Fondos Plambe e Club de Lectura Adultos – On Line

Unha vez catalogados correctamente, xa están dispoñibles os novos fondos mercados coas partidas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e do Club de Lectura 2019-2020. Libros, Banda Deseñada, Material Multimedia, etc. que están visibles no exterior da biblioteca. Agradécese, polas circunstancias actuais, non tocar dito material. Iso si, solicitade o seu préstamo na biblioteca nos tempos de lecer.

Lecturas obrigatorias en soporte electrónico

Diversos libros dos postos como obrigatorios no primeiro trimestre están igualmente dispoñibles en soporte electrónico. Estamos a falar de lecturas en lingua galega e castelá. Si estás interesado/a en ler nun libro electrónico consulta esta lista e pasa pola biblioteca no tempo de lecer. Grazas!!!

Lecturas obrigatorias Galego e Castelá- 2020-2021- Soporte Electrónico

Accións formativas co novo alumnado

Como é costume o inicio do curso significa igualmente o reparto dos carnés de biblioteca entre os/as novos/as estudantes do noso centro escolar. Xunto a dito reparto fanse as visitas formativas para que o alumnado que ven de chegar ao Xograr poida coñecer este singular espazo. Desta volta as obrigas COVID19 fíxonos descartar ditas sesións da propia biblioteca, trasladándoas a cada unha das aulas de 1º ESO e 1º Bacharelato, apoiándonos en fotos para amosar todo o que había que contar. Agradecer dende este blog á colaboración de todos os titores e titoras dos cursos citados, así como dos docentes Lois, Sol e Miguel, que repartiron a realización de ditas accións formativas nas horas existentes.

Lecturas obrigatorias

Aquí tedes o listado de lecturas obrigatorias de Lingua Castelá e Lingua Galega. Como sabedes están colocadas no emprazamento que vedes na fotografía. Ditos libros so teñen unha semana de préstamo, salvo que no momento de devolvelos houbera exemplares de máis. Grazas pola colaboración para así poder facilitar a súa lectura.

Lecturas obrigatorias- Castela-20-21-1º trimestre

Lecturas obrigatorias Galego-20-21-1º trimestre