Animadevos a ler algún dos títulos que tedes na estantería xunto á sa de profesores e a facer un pequeno comentario neste blog
Grazas!!!
Animadevos a ler algún dos títulos que tedes na estantería xunto á sa de profesores e a facer un pequeno comentario neste blog
Grazas!!!
..que pivotaba arredor dos parques nacionais . Había que responder a unha serie de preguntas sobre os máis fermosos parques existentes no territorio español. Os gañadores foron Tomás Cumbraos Díaz (3º ESO) e Patricia Rodríguez Díaz, Ana Cristina López Capellán, Yasmina Vázquez López, Nuria Rivero Núñez e Xoel Santos González ( 4º ESO).
Terán como premio unha viaxe du día ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.
NORABOA AOS SEIS PREMIADOS
52 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez, correspondentes a 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade con obxectivo lingüístico no Camiño Francés a Compostela, ao seu paso por Sarria, proposta polo departamento de Francés, e que desenvolveuse o pasado luns 7 de maio.
A primeira parte da actividade consistía en reunirse con persoas que viven e traballan en Sarria, que por razóns de variada índole – familiar, traballo, estudos, emigración, inmigración, sociais, culturais, formativas, etc. – aprenderon a lingua francesa nun momento determinado e a empregan nas súas ocupacións laborais de diario. Tomar algo con iles ao tempo que falaban nesta lingua estranxeira que os estudantes xograrino cursan no citado centro escolar, era a filosofía deste exercicio oral. Para ilo contouse coa colaboración de Hotel Alfonso IX, Albergue Monasterio La Magdalena, Supermercado O Chanto Covirán, J.Delbeau Productos Innovadores, Antiguos propietarios de Bar Camino Francés, Bar Cervecería 8 milímetros, Café Bar A Travesía dos Soños, Bar D’Orixe e Bar Tapas, que axudaron amable e gratuitamente nesta tarefa con finalidade pedagóxica e lingüística.
A segunda parte desta actividade lingüística consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da ruta xacobea ó seu paso por Sarria, dende a entrada do camiño polo lugar de Vigo de Sarria ata as proximidades de Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polas persoas que fan este itinerario, como son as estacións de bus e tren, as tendas de alimentacións, os supermercados, os albergues, o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo que se pretendía era charlar con eles en francés, saber cousas dos aspectos da súa viaxe, das vivencias no camiño, aspectos que os estudantes podían recoller en papel e lápis ou ben usando ás novas tecnoloxías, dígase cámaras dixitais de imaxe ou vídeo, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, tabletas, etc.
Unha serie de preguntas baseadas en `diversas informacións sobre Sarria, así como un posterior traballo en casa, sobre o vocabulario da vestimenta do peregrino e das partes dunha catedral da época medieval, compuxeron a terceira parte desta actividade realizada nunhas datas do ano onde Sarria póblase de peregrinos que camiñan a Santiago, sendo bo parte deles de nacionalidades foráneas. Un día moi interesante para poñer en práctica os coñecementos en lingua francesa aprendidos por rapaces e rapazas nas aulas do IES Xograr, que foi acompañado dun magnífico e necesario sol.
..que será a mediados de maio e na que, cecais, podería haber algunha sorpresa.
Xa tedes na biblioteca exemplares da novela da escritora viguesa Ledicia Costas ” Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”. Non esquezades coller o libro e participar na terceira sesión.
En breve confirmaremos a data e hora exacta
Grazas por participar
Perto dunha veintena de persoas, entre alumnos, profesores e pais-nais, reuníronse na biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria para participar na segunda sesión do Club de Lectura “O Xograr Lector” no presente curso académico 2017-2018.
Desta volta traballouse coa novela da xornalista e escritora santiaguesa María Solar, “ As meigas de Lupa”. Un libro sinxelo e moi atractivo, que foi do gusto de todos os presentes e que recolle historias moi vencelladas coa cultura tradicional galega. Para facer máis levadeira a sesión, os participantes degustaron unha sabrosa larpeira.
A terceira reunión do Club Lector do IES Xograr xa ten libro. Trátase da novela da viguesa Ledicia Costas “ Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”, texto sobre o que se traballará a mediados do mes de maio, non descartando a presenza da autora no centro educativo sarriao.
…aproveitando que teñen unha materia convalidada e están na biblioteca nas horas longas do luns e xoves. Son Patricia Rodríguez Díaz e Xoel Santos González de 4º ESO. Botan unha importante man en temas moi diversos de funcionamento e organización. Grazas por esa colaboración desinteresada e a seguir con moitos ánimos no que resta de curso académico.
O pasado venres 20 de abril, o Xograr celebrou o V Festival do Día do Libro. Un espectáculo colectivo no que os alumnos actualizaron diferentes interpretacións sobre a importancia que o libro segue a ter na nosa cultura e na nosa educación. A súa función crítica, creativa, cultural e divertida foi reivindicada desde diferentes propostas estéticas: teatrais, poéticas, musicais e visuais. Mentres preparamos un resumo desta nova edición, deixámosvos o audiovisual realizado pola alumna Laura López Pereiro que un ano máis volve sorprendernos coa profundidade e a actualidade da súa reflexión sobre o machismo imperante no mundo editorial e, polo tanto na historia dos libros que é o mesmo que dicir na historia da humanidade; unha historia que debemos reescribir e que, sen dúbida será un dos retos máis apaixoantes que estas novas promocións encararán no futuro. Un futuro que, sen dúbida algunha, será prometedor.
..arredor do libro “As meigas de Lupa”. Agardámovos, non faltedes á cita. Un libro sinxelo e interesante
Cita ás 15h30 na biblioteca
…onde se reunen os coordinadores das Bibliotecas escolares que están no Plan de Mellora.
Estivemos en Santiago e un video da nosa biblio foi proxectado durante todo o día nuns marcadores preparados a tal efecto.
Aquí tedes o video
..desta volta a opinión da nosa auxiliar administrativa Angeles Goyanes Silva, que nos recomenda “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes”.
Que guste