e alumnas reciben o carné de usuario.

Visitas

ARRINCANDO….

…..un novo curso, o que corresponde ao período 2014-2015. E despois da benvida que vos dimos neste espazo “ on-line” ( punto onde onde se conta toda a vida da nosa biblioteca, todo o que xira arredor dela, informacións tamén do que vai pasando no curso e no noso centro, etc. ) empezamos a contarvos cousas do día a día. Podedes consultar no documento adxunto o horario de atención por parte do profesorado que conforma o equipo, lembrando sempre que préstamos e devolucións fanse no recreo, é dicir de 11h15 a 11h45. Calqueira cousa que queirades consultar, xa sabedes, pasade pola biblio do Xograr e…. En breve iremos subindo máis novidades. Grazas pola vosa paciencia…..e, por suposto, pola vosa colaboración.

 horario

APLAZAMENTO DA PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR

Comunicamos que por diversas circunstancias APLAZOUSE A PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR, prevista inicialmente para o vindeiro mércores 20 de novembro. En breve será comunicada a nova data.

ghazafelloOs que xa listes o libro, pois tan só agardar por esa nova data para a reunión. E os que ainda non, vinde pola biblioteca para coller este libro-audio da primeira sesión titulada

” A CAZA DO GHAZAFELLO”

OS PRIMEIROS LECTORES DIXITAIS

Alejandro Varela Sánchez e Judith Rodríguez Alonso, os dous alumnos de 1º ESO A, son os primeiros lectores dixitais – permitide que o digamos así – que ten a nosa biblio. Trouxeron a pertinente autorización cuberta e asinada e levaron cada un deles un dos cinco e-readers que temos a disposición de todas a comunidade educativa.

NORABOA A LUCÍA POMBO CAPÓN E CARLA LÓPEZ LÓPEZ….

…alumnas do noso IES que foron galardonadas no premio literario Gregorio Fernández. Lucía, de 2º ESO, e Carla, de 2º Bacharelato, xa obtiveran recompensa neste concurso de escritura o pasado ano e voltaron a obtela no 2013. Desta volta triunfaron de novo, nas súas respectivas categorías. Dende a biblioteca do Xograr, espazo que ambas frecuentan moito e ao que recurren con asiduidade, querémoslle felicitar, así como desexarlle a mellor continuidade posible, tanto nos seus estudos como no sempre difícil arte de escribir.                                               NNNN                     

 

Fin de curso…

...moi variado e cultural dende o Xograr. Deste xeito o noso salón de actos acolleu a representación (por partida dobre, primeiro para o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Frei Luis de Granada e despois para o noso alumnado) da lectura teatralizada “Picnic”, aprazada no seu día. Igualmente procedeuse a presentación da revista xograrina “AquÍ e Agora”, que este curso chegou o seu número 12. Tamén para rematares o curso procedeuse a entregar os premios do concurso literario organizado polo departamento de Lingua Galega en colaboración co equipo de Normalización Lingüística.

Lembramos igualmente que diante da porta da biblioteca está xa un expositor con novedades, dirixidas a un público moi variado (ESO, Bacharelato, Adultos, etc) de cara ao tempo do verán.

É tamén desexarvos a todos e todas, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias, bo descanso……e boa lectura.

O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CARTA A SABELA

 

Ben querida Sabela:

 

Como é sabido por todos, vén de xubilarse, o pasado 21 de febreiro, a nosa querida compañeira Sabela. Dende a biblioteca do centro, e en concreto dende o club lector, queremos ofrecerlle un pequeno “agasallo”, non por nada en particular, senón por todo en xeral.

 

 

Sempre que se lle pediu axuda ou participación, alí estivo; eso si, cunha gran modestia e sen facer ruído, a pesares das cousas tan valiosas que nos leva aportado. Sempre animando, participando e colaborando: por iso e por moito máis, grazas Sabela.

 

            Nunha ocasión falaba desa “marabillosa aventura” de coñecer o mundo fantástico (pero non irreal) que nos proporcionan os libros. Ben, pois agora temos a sorte de compartir todo iso contigo máis de perto.

 

Sabemos que durante bastante tempo un dos teus autores preferidos foi Frank Slaughter, noutro momento Bernabé Tierno; pero tamén sabemos, porque así o sentimos, é que calquera dos libros que leamos no noso Club de Lectura, valo ler co mesmo interese e cariño.

 

Grazas de novo, sorte e saúde para disfrutares da lectura e de todo o demáis. Bicos mil.

           

                                                          

Grupo de compañeiras do Club Lector